Riom
Coordenadas: 45°53′37″N 3°06′45″L / 45.89361, -3.11250
Riom é unha pequena cidade e comuna francesa situada na rexión de Auvernia-Ródano-Alpes, departamento de Puy-de-Dôme.
É a subprefectura do seu distrito.
Ten a súa propia unidade urbana, que está integrada na área urbana de Clermont-Ferrand.
Foi durante séculos unha cidade rival de Clermont-Ferrand, a capital histórica e cultural da Auvernia.
Xeografía[editar | editar a fonte]
O minicipio ocupa unha superficie de 31,97 km2. Segundo o censo de 2018 tiña unha poboación de 19 011 habitantes, polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 595 habitantes por km2.
A poboación da súa aglomeración urbana en 2018 era de 33 633 habitantes.
Demografía[editar | editar a fonte]
Ano | 1793 | 1800 | 1851 | 1881 | 1896 | 1921 | 1931 | 1946 | 1962 | 1975 | 1982 | 1999 | 2007 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Poboación | 12 152 | 13 328 | 12 3861 | 10 304 | 11 131 | 10 435 | 11 042 | 12 975 | 14 418 | 17 071 | 18 346 | 18 548 | 18 040 |
Historia[editar | editar a fonte]
Até 1531, data da anexión da Auvernia pola coroa de Francia, Riom foi a capital do Ducado de Auvernia, un dos principados feudais de Auvernia. A cidade é de orixe galorromana, Ricomagus, mercado rico". No intenso feudalismo de Auvernia a partir do ano 1000, a cidade creceu arredor da colexiata de Saint-Amable, o santo local, que era obxecto de peregrinacións.
No século XIV, a cidade beneficiouse do patrocinio de Jean, duque de Berry, quen reconstruíu o palacio dos duques de Auvernia e a Sainte-Chapelle.
Baixo o Antigo Réxime, Riom converteuse na capital da xeneralidade homónima que inclúe unha parte importante de Auvernia.
En 1942 celebrouse o "xuízo de Riom", no que o réxime de Vichy acusou a varios políticos da Fronte Popular de seren os responsábeis da derrota ao impedir o rearme de Francia pola aplicación de reformas sociais. Foron secuestrados non moi lonxe, no castelo de Chazeron, á espera do seu xuízo. Tamén houbo un xuízo in absentia ao xeneral de Gaulle por opoñerse ao réxime de Vichy baixo a ocupación; naturalmente non sería encarcerado na Liberación.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Riom |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Édouard Everat (1923): Histoire abrégée de la ville de Riom. Reedición en 1989. Éditions André Bonne. ISBN 2-7019-0029-8.