Saltar ao contido

Revista de Occidente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Revista de Occidente
 Título
Revista de Occidente Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua
Temática
Publicación
 Lugar de publicación
 País de orixe
 Editorial
Datas e cronoloxía
 Data de comezo
1923 Editar o valor en Wikidata
 Data de creación
1923 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap
Identificadores
ISSN0034-8635 Editar o valor en Wikidata
VIAF198572313 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Redes
Enciclopedia Galega Universal: 181002 BNE: bise0000180564 Dialnet: 1203 Memoriademadrid: 316295
Wikidata C:Commons

A Revista de Occidente é unha publicación cultural e científica española editada pola Fundación José Ortega y Gasset, fundada e dirixida por José Ortega y Gasset, de divulgación académica tanto en Europa como en América Latina. O primeiro número publicouse o 27 de xullo de 1923.[1]

Nela escribiron e traducíronse artigos de importantes filósofos contemporáneos como Bertrand Russell e Edmund Husserl e de escritores en lingua castelá, como por exemplo Rosa Chacel ou Vicente Huidobro.

Primeira época (1923-1936)

[editar | editar a fonte]

A primeira época de Revista de Occidente prolongouse dende a súa creación en xullo de 1923, da man de Ortega y Gasset e do asturiano Fernando Vela, até xullo de 1936, co comezo da guerra civil española. Durante este período, a revista publicaba once números ao ano, xa que a edición de xullo e agosto era un número dobre.

Entre os que contribuíron á revista nesta etapa estaban destacadas figuras intelectuais internacionais, algunhas das cales aparecían por primeira vez en castelán. Entre eles, sobresaen os filósofos Georg Simmel, Max Scheler, Manuel García Morente ou Max Weber; os economistas Werner Sombart e Ludwig von Mises; ou os científicos Werner Heisenberg, Erwin Schrödinger e Albert Einstein. Do mesmo xeito, editáronse pezas de escritores populares do momento, como Franz Kafka, Rainer Maria Rilke ou William Faulkner.

Segunda época (1963-1975)

[editar | editar a fonte]

A revista volveu publicarse con periodicidade mensual entre abril de 1963 e outubro de 1975, dirixida por José Ortega Spottorno, fillo de Ortega y Gasset. Esta nova etapa contribuíu á normalización intelectual española durante os derradeiros anos da ditadura franquista, xunto a Cuadernos para el Diálogo ou Triunfo. Destas publicacións seriadas saíron varias figuras claves da transición española.

Unha novidade desta nova etapa foi a edición de números monográficos nos que se atopaban ensaios sobre un asunto en concerto, dedicados tanto a escritores de España (Pío Baroja, Miguel Hernández, Miguel de Unamuno) como do estranxeiro (Friedrich Nietzsche).

Terceira época (1980-actualidade)

[editar | editar a fonte]

Dende 1980, baixo a dirección de Soledad Ortega Spottorno, tamén filla de Ortega y Gasset, a revista volve a editarse de xeito regular. Dende o 2007, diríxea o seu fillo, José Varela Ortega.

En 2024, principiou a dixitalización dos 157 número publicados durante a primeira época, usando tanto números encadernados como soltos. Unha vez rematado o proxecto, procederase á dixitalización dos exemplares da segunda etapa.[2]

  1. Calendario 2014 MUNCYT.
  2. Mora 2024, p. 45.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]