A evolución como feito e teoría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Moitos científicos e filósofos da ciencia describiron a evolución como feito e teoría, unha frase que foi utilizada como título dun artigo escrito polo paleontólogo Stephen Jay Gould en 1981. Gould describiu o feito en ciencia dándolle o significado de datos, dos que aínda que non hai unha absoluta certeza, están "confirmados a un grao tan alto que sería perverso evitar concordar con eles provisionalmente" (ver orixinal:[1]). Unha teoría científica é unha explicación ben confirmada deses feitos. Os feitos da evolución proceden das evidencias observacionais de procesos actuais, das imperfeccións (variacións) dos organismos nos que quedou rexistrada a ascendencia común histórica, e das transicións no rexistro fósil. As teorías da evolución proporcionan unha explicación provisional a eses feitos.[2]

As palabras "evolución," "feito" e "teoría" teñen varios significados que se usan en diferentes contextos. Evolución significa cambio ao longo do tempo, como cando se fala de evolución estelar (os cambios que sofren as estrelas nas súas características desde que se orixinan ata que se apagan). En bioloxía, evolución refírese aos cambios observados nos organismos, á súa descendencia a partir dun antepasado común, e, nun nivel máis técnico, aos cambios nas súas frecuencias xénicas ao longo do tempo, pero pode tamén referirse a teorías explicativas (como a teoría da selección natural de Charles Darwin), que explican os mecanismos da evolución. Para un científico, feito pode significar unha observación repetible coa que todos poden estar de acordo; pode referirse tamén a algo que está tan ben establecido co que ninguén na comunidade está en desacordo; e pode significar igualmente a verdade ou falsidade dunha proposición. Para o público, teoría pode significar ás veces unha opinión ou conxectura (por exemplo, cando se di "isto é só unha teoría"), pero entre os científicos ten unha connotación moito máis forte, a de "explicación ben confirmada". Ao haber no seu significado esta variedade de posibilidades, é frecuente que a xente fale pasando dunha a outra, e os significados usados convértense no suxeito dunha análise lingüística.

As probas da evolución seguen acumulándose e sendo sometidas a comprobación. A literatura científica contén declaracións de biólogos evolutivos e filósofos da ciencia que demostran algunhas das diferentes perspectivas sobre a evolución considerada como feito e como teoría.

Evolución, feito e teoría[editar | editar a fonte]

A evolución foi descrita como "feito e teoría", "feito, non teoría", "só unha teoría, non un feito"; "múltiples teorías, non feitos"; e "nin feito nin teoría."[3] Porén, os desacordos entre estas afirmacións teñen máis que ver co significado das palabras que cos fundamentos substanciais, e esta controversia é a que se discute máis abaixo.

Evolución[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Evolución.

O profesor de bioloxía Jerry Coyne resume sucintamente o que é a evolución biolóxica así:

A vida na Terra evolucionou gradualmente empezando cunha primitiva especie (quizais unha molécula autorreplicante) que viviu hai máis de 3.500 millóns de anos; esta despois diversificouse co tempo, orixinando moitas e novas especies diversas; e o mecanismo para a maioría do cambio evolutivo (pero non todo) é a selección natural. Life on earth evolved gradually beginning with one primitive species—perhaps a self-replicating molecule—that lived more than 3.5 billion years ago; it then branched out over time, throwing off many new and diverse species; and the mechanism for most (but not all) of evolutionary change is natural selection. [4]

Este exemplo de definición indica a natureza e alcance do asunto, no que están implicados os campos científicos da zooloxía, botánica, xenética, xeoloxía, e paleontoloxía, entre moitos outros.

Pero o miolo esencial da evolución defínese xeralmente como os cambios nas frecuencias xénicas e trazos nunha poboación de organismos dunha xeración á seguinte.[5] Isto denominouse a definición xenética estándar de evolución. A selección natural é só un dos varios mecanismos na teoría do cambio evolutivo que explica como os organismos se adaptan historicamente ao seu ambiente cambiante. Os principios da herdanza que primeiramente descubrira Gregor Mendel no século XIX nos trazos simples dos chícharos, pero que pasaran bastante desapercibidos daquela, foron redescubertos en 1900, despois da morte de Darwin.[6] Os seguintes traballos sobre xenética, mutacións, paleontoloxía, e bioloxía do desenvolvemento ampliaron a aplicabilidade e alcance da teoría orixinal de Darwin.

Segundo Douglas J. Futuyma:

A evolución biolóxica pode ser lixeira ou substancial; abrangue todo desde lixeiros cambios na proporción dos diferentes alelos dunha poboación (como os que determinan os tipos sanguíneos) ás alteracións sucesivas que levan desde os primeiros proto-organismos a caracois, abellas, xirafas e mexacáns. Biological evolution may be slight or substantial; it embraces everything from slight changes in the proportion of different alleles within a population (such as those determining blood types) to the successive alterations that led from the earliest proto-organism to snails, bees, giraffes, and dandelions. [7]

A palabra evolución nun amplo senso refírese a procesos de cambio, desde a evolución estelar xa mencionada antes a cambios na linguaxe. En bioloxía, o significado é máis específico: cambios herdables que se acumulan ao longo das xeracións dunha poboación. Os organismos individuais non evolucionan no decurso das súas vidas, pero as variacións nos xenes que herdan poden facerse máis ou menos comúns na poboación de organismos. Todo cambio na vida dun organismo que non sexa herdado polos seus descendentes non forma parte da súa evolución biolóxica.[8]

Para Keith Stewart Thomson, a palabra evolución ten polo menos tres significados distintos:[9]

  1. O senso xeral de cambio co paso do tempo.
  2. Todas as formas de vida descenderon por medio de modificacións dos seus antepasados nun proceso de descendencia común.
  3. A causa ou mecanismos deste proceso de cambio, que son examinados e explicados polas teorías evolutivas.

Thomson salienta que: "O cambio co paso do tempo é un feito, e a descendencia de antepasados comúns está basedada nunha lóxica tan irrefutable que actuamos coma se fose un feito. A selección natural proporciona o perfil dunha teoría explicativa." (Ver orixinal:[10]).[9]

Os biólogos consideran un feito científico que a evolución ocorreu de maneira que os organismos modernos difiren das formas do pasado, e a evolución aínda está ocorrendo orixinando diferenzas discernibles entre os organismos e os seus descendentes. Hai tal apoio cuantitativo sólido para esta segunda afirmación que os científicos consideran que a descendencia dun antepasado común é tan factual como que no Sistema Solar a Terra xira arredor do Sol, aínda que o exame dos fundamentos deste proceso aínda está en desenvolvemento. Hai varias teorías sobre os mecanismos da evolución, e hai aínda debates activos sobre mecanismos específicos implicados.[11]

Hai un cuarto significado da palabra evolución que xa non usan os biólogos hoxe. En 1857, o filósofo Herbert Spencer definiuna como "o cambio do homoxéneo ao heteroxéneo". Afirmaba (antes de Darwin) que isto estaba "establecido sen discusión" para a evolución orgánica e aplicábao á evolución dos sistemas estelares, á xeoloxía e á sociedade humana.[12] Porén, mesmo o propio Spencer en 1865 admitiu que esta definición era imperfecta,[13] pero seguiu sendo popular ao longo do século XIX antes de que empezase a declinar coas críticas que lle fixeron William James e outros.[14][15]

Feito[editar | editar a fonte]

O termo feito é frecuentemente usado polos científicos para referirse a datos empíricos ou experimentais ou observacións verificables obxectivas.[16][17] "Feito" úsase tamén nun senso amplo para referirse a calquera teoría sobre a que hai unhas probas esmagadoras.[18]

Un feito é unha hipótese que está tan firmemente apoiada polas evidencias que asumimos que é certa, e actuamos como se fose certa. A fact is a hypothesis that is so firmly supported by evidence that we assume it is true, and act as if it were true. —Douglas J. Futuyma [7]

A evolución é un feito no sentido de que está esmagadoramente validada polas evidencias. Dise frecuentemente que é un feito do mesmo modo que o é que a Terra xira arredor do Sol.[7][19] A seguinte cita do artigo de Hermann Joseph Muller "One Hundred Years Without Darwinism Are Enough" (Cen anos sen darwinismo son dabondo), explica este punto:

Non hai unha liña de separación nítida entre especulación, hipótese, teoría, principio e feito, senón só unha diferenza gradual no grao de probabilidade da idea. Cando dicimos que unha cousa é un feito só queremos dicir que a súa probabilidade é extremadamente alta: tan alta que non nos molestamos en dubidar dela e estamos dispostos a actuar en consecuencia. Agora, neste uso do termo feito, o único apropiado, a evolución é un feito. There is no sharp line between speculation, hypothesis, theory, principle, and fact, but only a difference along a sliding scale, in the degree of probability of the idea. When we say a thing is a fact, then, we only mean that its probability is an extremely high one: so high that we are not bothered by doubt about it and are ready to act accordingly. Now in this use of the term fact, the only proper one, evolution is a fact.[20]

A National Academy of Sciences de Estados Unidos fai unha afirmación similar:

