Garda
Garda é un concello italiano da provincia de Verona, na rexión do Véneto. Ten 3.802 habitantes (en 2007) e esténdese por unha área de 16,11 km², tendo unha densidade de poboación de 236 hab/km².
Xeografía[editar | editar a fonte]
Garda está a 32 quilómetros de Verona, ao noroeste desta capital italiana. Está na costa veronesa do Lago de Garda, antigamente coñecido como Benàcus o Benàco.
Fai fronteira cos concellos de: Bardolino, Costermano, Manerba del Garda (BS), San Felice del Benaco (BS) e Torri del Benaco.
Historia[editar | editar a fonte]
O nome da cidade parece derivar da palabra alemá "Warte" (garda), cunha evidente alusión á fortaleza construída contemporaneamente ás primeiras invasións bárbaras na Rocca di Garda, o outeiro que protexe o concello.
Economía[editar | editar a fonte]
A economía de Garda está moi baseada na actividade turística xerada arredor do lago homónimo. Ten especial prevalencia a actividade hostaleira e hoteleira. É abondosa a presenza de turistas alemáns na zona.
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |