Vik Muniz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Vik Muniz
Vic Muniz World Economic Forum 2013.jpg
Nome completoVicente José de Oliveira
Nacemento20 de decembro de 1961
Lugar de nacementoSão Paulo
NacionalidadeBrasil
Alma máterFundação Armando Álvares Penteado
Ocupaciónfotógrafo, pintor, director de cinema, artista visual, artista land, debuxante, escritor, draftsperson e escultor
Coñecido porLixo Extraordinário
PremiosOrde do Mérito Cultural
Na rede
http://vikmuniz.net
IMDB: nm3297139 Allocine: 505218 Allmovie: p674038
TED: vik_muniz Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Vik Muniz, nome artístico de Vicente José de Oliveira Muniz, nado en São Paulo o 20 de decembro de 1961, é un artista brasileiro establecido nos Estados Unidos. Experimenta con novos soportes e materiais e boa parte da súa obra é de temática social.

Biografía[editar | editar a fonte]

Vik Muniz xunto á entón ministra de Cultura do Brasil Ana de Hollanda, na Rio + 20.

Fillo dos pernambucanos Vicente Lopes e María Celeste de Oliveira Muniz, foi estudante da Fundação Armando Álvares Penteado (FAAP), onde frecuentou as aulas do curso de Publicidade e Propaganda.[1]

Vik Muniz con fotos da súa serie Perfect Strangers

As súas obras están feitas con materiais pouco comúns, como lixo, restos de demolición e compoñentes como o azucre e o chocolate. Na súa pintura de Sigmund Freud utilizou o xarope de chocolate para crear a imaxe. Para a súa serie Sugar Children, Muniz foi a unha plantación en St. Kitts para fotografar algúns fillos de operarios que traballan alí. Despois de regresar a Nova York, mercou papel marrón e varios tipos de azucre e copiou as instantáneas dos nenos espidos espallando os distintos tipos de azucre no papel e fotografándoo. Isto xerou unha grande controversia, que só se resolveu dous anos despois: a obra foi liberada, pero tería que vendela por só 4 000 R$.

Máis recentemente, creou obras a maior escala, como imaxes esculpidas na terra (xeóglifos) ou feitas con enormes moreas de lixo.

No 81º Christmas Book anual da Neiman Marcus, en 2007, os compradores poderían encomendar, por 110 000 dólares, un dos retratos de chocolate "His & Hers" de Muniz e recibir unha reprodución fotográfica da obra de 60×48. Muniz doou o produto das vendas ao Centro Espacial de Río de Xaneiro, unha organización benéfica que traballa coa arte para nenos e adolescentes pobres no Brasil. Segundo Muniz, "os pobres precisam de dinheiro. É preciso ajudá-los diretamente. Não acredito em arte política. Sensibilizar: você tem o jornal para isso."[2]

Muniz realizou unha exposición individual no University of South Florida Contemporary Art Museum (Museo de Arte Contemporánea da Universidade do Sur de Florida) en Tampa, agora chamada "Vik Muniz: Reflex". Esta exposición, organizada polo Miami Art Museum, estivo exposta no Seattle Art Museum e no PS1 Contemporary Art Museum de Nova York. Até xaneiro de 2008, a exposición estivo exposta no Musée d'Art Compemporain de Montreal, Quebec. Muniz tamén publicou un libro, Reflex - A Vik Muniz Primer (2005: Aperture Foundation, Nova York), que contén unha recompilación do seu traballo e os seus comentarios ao respecto.

A súa obra tamén foi destacada en The Hours-Visual Art of Contemporary Latin America (2007), unha exposición presentada no Museum of Contemporary Art de Sydney, Nova Gales do Sur, Australia.

En 2010, o documental Lixo extraordinario sobre o traballo de Vik Muniz con colectores de material reciclábeis no vertedoiro do Jardim Gramacho, en Duque de Caxias, Brasil, foi premiado no Festival de Sundance. No Festival de Berlín de 2010 foi galardoado en dúas categorías, a de Amnistía Internacional e a do público na mostra Panorama.

Acervos importantes[editar | editar a fonte]

As fotografías tomadas por Vik Muniz forman parte da colección e galerías privadas de San Francisco, Madrid, París, Moscova e Toquio, alén de museos como a Tate Modern e o Victoria and Albert Museum de Londres, o Getty Institute dos Ánxeles, e MAM, en São Paulo. A obra "Boom", parte da serie “The Sarzedo Drawings”, de 2002, fotografía de xelatina de prata con torneado, pódese ver no Museo Inhotim, en Brumadinho, Minas Xerais.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Vik Muniz conta como investiga temas que vão da alta cultura a Simpsons". Consultado o 13 de abril de 2015. 
  2. Allen Strouse (24 de outubro de 2007). "VOICES: For the Price of a Chocolate Portrait...". Consultado o 24 de abril de 2008. 
  3. James Lisboas (2013). Biografia Vik Muniz. Site James Lisboa, 24 de abril de 2013.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]