Os científicos a miúdo usan a palabra "feito" para describir unha observación. Pero os científicos poden tamén usar feito para indicar que foi comprobado ou observado tantas veces que xa non hai unha razón poderosa para seguir comprobándoa ou seguir procurando exemplos. A evolución neste senso é un feito. Os científicos xa non cuestionan se a descendencia con modificación ocorreu porque as evidencias que apoian a idea son tan fortes. Scientists most often use the word "fact" to describe an observation. But scientists can also use fact to mean something that has been tested or observed so many times that there is no longer a compelling reason to keep testing or looking for examples. The occurrence of evolution in this sense is a fact. Scientists no longer question whether descent with modification occurred because the evidence supporting the idea is so strong.[21]

Stephen Jay Gould tamén indicou que "Darwin continuamente salientaba a diferenza entre os seus dous grandes e separados logros: establecer o feito da evolución, e propoñer unha teoría (a selección natural) para explicar o mecanismo da evolución." (Ver orixinal:[22]).[23] Estes dous aspectos confúndense habitualmente. Os científicos continúan discutindo sobre explicacións concretas ou mecanismos que actúan en exemplos específicos de evolución, pero o feito de que ocorreu a evolución, e de que segue a ocorrer, non se discute.

Unha idea equivocada común é pensar que a evolución non pode ser observada fiablemente porque ocorreu hai millóns de anos e a ciencia, por tanto, non depende de feitos (no senso inicial de máis arriba). Porén, tanto Darwin coma Alfred Russel Wallace, os cofundadores da teoría, e todos os seguintes biólogos dependen nos seus traballos principalmente da observación de organismos vivos; Darwin concentrouse en gran medida na crianza de animais domesticados, mentres que Wallace partiu da distribución bioxeográfica das especies no río Amazonas e no arquipélago Malaio. A inicios do século XX, a xenética de poboacións tivo un gran protagonismo, e máis recentemente os estudos do ADN convertéronse no principal foco de observación e experimentación.

Os filósofos da ciencia argumentan que en realidade non coñecemos verdades empíricas independentes da mente con absoluta certeza: mesmo as observacións directas poden estar influídas polas teorías e dependen de asuncións sobre os nosos sentidos e os instrumentos de medida usados. Neste senso todos os feitos son provisionais.[11][24]

Teoría[editar | editar a fonte]

A definición científica da palabra "teoría" é diferente da definición da palabra no uso coloquial. Na lingua coloquial "teoría" pode referirse a unha suposición, unha conxectura simple, unha opinión, ou unha especulación que non ten que estar baseada en feitos e non necesita estar estruturada para facer predicións comprobables.

Porén, en ciencia, o significado de teoría é máis rigoroso. Unha teoría científica é unha "explicación ben fundamentada dalgún aspecto do mundo natural que pode incorporar feitos, leis, inferencias, e hipóteses comprobadas."[25] As teorías fórmanse a partir de hipóteses que foron suxeitas repetidamente a comprobocións nas que se trata de ver se son falsas. No caso da evolución por medio de selección natural, Darwin concibiu a hipótese arredor do ano 1839, e fixo un primeiro esbozo do concepto tres anos despois en 1842. Discutiu isto amplamente con moitos dos seus compañeiros intelectuais, e realizou investigacións adicionais no marco dos seus demais escritos e traballos. Despois de anos de desenvolvemento, publicou finalmente as súas probas e a teoría no libro On the Origin of Species (A orixe das especies) en 1859.[26]

A "teoría da evolución" é actualmente unha rede de teorías que creou o programa de investigación de bioloxía. Darwin, por exemplo, propuxo cinco teorías separadas na súa formulación orixinal, que incluían explicacións dos mecanismos do:

  1. Cambio nas poboacións ao longo das xeracións.
  2. Cambio gradual.
  3. Especiación.
  4. Selección natural.
  5. Descendencia común[27]

Desde os tempos de Darwin, a evolución converteuse nun corpo ben fundamentado de afirmacións interconectadas que explican numerosas observacións empíricas do mundo natural. As teorías evolutivas seguen xerando predicións comprobables e explicacións sobre os organismos vivos e fósiles.[28][29]

A teoría filoxenética é un exemplo de teoría evolutiva. Está baseada na premisa evolucionista da descendencia a partir dun antepasado de xenes, poboacións, ou especies. Os individuos que evolucionan están ligados por lazos históricos e xenealóxicos. As árbores evolutivas son hipóteses que se infiren da práctica da teoría filoxenética. Representan as relacións entre os individuos que poden especiarse e diverxir uns dos outros. O proceso evolutivo de especiación crea grupos que están ligados por un antepasado común e todos os seus descendentes. As especies herdan trazos, que despois pasan aos seus descendentes. Os biólogos evolutivos usan os métodos da sistemática e comproban as teorías filoxenéticas para observar e explicar os cambios nas especies e entre especies ao longo do tempo. Estes métodos inclúen a recompilación, medidas, observacións, e mapeado de trazos nas árbores evolutivas. A teoría filoxenética utilízase para comprobar a distribución independente de trazos e as súas varias formas para proporcionar explicacións dos patróns observados en relación á súa historia evolutiva e bioloxía.[30][31] A teoría neutralista da evolución molecular utilízase para estudar a evolución como un modelo nulo con respecto ao cal se poden realizar comprobacións da selección natural.

