Conversa usuario:Wikitom

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benvido á Galipedia Wikitom, apreciamos moito a chegada de novos colaboradores na wikipedia galega. Permítenos avanzar no obxectivo de conseguir unha enciclopedia mellor e de máis calidade. Movín a caixa que fixeches cos lugares da parroquia de Tomiño en Tomiño a un modelo, porque dese xeito se pode introducir en varias páxinas sen ter que escríbilo outra vez. A chamada ao modelo faise escribindo {{lp Tomiño}}, o que cambia dun modelo a outro é o que se escribe entre as chaves. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia galega en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nós necesites aí nos tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:44, 20 maio 2005 (UTC)

  • Fixeches ben, sexa nunha páxina normal ou nun modelo había que facelo do xeito que fixeches. Os modelos serven para introducir o mesmo en varias páxinas á vez. Teñen a vantaxe de que se un fai un cambio no modelo reflíctese en todas as páxinas que está inserido. Os nomes que usamos para os modelos dos lugares de cada parroquia comezan por: lp seguido do nome da parroquia, no caso de Tomiño (Santa María) sería Tomiño, polo tanto o nome final é lp Tomiño. Outra cousa as páxinas de modelos comezan por Template:, en consecuencia o modelo está na páxina Template:lp Tomiño. Pero tí non te preocupes podes facelo como fixeches este e logo xa o moverei eu de sitio. E todo no que podas axudar será moi valioso para todos. Unha cousa máis nas páxinas de discusión asínase (nos artigos non), podes facelo co segundo botón pola dereita da caixa de edición que insire catro signos ~~~~. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:08, 20 maio 2005 (UTC)
  • Un dato máis, os nomes dos lugares fórmanse así: lugar, parroquia, concello ; o das parroquias: parroquia, concello. Exemplos con Tomiño: Tomiño, Tomiño e Barrantes, Tomiño. Polo tanto, un lugar da parroquia de Tomiño en Tomiño será: O Barro, Tomiño, Tomiño e un da parroquia de Barrantes en Tomiño: A Cerca, Barrantes, Tomiño,o segundo termo despois do nome do lugar cambia en función da parroquia. Dese xeito podemos identificar sen lugar a dúbida de que sitio se trata, posto que en distintos concellos e parroquias repítense -en ocasións- os mesmos nomes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:42, 20 maio 2005 (UTC)
  • Nos lugares de Tomiño atopei algunhas diferencias entre a nosa fonte http://www.xunta.es/nomenclator/index.htm e a que tí utilizaches. Podíames indicar a túa fonte para verificarla?. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:28, 20 maio 2005 (UTC)
  • Sí hai pequenas diferencias, sobre todo falta de artigos e nalgunha parroquia na páxina do concello omite algún lugar. Correxinas todas cos nomes oficiais do nomenclátor da Xunta. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:45, 20 maio 2005 (UTC)
  • É o nome en galego, de todos os xeitos cando se faga o artigo dese lugar pódese indicar no contido do artigo. O que me parece é que hai un lugar ao que o nomenclátor chama Muños, que a páxina do concello chama Molinos que posiblemente sexa Muíños. Saúdos. --Prevert(talk) 18:55, 20 maio 2005 (UTC)
  • Non pasa nada, todos nos equivocamos algunha vez. Parabéns polo traballo que estás facendo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:11, 11 outubro 2005 (UTC)
  • Saudos, Wikitom, acabo de subir unha aportación sobre a Historia da Estatística, se tes algun momento de lecer te pediría que lle botaras unha ollada, sei que está "mal" formatada no sentido de que está todo o texto moi seguido, pero teño que conseguir alunha imaxe para intercalar no texto e tamén facelo máis atractivo,, pero como acabo de entrar en Wikilandia hai uns días nen sei como se tabula, nen práctiamente nada de nada excecpto darlle ao botón de crear unha ligazón interna, e a firma e pouco máis,,,,

Puxen o da Historia máis que nada para podermos fundamentar o posterior desenvolvemento dos diferentes "Tipos" de estatística, ainda que a palabra tipo non me resulta moi axeitada ao caso. Ti que opinas? poderíamos usar outra? Ao mellor é cousa miña,,,, Por certo non se che pode enviar un mail?

