Castro do Vieito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°43′50″N 8°48′26″O / 41.73065, -8.80716111

Castro do Vieito
ConcelloViana do Castelo
PaísPortugal
Cronoloxía
Datas de ocupaciónséculos I a. C. e I d. C
Véxase tamén
Castros de Portugal

O castro do Vieito é un poboado castrexo situado na parroquia de Perre, no concello de Viana do Castelo, no norte de Portugal. O asentamento está construído nunha encosta virada ao sur, situándose a súa ocupación entre os séculos I a. C. e I d. C, coincidindo coa romanización.

Foi recentemente afectado, en cerca de 2/3 da súa área (aproximadamente 15.000m²), pola construción do IC1/A28,[1], tendo sido obxecto dunha escavación de emerxencia entre 2004 e 2005[2].

Foron encontrados restos de muros de construción de probables habitacións. Eran aínda visibles tres niveis de murallas. No interior destas encóntrase unha gruta natural, de pequenas dimensións, coñecida como Cova dos Mouros[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Martins, Carla Sofia (20 de novembro de 2004). "Câmara de Viana Quer Desviar IC1 do Castro Milenar de Vieito". almadan.publ.pt (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2012. Consultado o 16 de setembro de 2009. .
  2. "Castro de Vieito (Trabalhos do Sitio)"[Ligazón morta], en www.ipa.min-cultura.pt (en portugués).
  3. "Castro de Vieito"[Ligazón morta], Pescuda de sitios arqueolóxicos, en www.ipa.min-cultura.pt (en portugués).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]