A evolución como teoría e feito na literatura científica[editar | editar a fonte]

As seguintes seccións proporcionan referencias citables específicas de biólogos evolutivos e filósofos da ciencia nas que se mostran algunhas das diferentes perspectivas coas que se aborda a evolución como feito e/ou teoría.

A evolución como feito[editar | editar a fonte]

  • O zoólogo e paleontólogo norteamericano George Gaylord Simpson afirmou que "Darwin... finalmente e definitivamente estableceu a evolución como un feito". (Ver orixinal:[32]).[33]
  • Hermann Joseph Muller escribiu: "As evidencias da evolución fixéronse tan enormes, ramificadas e consistentes que se alguén puidese agora probar que non é certa, eu vería a miña concepción da orde do universo tan abaneada que me faría dubidar mesmo da miña propia existencia. Se vostede quere, entón, garantireille que nun senso absoluto a evolución non é un feito, ou máis ben, que non é un feito en maior medida de que vostede está oíndo ou lendo estas palabras." (Ver orixinal:[34]).[20]
  • Kenneth R. Miller escribiu: "a evolución é un feito tanto como calquera cousa que sabemos en ciencia" (Ver orixinal:[35]).[36]
  • Ernst Mayr sinalou: "A teoría básica da evolución foi confirmada tan completamente que a maioría dos biólogos modernos consideran a evolución simplemente como un feito. De que outro modo se non é coa palabra evolución podemos designar a secuencia de faunas e floras en estratos xeolóxicos datados con precisión? E o cambio evolutivo é tamén simplemente un feito debido aos cambios no contido das pozas xénicas de xeración en xeración." (Ver orixinal:[37]). [38]

A evolución como feito e teoría[editar | editar a fonte]

O termo "feito" úsase comunmente para referirse aos cambios observables nos trazos dos organismos co paso das xeracións, mentres que a palabra "teoría" resérvase para os mecanismos que causan estes cambios:

  • En escritos de 1930, o biólogo Julian Huxley titulou o terceiro libro da ambiciosa serie The Science of Life (A ciencia da vida), que trataba do rexistro fósil e as evidencias de estruturas de plantas e animais, The Incontrovertible Fact of Evolution (O feito incontrovertible da evolución). Tamén dixo que "A Selección Natural... non é unha teoría senón un feito. Pero... é suficiente para explicar o espectáculo completo da Evolución?"... Aquí entramos en materia especulativa, en teorías". (Ver orixinal:[39]). Pero conclúe que "as posicións xerais do darwinismo reemerxen dun escrutinio do tipo máis esixente esencialmente inmodificadas". (Ver orixinal:[40]).[41] En 1932, unha porción dos libros foi volta a publicar co título Evolution, Fact and Theory (Evolución, feito e teoría).
  • Stephen Jay Gould escribiu: "...a evolución é unha teoría. Tamén é un feito. E feitos e teorías son cousas diferentes, non banzos nunha xerarquía de certeza crecente. Os feitos son os datos do mundo. As teorías son estruturas de ideas que explican e interpretan os feitos. Os feitos non desaparecen cando os científicos debaten teorías rivais para explicalos. A teoría de Einstein da gravitación substituíu a de Newton, pero as mazás non quedaron suspendidas no medio do aire esperando polo resultado. E os humanos descendemos de antepasados similares a simios tanto se o fixemos polo mecanismo proposto por Darwin coma por algún outro aínda por descubrir." (Ver orixinal:[42]).[43]
  • De xeito similar, o biólogo Richard Lenski dixo: "O coñecemento científico require tanto feitos coma teorías que poidan explicar eses feitos de maneira coherente. A evolución nese contexto é tanto un feito coma unha teoría. É un feito incontrovertible que os organismos cambiaron, ou evolucionaron, durante a historia da vida na Terra. E os biólogos identificaron e investigaron os mecanismos que poden explicar os principais patróns do cambio". (Ver orixinal:[44]).[45]
  • O biólogo T. Ryan Gregory sinalou: "os biólogos raramente fan referencia á 'teoría da evolución', referíndose no seu lugar simplemente a 'evolución' (é dicir, o feito da descendencia con modificación). Que a evolución sexa unha teoría no verdadeiro senso científico significa que existe tanto un feito da evolución que ten que ser explicado coma un marco de mecanismos ben fundamentados co cal explicala". (Ver orixinal:[46]).[47]

A evolución como feito e non teoría[editar | editar a fonte]