'''Unha aperta''' User:Vnovegil --213.60.234.6 11:50, 14 outubro 2005 (UTC)

  • Moitas grazas pola proposta con respecto á categoría Estatística. Vou esperar uns días a Vnovegil por se quere incluir algunha cousa e despois vouna pasar a Wikipedia talk:Wikiproxecto Categorías/Estatística (a non ser que ti prefiras que a pase xa). En principio vexo un pequeno problema con Estatística e probabilidade e Estatística que están ao mesmo nivel, será cuestión de debatilo nesa páxina. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:25, 15 outubro 2005 (UTC)

Categoría Estatística[editar a fonte]

Artigo baleiros[editar a fonte]

Este comentario é sobre os artigos referidos aos anos, se só conteñen o modelo de páxina deben ser borrado de acordo coas regras de Wikipedia:Eliminación rápida. Se me indicas en que anos vas introducir algúns datos deixoos sen borrar. Con respecto a categoría estatística penso que a solución é Deseño de experimentos estatísticos. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:37, 26 outubro 2005 (UTC)

  • Entendo o teu argumento, pero ter artigos só co modelo é falsear o contido real desta wikipedia. Pode que outras wikipedias o teñan así pero non parece unha boa solución, hai outras alternativas para facilitarlle aos novos que introduzan entradas nos artigos. En todo caso a política aprobada sobre ese asunto establece cos artigos baleiros deben borrarse, e mentres non se cambie temos que aternos a ela. Por outra parte como lle comentei a Joao Xavier todos queremos chegar a 10.000 pero é mellor que consigamos que os artigos que temos melloren en calidade e contido que acelerar a chegada a ese número. O obxectivo real -na miña opinión- é conseguir que a Galipedia teña un nivel de calidade que faga que sexa unha referencia a ter en conta. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 08:14, 27 outubro 2005 (UTC)
  • Eu tamén son partidario de non crear por crear. Cando fixen varios anos arredor do ano 0 e do ano 1000 observei que moitas wikipedias (como en español, portugués e italiano, por exemplo) tiñan creado o ano pero nada máis. Pareceu-me moi feo: asi calqueira chega aos 10.000 e aos 100.000. E a min deu-me unha impresión malísima sobre esas enciclopedias. É preferíbel tardar un pouco máis pero facer ben as cousas. Xosé (✉) 09:44, 27 outubro 2005 (UTC)
  • Sería preferible porque o artigo queda moi escaso, pero cunha entrada o artigo xa non se considera como baleiro. En caso de non por máis contido nos próximos días pasareinos ás peticións para mellorar. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:58, 27 outubro 2005 (UTC)
  • Bo traballo Wikitom, vexo que reorientaches a forza do anel ;-) Agora en serio, parabéns. Así si que imos chegar aos 10.000 axiña. Po certo moi bo todo o que fixeches relacionado coa estatística e a probabilidade. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:23, 28 outubro 2005 (UTC)

Historia de ano en ano[editar a fonte]

  • Noraboa polo traballo que estas a desenvolver co tema dos anos e, sobor de todo co template de movención da parte superior. Hai unha cousa que (segundo o meu ver) deberamos evitar na medida das posibilidades. A estructura dos anos que estas creando e moi semellante a wiki.es cando o menos que de debería de facer é innovar unha un pouco diferente (xa que as veces notase que nas paxinas de dicusión da wiki.es expresan indirectamente de que os estamos a copiar); que iste comentario non te amole para nada, xa, como dixen nun principio, é o meu ver, porque tamén descoñezo se vas a engadir datos nos campos que estas a crear. Quizáis xa viches que eu, pola miña parte, e para evitar tales rumores, estiven a desenvolve-lo plan "B" xa de por sí, moi laborioso e de cuia información sor estar en poucas mans, pero coa sá premisa de que o traballo desta xente parezca mais unha copia do noso que o revés; podelo ollar a súa similitude entre o feito na nosa wiki (exemplo: ano 1805) en as wiki's homólogas. Polo demáis ti sigue a teu ritmo e fai coma boamente poidas, se tes dubidas, non dubides e consultar. Un saúdo. --Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 23:22, 22 novembro 2005 (UTC)
  • Grazas polo traductor, nunca está de máis ter algunha cousa de reserva, deixoche unha paxina doutro traductor que tamén te pode sacar de apuros, e pasa o mesmo que todolos traductores; haberá que leer e corrixir onde faia falta. Ista é a [dirección]; por outras e se queres darlle tralla o traductor que me pasaches podes copiar efemerides da páxina que che [envio], que a mesma páxina di que se poden copiar. Eu irei máis tarde dándolle unhas basoiradas para quitarlle o pó actualizando e amplando as efemerides (podes velo resultado no 2 de xaneiro); Por certo, quizáis algunhas non vaian pero se eres un pouco sutil, e trampeas algo a dirección podes acceder sen nengún problema (se a pesardes delo nos das, ponte en contacto conmigo para eu solventa-lo problema. Saudós e que o difrutes.--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 00:16, 23 novembro 2005 (UTC)

