Quim Barreiros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Quim Barreiros
Festas do Pereiro 2008 com QuimBarreiros.jpg
O Quim Barreiros en Pereiro, Maçao no 2008
Orixe Caminha (Viana do Castelo), Portugal Flag of Portugal.svg
Período 1971 - Actualidade
Xénero(s) Pop, Forró, Música Pimba
Páxina web quimbarreiros.pt

Joaquim de Magalhães Fernandes Barreiros, nado en Vila Praia de Âncora (Viana do Castelo) o 19 de xuño de 1947, máis coñecido coma Quim Barreiros, é un cantante popular portugués que toca o acordeón, coñecido polas súas letras de duplo sentido. Algúns dos seus éxitos máis coñecidos son "A Cabritinha", "Bacalhau à Portuguesa" ou "Garagem da Vizinha".

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Quim Barreiros comezou a aprendizaxe do acordeón con 8 anos, e con 9 xa tocaba a batería no conxunto de seu pai ("Conxunto Alegría").

En 1968 comeza o seu servizo militar para a Forza Aérea Portuguesa en calidade de músico na famosa Banda da Forza Aérea, mais remata a súa carreira militar no 1974. Foi nese período de músico militar onde tivo a oportunidade de tocar nas principais casas de Fado e restaurantes típicos. Coñeceu así ao famoso guitarrista Jorge Fontes con quen gravou o seu primeiro disco, no 1971. Aos poucos, Quim Barreiros foi actuando en tódolos países onde existen comunidades de portugueses (Canadá, Estados Unidos, Venezuela, Brasil, Suráfrica, Francia, Alemaña, Inglaterra, España e outros) acadando unha gran popularidade tamén en Galiza.

Discografía[editar | editar a fonte]

Quim Barreiros durante un concerto na aldea do Pereiro, no concello portugués de Mação, en 2008.
  • O Malhão Não É Reaccionário (1975)
  • Dance Com Quim Barreiros e o Super-Trio (1981)
  • Bacalhau à Portuguesa (1986)
  • Riacho da Pedreira (1986)
  • CD D'Ouro (1991)
  • O Sorveteiro (Chupa Teresa) (1992)
  • Original (O Franguito da Maria) (1992)
  • Insónia (1993)
  • Deixa Botar Só a Cabeça (Acredita em Mim) (1993)
  • Meu Dinossauro (1994)
  • Mestre de Culinária (1994)
  • Os 60 Maiores Êxitos (1994)
  • Nunca Gastes Tudo (1995)
  • Minha Vaca Louca/Melhor Dia Para Casar (1996)
  • 15 Grandes Sucessos (1997)
  • Marcha da Expo'98 (A Ultima do Milénio) (1998)
  • Na Internet (1998)
  • O Melhor dos Melhores (1998)
  • Marcha do 3º Milénio (1999)
  • A Garagem da Vizinha (2000)
  • Comer, Comer (2001)
  • Depois da Uma (2002)
  • Cantares ao Desafio (2002)
  • O Melhor de Quim Barreiros (2003)
  • Na Tua Casa Tá Entrando Outro Macho (2003)
  • A Cabritinha (2004)
  • Riacho da Pedreira (2005)
  • O Ténis (2005)
  • A Padaria (2006)
  • Use Álcool (2007)
  • Fui Acudir (2008)
  • O Melhor de Quim Barreiros Volume 3 (2008)
  • O Peixe (2009)
  • Deixai-me Chutar (2010)
  • O Brioche da Sofia (2011)
  • O Bilau (Kuduro) (2011)
  • Dar ao Apito (2012)
  • Mole não Entra (2013)
  • Caça Asneiras (2014)
  • O Pau Caiu Na Panela (2015)

Na súa discografía, o artista conta tamén con diversos álbums compostos esencialmente por temas instrumentais de acordeón. En maio de 2007, Quim Barreiros lanzou o álbum Use Álcool, no cal existe unha peza na que lle canta ó seu neto, abrindo ao público unha xanela para un lado seu máis afectivo e sentimental, raramente visto no artista.

DVD[editar | editar a fonte]

  • Quim Barreiros ao Vivo (2006)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]