Outros comentaristas, centrándose nos cambios das especies ao longo das xeracións e nalgúns casos nos antepasados comúns, para subliñar o peso das probas que a apoian puxeron o acento en que a evolución é un feito, argumentando que o uso do termo "teoría" non é útil:

  • Richard Lewontin escribiu: "É o tempo dos estudantes do proceso evolutivo, especialmente o daqueles que foron mal citados e usados polos creacionistas, de declarar claramente que a evolución é un feito, non unha teoría". (Ver orixinal:[48]).[49]
  • Douglas J. Futuyma escribiu en Evolutionary Biology (1998): "A afirmación de que os organismos descenderon con modificacións a partir de antepasados comúns (a realidade histórica da evolución) non é unha teoría. É un feito, en igual medida que a Terra xira arredor do Sol". (Ver orixinal:[50]). [7]
  • Richard Dawkins dixo: "Unha cousa na que todos os verdadeiros científicos están de acordo é no propio feito da evolución. É un feito que somos curmáns dos gorilas, canguros, estrelas de mar e bacterias. A evolución é un feito tanto como o é a calor do sol. Non é unha teoría, e por favor, deixemos de confundir ao filosoficamente inxenuo chamándolle así. A evolución é un feito.". (Ver orixinal:[51]).[52]
  • Neil Campbell escribiu no seu libro de texto de bioloxía de 1990: "Hoxe, case todos os biólogos recoñecen que a evolución é un feito. O termo teoría xa non é apropiado cando se refire aos varios modelos que intentan explicar como evoluciona a vida... é importante comprender que as cuestións actuais sobre como evoluciona a vida de ningún modo implican un desacordo sobre o feito da evolución". (Ver orixinal:[53]).[54]

A evolución como conxunto de teorías, non un feito[editar | editar a fonte]

  • O biólogo evolutivo Kirk J. Fitzhugh[55] escribiu: "A 'evolución' non pode ser á vez unha teoría e un feito. As teorías son conceptos que establecen relacións de causa-efecto... Poderíase argumentar que é concibible falar de 'evolución' como un feito porque é o suxeito de referencia en hipóteses explicativas... No senso máis estrito entón, a 'evolución' non pode ser considerada como un feito mesmo no contexto de hipóteses xa que os puntos causais de referencia continúan sendo os organismos, e ningún número de exemplos que confirmen esas hipóteses os transformará en feitos... Aínda que a evolución non é un feito, tampouco é unha simple teoría, senón un conxunto de teorías aplicadas a unha variedade de cuestións causais... A énfase en asociar 'evolución' cun 'feito' presenta a errada connotación de que a ciencia busca a certeza". (Ver orixinal:[56]).[28]

Conceptos relacionados e terminoloxía[editar | editar a fonte]

