Esquece Monelos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Esquece Monelos
Ficha técnica
DirectorÁngeles Huerta
ProdutorDanga Danga Audiovisuais, SLNE
GuiónÁngeles Huerta, Antón Núñez
MúsicaSergio Pena
SonManuel Maneiro
FotografíaJaime Pérez
MontaxeSandra Sánchez
DistribuidoraDanga Danga Audiovisuais, SLNE
Estrea20 de outubro de 2017
Duración75 min.
OrixeEspaña (Exp. ICCA: 62016)
XéneroDocumental
Recadación9.253,60 euros
Na rede
IMDB: tt7766122 Editar o valor em Wikidata

Esquece Monelos é unha película de xénero documental dirixida pola guionista Ángeles Huerta. O filme utiliza como metáfora o río de Monelos, na cidade da Coruña, para tratar o esquecemento dos lugares e as súas xentes debido ao crecemento urbanístico. A súa preestrea tivo lugar o 14 de decembro de 2016 no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, esgotando todas as invitacións[1]. Chegou ás salas o día 20 de outubro de 2017, acadando máis de 1.500 espectadores segundo o Instituto de las Ciencias y de las Artes Audiovisuales[2]. Ademais, a obra proxectouse en diversos festivais e citas cinematográficas como o Play-Doc International Film Festival de Tui[3], converténdose no documental galego máis premiado do ano.

Argumento[editar | editar a fonte]

Obras de canalización dun treito do río de Monelos no polígono de Pocomaco en 2014.

O río Monelos é onde as lavandeiras de Oza lavaban a roupa ata a década de 1970. Estaba formado pola agrupación dos arroios de Eirís, Elviña, Castro, Ponte da Pedra, Martinete, Pastoriza, Morás e San Cristovo. Por razóns de salubridade, a comezos do século XIX ordenouse a desviación do río e dende 1965 iniciouse a súa canalización ata sepultalo baixo as rúas da cidade[4].

O río serve como fío condutor para facer un exercicio de memoria colectiva e individual sobre a expansión da cidade a través do testemuño dos seus habitantes. O resultado é un documental coral no que interveñen dende figuras políticas de finais do franquismo ata membros da comunidade xitana que tiveron que mudarse a outros barrios da cidade. Unha crónica sobre o desenvolvemento urbanístico que se pode extrapolar á historia recente de España.

Festivais e premios[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Premio/Festival Receptor Resultado
2017 Mellor Documental Premios Mestre Mateo 2016 Danga Danga Audiovisuais, S.L.N.E. Gañador
2017 Mellor Dirección de Fotografía Premios Mestre Mateo 2016 Jaime Pérez Gañador
2017 Mellor Montaxe Premios Mestre Mateo 2016 Sandra Sánchez Gañador
2017 Mención Especial do Xurado Documenta Madrid 2017 Gañador
2017 Exhibición XIII Play-Doc International Film Festival Tui
2018 Mellor Documental Premios Feroz Finalista
2018 Mellor Película XXXII Edición dos Premios Goya Danga Danga Audiovisuais, S.L.N.E. Candidatura
2018 Mellor Dirección Novel XXXII Premios Goya Ángeles Huerta González Candidatura
2018 Mellor Guión Orixinal XXXII Premios Goya Ángeles Huerta González, Antón Núñez Candidatura
2018 Mellor Dirección de Produción XXXII Premios Goya Marta Eiriz Gallego Candidatura
2018 Mellor Dirección de Fotografía XXXII Premios Goya Jaime Pérez Fernández Candidatura
2018 Mellor Montaxe XXXII Premios Goya Sandra Sánchez Candidatura
2018 Mellor Son XXXII Premios Goya Manuel Maneiro Candidatura
2018 Mellor Película Documental XXXII Premios Goya Danga Danga Audiovisuais, S.L.N.E. Candidatura

Notas[editar | editar a fonte]