Ernest Ansermet
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 11 de novembro de 1883 Vevey |
| Morte | 20 de febreiro de 1969 (85 anos) Xenebra |
| Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
| Lugar de sepultura | Cemiterio dos Reis, D-390 |
| Relixión | Reformed (en) |
| Educación | Universidade de Lausana |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Música clásica |
| Ocupación | director de orquestra, músico, compositor, musicólogo, arranxador musical |
| Período de actividade | 1910 |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Música clásica |
| Selo discográfico | Decca Records |
| Familia | |
| Cónxuxe | Juliette Ansermet |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC The New Grove Dictionary of Music and Musicians (pt) |
Ernest Ansermet, nado en Vevey o 11 de novembro de 1883 e finado en Xenebra o 20 de febreiro de 1969, foi un director de orquestra suízo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nativo da rexión francófona de Suíza comezou a súa carreira profesional como profesor de matemáticas, dirixindo como afección. Durante unha viaxe a Francia coñeceu a Claude Debussy e Maurice Ravel. Durante a primeira guerra mundial coñeceu a Igor Stravinskii, exiliado en Suíza. En 1918 fundou a súa propia orquestra, a Orchestre de la Suisse Romande, coa que viaxou por Europa e América, de enorme importancia na difusión da música clásica moderna.