O principal propósito da bioloxía evolutiva é proporcionar unha explicación racional á organización extraordinariamente complexa e intricada das cousas vivas. Explicar significa identificar un mecanismo que causa a evolución e demostrar as consecuencias da súa actuación. Estas consecuencias son entón as leis xerais da evolución, das cales calquera sistema ou organismo é un resultado. (Ver orixinal:[57])
Graham Bell, Selection: The Mechanism of Evolution (2008)[58]
  • "Proba" dunha teoría (para demostrala) ten diferentes significados en ciencia. A proba existe en ciencias formais, como nunha demostración matemática na cal as expresións simbólicas poden representar conxuntos infinitos e leis científicas que teñen definicións precisas e resultados dos termos. Proba ten outros significados, xa que descende dunha raíz latina que significa probar, someter a proba.[59][60] Neste senso unha proba é unha inferencia á explicación mellor ou máis sinxela por medio dunha demostración publicamente verificable (unha comprobación) da evidencia factual (é dicir, observada) e causal en experimentos coidadosamente controlados. Stephen Jay Gould argumentou que a investigación de Darwin, por exemplo, sinalaba unha coordinación de moitas evidencias para as que ningunha outra configuración distinta da súa teoría podía ofrecer unha explicación causal concibible dos feitos. Deste modo comprobouse a selección natural e a descendencia dun antepasado común.[61] "A proba clásica é a mellora das plantas cultivadas e o gando por medio de selección artificial" (Orixinal:[62]).[63] A selección natural e outras teorías evolutivas son tamén representadas en varias demostracións matemáticas, como a ecuación de Price (describe como cambian as frecuencias dos trazo ou xenes co tempo). Porén, para permanecer en concordancia coa filosofía da ciencia, o avance dunha teoría só se consegue por medio de refutación de hipóteses.[64]
  • Os "modelos" son parte do xogo de ferramentas científicas ou inferenciais que se constrúen fóra da teoría preexistente. A ciencia baseada en modelos usa estruturas idealizadas ou expresións matemáticas para crear estratexicamente representacións máis simples de sistemas complexos. Os modelos desígnanse para reproducir os aspectos relevantes das relacións hipotéticas nos sistemas diana que se están a investigar.[65][66]
  • A "validación" é unha demostración de que un modelo dentro do seu dominio de aplicabilidade posúe un rango satisfactorio de exactitude consistente coa aplicación pretendida do modelo.[67] Os modelos utilízanse na investigación de simulacións. Por exemplo, os filoxenetistas evolutivos poñen en funcionamento simulacións para modelizar as árbores filoxenéticas como procesos de ramificación de liñaxes co paso do tempo. Á súa vez, isto utilízase para comprender a teoría da filoxenética e os métodos utilizados para comprobar as relacións entre xenes, especies, ou outras unidades evolutivas.[68]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "confirmed to such a degree that it would be perverse to withhold provisional assent."
  2. Gould 1994, pp. 253–262.
  3. Ver máis abaixo sección 2
  4. Coyne 2009, p. 3.
  5. Mayr 1982, p. 400.
  6. Wright 1984.
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Futuyma 1998.
  8. Moran, Laurence (1993). "What is Evolution?". TalkOrigins Archive. Houston, TX: The TalkOrigins Foundation, Inc. Consultado o 2015-01-19. 
  9. 9,0 9,1 Thomson, Keith Stewart (September–October 1982). "Marginalia: The meanings of evolution". American Scientist (Research Triangle Park, NC: Sigma Xi) 70 (5): 529–531. ISSN 0003-0996. JSTOR 27851662. 
  10. "Change over time is a fact, and descent from common ancestors is based on such unassailable logic that we act as though it is a fact. Natural selection provides the outline of an explanatory theory."
  11. 11,0 11,1 Moran, Laurence (1993). "Evolution is a Fact and a Theory". TalkOrigins Archive. Houston, TX: The TalkOrigins Foundation, Inc. Consultado o 2015-01-19. 
  12. Spencer, Herbert (January–April 1857). "Progress: its Law and Cause" (PDF). Westminster Review. New Series (London: John Chapman) 11: 446. OCLC 26747836. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de xaneiro de 2015. Consultado o 31 de marzo de 2016. 
  13. Spencer 1865, p. 176.
  14. James 1911, Chapter 6: "Herbert Spencer's Autobiography".
  15. Brady, Michael (March 12, 2011). Evolutionary Opponents: William James and Herbert Spencer. Society for the Advancement of American Philosophy. Cheney, WA. Arquivado dende o orixinal (DOC) o 03 de abril de 2016. Consultado o 2013-06-10.  Documento presentado na 38º Xuntanza Anual.
  16. "scientific fact". WordNet. Princeton, NJ: Princeton University. 2010. Consultado o 2013-02-21. (an observation that has been confirmed repeatedly and is accepted as true (although its truth is never final)) 
  17. "Fact". Views of the National Park Service Glossary. Washington, D.C.: National Park Service. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2016. Consultado o 2013-02-21. En ciencia un feito é unha observación que foi repetidamente confirmada a para todos os propósitos prácticos é aceptada como 'verdadeira'. Porén, verdadeiro en ciencia nunca é algo definitivo e o que o que é aceptado como un feito hoxe pode ser modificado ou mesmo descartado nalgún momento do futuro. (Orixinal: "In science, a fact is an observation that has been repeatedly confirmed and for all practical purposes is accepted as 'true.' Truth is science, however, is never final, and what is accepted as a fact today may be modified or even discarded at some point in the future"). Fonte: National Academy of Sciences (1999) 