Ola Wikitom, vexo que subiches varias imaxes (Image:Función raíz 1.png) que, aínda que lle acaen moi ben ós artigos que creaches, poderían ser borradas -esperemos que non se chegue a iso- por non presentar os datos suficientes (para engadir eses datos debes editar as imaxe en cuestión).

Os datos mínimos que unha imaxe ten que ter para que sexa respectada son a licenza ou copyright e a orixe ou source. En Wikipedia:Política de uso de imaxes explícaseche o que tes que facer á hora de subir unha imaxe.

As imaxes ás que me refiro foron subidas polo que dis da wikipedia española (es-wiki). Cando así sexa, mira de poñer unha ligazón á páxina en que a recolliches e así xa terás cuberto o apartado da orixe. O certo é que eu (quizais por torpeza) non a encontro en es-wiki. Se a encontrase colocaríalle eu a licenza que alí ten e a orixe.

Se engades os datos, borra a etiqueta {{SenLicenza}} que eu lle coloquei ás túas imaxes, pois xa non sería precisa, e non te preocupes por poder cometer algún pequeno erro, están sendo bastante máis importantes as túas aportacións cós inconvenientes -que son solucionables- que poidan traer consigo.

Como vexo que o teu son as matemáticas, quizais che interese darlle unha ollada a Commons:Category:Mathematics. As imaxes que están en Commons podes tratalas á hora de incorporar ós artigos coma se fosen subidas á Galipedia.

Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 21:24, 14 xuño 2006 (UTC)

  • Acabo de localizar a páxina de orixe desa imaxe. Eu mesmo lle engado os datos para que che sirva de exemplo. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 21:25, 14 xuño 2006 (UTC)
  • Estaba intentando encher os datos da imaxe e resulta que non podo, en es-wiki faltan. Deixei algúns en branco. Polos problemas que estas imaxes incompletas en es-wiki crean na Galipedia, estou facendo unha consulta sobre as mesmas na taberna.Os problemas que crean non se deben, de ningunha maneira á túa actuación. Conta comigo para o que desexes. --Lmbuga Commons - Galipedia 21:40, 14 xuño 2006 (UTC)

Ola Wikitom, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para difundir o que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia que queira aportar pode incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi váliosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:23, 15 setembro 2006 (UTC)

20.000 artigos[editar a fonte]

Ola Wikitom. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.

Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:50, 6 decembro 2006 (UTC)

Cuestionario onomástica[editar a fonte]

Ola, Wikitom! Déixoche aquí esta mensaxe porque non tes activada a opción de mandarche un correo electrónico.

Sei que hai tempo que non editas na Galipedia, pero quería pedirche un favor:

Como quizais xa sabes, estou a cursar o Grao de Lingua e Literatura Galegas na USC. Este ano teño unha materia chamada Onomástica, e vou facer un traballo de investigación sobre os nomes de usuario das persoas que editan na Wikipedia en lingua galega. Consultei bibliografía sobre nicks e alcumes en chats e redes sociais, e de momento non hai moito material escrito. De feito, creo que este traballo será pioneiro na materia en lingua galega. O primeiro paso é elaborar un cuestionario que estou a enviar aos usuarios con máis edicións (activos e inactivos) co obxectivo de entender as motivacións á hora de escoller un nome.

Agradecería moito a túa colaboración; podes responder ao formulario aquí.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de outubro de 2013 ás 12:45 (UTC)[responder]