  18. O Webster's Encyclopedic Unabridged Dictionary of the English Language (1996) dá un terceiro significado da palabra "feito" que é "(3) Unha verdade coñecida por experiencia real ou observación; algo que se sabe que é certo. (orixinal: "A truth known by actual experience or observation; something known to be true: ‘Scientists gather facts about plant growth.’")
  19. Dawkins, Richard; Coyne, Jerry (September 1, 2005). "One side can be wrong". The Guardian (London: Guardian Media Group). Consultado o 2015-01-16. 
  20. 20,0 20,1 Muller, Hermann Joseph (April 1959). "One Hundred Years Without Darwinism Are Enough". School Science and Mathematics 59 (4): 304–305. ISSN 0036-6803. doi:10.1111/j.1949-8594.1959.tb08235.x. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 31 de marzo de 2016.  Reprinted in: Zetterberg 1983, p. 33
  21. NAS 1999, p. 28
  22. "Darwin continually emphasized the difference between his two great and separate accomplishments: establishing the fact of evolution, and proposing a theory—natural selection—to explain the mechanism of evolution."
  23. Gould 1981, citing Darwin, Charles (1871). The Descent of Man, and Selection in Relation to Sex. pp. 152–153.  O libro está dispoñible en The Complete Work of Charles Darwin Online. Consultado o 2015-01-17.
  24. Wilkins, John S. (1997). "Evolution and Philosophy: Is Evolution Science, and What Does 'Science' Mean?". TalkOrigins Archive. Houston, TX: The TalkOrigins Foundation, Inc. Consultado o 2009-08-17. 
  25. NAS 1999, p. 2
  26. van Wyhe, John (May 22, 2007). "Mind the gap: Did Darwin avoid publishing his theory for many years?". Notes and Records of the Royal Society (London: Royal Society) 61 (2): 177–205. ISSN 0035-9149. doi:10.1098/rsnr.2006.0171. Consultado o 2015-01-17. 
  27. Bock, Walter J. (May 2007). "Explanations in evolutionary theory". Journal of Zoological Systematics and Evolutionary Research (Hoboken, NJ: Wiley-Blackwell) 45 (2): 89–103. ISSN 0947-5745. doi:10.1111/j.1439-0469.2007.00412.x. 
  28. 28,0 28,1 Fitzhugh, Kirk (January 2008). "Fact, theory, test and evolution" (PDF). Zoologica Scripta (Hoboken, NJ: Wiley-Blackwell on behalf of the Norwegian Academy of Science and Letters and the Royal Swedish Academy of Sciences) 37 (1): 109–113. ISSN 0300-3256. doi:10.1111/j.1463-6409.2007.00308.x. 
  29. Wilson 1998.
  30. Wiley & Lieberman 2011, p. 300.
  31. Schuh 2000.
  32. "Darwin... finally and definitely established evolution as a fact."
  33. Robinson, Bruce A. "Is the theory of evolution merely a 'theory'?". Religioustolerance.org. Kingston, Ontario: Ontario Consultants on Religious Tolerance. Consultado o 2007-10-18. 
  34. "So enormous, ramifying, and consistent has the evidence for evolution become that if anyone could now disprove it, I should have my conception of the orderliness of the universe so shaken as to lead me to doubt even my own existence. If you like, then, I will grant you that in an absolute sense evolution is not a fact, or rather, that it is no more a fact than that you are hearing or reading these words."
  35. "evolution is as much a fact as anything we know in science."
  36. Miller 2007.
  37. "The basic theory of evolution has been confirmed so completely that most modern biologists consider evolution simply a fact. How else except by the word evolution can we designate the sequence of faunas and floras in precisely dated geological strata? And evolutionary change is also simply a fact owing to the changes in the content of gene pools from generation to generation."
  38. Mayr 1988.
  39. "Natural Selection...is not a theory but a fact. But does it...suffice to account for the whole spectacle of Evolution?...There we come to speculative matter, to theories."
  40. "the broad positions of Darwinism re-emerge from a scrutiny of the most exacting sort essentially unchanged."
  41. Wells, Huxley & Wells 1931, pp. 429, 600.
  42. "...evolution is a theory. It is also a fact. And facts and theories are different things, not rungs in a hierarchy of increasing certainty. Facts are the world's data. Theories are structures of ideas that explain and interpret facts. Facts do not go away when scientists debate rival theories to explain them. Einstein's theory of gravitation replaced Newton's, but apples did not suspend themselves in mid-air, pending the outcome. And humans evolved from apelike ancestors whether they did so by Darwin's proposed mechanism or by some other, yet to be discovered."
  43. Gould 1981.
  44. "Scientific understanding requires both facts and theories that can explain those facts in a coherent manner. Evolution, in this context, is both a fact and a theory. It is an incontrovertible fact that organisms have changed, or evolved, during the history of life on Earth. And biologists have identified and investigated mechanisms that can explain the major patterns of change."
  45. Lenski, Richard E. (September 2000). "Evolution: Fact and Theory". actionbioscience. Washington, D.C.: American Institute of Biological Sciences. Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2007. Consultado o 2014-08-27. 
  46. "biologists rarely make reference to 'the theory of evolution,' referring instead simply to 'evolution' (i.e., the fact of descent with modification) or 'evolutionary theory' (i.e., the increasingly sophisticated body of explanations for the fact of evolution). That evolution is a theory in the proper scientific sense means that there is both a fact of evolution to be explained and a well-supported mechanistic framework to account for it."
  47. Gregory, T. Ryan (January 2008). "Evolution as Fact, Theory, and Path" (PDF). Evolution: Education and Outreach (New York: Springer Science+Business Media) 1 (1): 46–52. ISSN 1936-6426. doi:10.1007/s12052-007-0001-z. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de xaneiro de 2015. Consultado o 31 de marzo de 2016. 
  48. "It is time for students of the evolutionary process, especially those who have been misquoted and used by the creationists, to state clearly that evolution is fact, not theory."
  49. Lewontin, Richard C. (September 1981). "Evolution/Creation Debate: A Time for Truth". BioScience (Oxford: Oxford University Press on behalf of the American Institute of Biological Sciences) 31 (8): 559. ISSN 0006-3568. doi:10.1093/bioscience/31.8.559.  Reprinted in: Zetterberg 1983, p. 31
  50. "The statement that organisms have descended with modifications from common ancestors—the historical reality of evolution—is not a theory. It is a fact, as fully as the fact of the earth's revolution about the sun."
  51. "One thing all real scientists agree upon is the fact of evolution itself. It is a fact that we are cousins of gorillas, kangaroos, starfish, and bacteria. Evolution is as much a fact as the heat of the sun. It is not a theory, and for pity's sake, let's stop confusing the philosophically naive by calling it so. Evolution is a fact."
  52. Dawkins, Richard (December 2005). "The Illusion of Design". Natural History (Research Triangle Park, NC: Natural History Magazine, Inc.) 114 (9): 35–37. ISSN 0028-0712. Consultado o 2015-01-19. 
  53. " "Today, nearly all biologists acknowledge that evolution is a fact. The term theory is no longer appropriate except when referring to the various models that attempt to explain how life evolves... it is important to understand that the current questions about how life evolves in no way implies any disagreement over the fact of evolution."
  54. Campbell 1990, p. 434.
  55. "Recent Research by J. Kirk Fitzhugh, Ph.D.". Polychaetous Annelids Research Studies. Los Angeles, CA: Natural History Museum of Los Angeles County. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2016. Consultado o 2014-02-14. 
  56. "'Evolution' cannot be both a theory and a fact. Theories are concepts stating cause–effect relations...One might argue that it is conceivable to speak of 'evolution' as a fact by way of it being the subject of reference in explanatory hypotheses...In the strictest sense then, 'evolution' cannot be regarded as a fact even in the context of hypotheses since the causal points of reference continue to be organisms, and no amount of confirming instances for those hypotheses will transform them into facts...While evolution is not a fact, it is also not a single theory, but a set of theories applied to a variety of causal questions...An emphasis on associating 'evolution' with 'fact' presents the misguided connotation that science seeks certainty."
  57. The main purpose of evolutionary biology is to provide a rational explanation for the extraordinarily complex and intricate organization of living things. To explain means to identify a mechanism that causes evolution and to demonstrate the consequences of its operation. These consequences are then the general laws of evolution, of which any given system or organism is a particular outcome.
  58. Bell 2008, p. 1.
  59. Sundholm, Göran (July 1994). "Proof-Theoretical Semantics and Fregean Identity Criteria for Propositions" (PDF). The Monist (La Salle, IL: The Hegeler Institute) 77 (3): 294–314. ISSN 0026-9662. doi:10.5840/monist199477315. 
  60. Bissell, Derek (September 1996). "Statisticians have a Word for it" (PDF). Teaching Statistics (Oxford; Malden, MA: Wiley-Blackwell for Teaching Statistics Trust) 18 (3): 87–89. ISSN 0141-982X. doi:10.1111/j.1467-9639.1996.tb00300.x. 
  61. Gould 2002.
  62. "The classical proof is the improvement of crops and livestock through artificial selection"
  63. Bell 2008, p. 492.
  64. Platt, John R. (October 16, 1964). "Strong Inference". Science (Washington, D.C.: American Association for the Advancement of Science) 146 (3642): 347–353. ISSN 0036-8075. doi:10.1126/science.146.3642.347. 
  65. Gorelick, Root (2011). "What is theory?" (PDF). Ideas in Ecology and Evolution (Kingston, Ontario: Queen's University) 4: 1–10. ISSN 1918-3178. doi:10.4033/iee.2011.4.1.c. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de maio de 2012. Consultado o 2015-01-19. 
  66. Godfrey-Smith, Peter (November 2006). "The strategy of model-based science" (PDF). Biology and Philosophy (Dordrecht, the Netherlands: Kluwer Academic Publishers) 21: 725–740. ISSN 0169-3867. doi:10.1007/s10539-006-9054-6. 
  67. Rykiel, Edward J., Jr. (November 1, 1996). "Testing ecological models: the meaning of validation" (PDF). Ecological Modelling (Amsterdam, the Netherlands: Elsevier) 90 (3): 229–244. ISSN 0304-3800. doi:10.1016/0304-3800(95)00152-2. 
  68. Rohlf, F. James; Chang, W. S.; Sokal, Robert R.; Kim, Junhyong (September 1990). "Accuracy of Estimated Phylogenies: Effects of Tree Topology and Evolutionary Model". Evolution (Hoboken, NJ: Wiley for the Society for the Study of Evolution) 44 (6): 1671–1684. ISSN 0014-3820. JSTOR 2409346. doi:10.2307/2409346. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Bibliografía adicional[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]