Saltar ao contido

Vento ferido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Vento ferido
 Instancia de
 Título
Vento ferido (gl) Editar o valor en Wikidata
Características
 Forma artística
 Tema principal
 Edicións en galego
 Colección
 Lingua
Implicados
 Autor/a
Datas
 Data de publicación
1967 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Sucedido por
Localización
 Colección
 País de orixe
Wikidata

Vento ferido é un libro de narrativa, composto por unha ducia de relatos breves, en galego, do ourensán Carlos Casares Mouriño, acompañados de catro ilustracións de Xulio Maside. Publicado por vez primeira en 1967 pola Editorial Galaxia.[1]

Aos meus pais.
A Merches e Xavier, meus irmáns.
A Paco e Sira, bos amigos.

  dedicatoria

Descrición

[editar | editar a fonte]

Os títulos das narracións que inclúe o texto son:

Calquera que pasa ten un rostro e unha historia.
                  Cesare Pavese (cita inicial no libro)
Un fragmento do Nacemento de Venus de Botticelli empregouse para ilustrar a portada de Vento ferido [2].
"O xogo da guerra"
"Coma lobos"
"Cando cheguen as chuvias"
"Monólogo"[3]
"Agarda longa ao sol"
"A capoeira"
"Vou quedar cego"
"A tronada"
"O Xudas"
"A rapaza do circo"
"O outro verán"
"Aparecerá pola esquina"

Debido ao relato dun paseo que se fai no conto "Coma lobos", a obra sufriu un intento de secuestro pola censura, que Francisco Fernández del Riego, avisado, evitou sacando os exemplares da editorial e agochándoos. Cando chegou a policía dixéronlles que xa se venderan todos. Logo diso, fíxose e distribuíuse unha segunda edición, reimprimindo a primeira, sen mudarlle a data.[4]

Edicións, traducións e obras derivadas

[editar | editar a fonte]
Outro fragmento, neste caso da Morte de Procris, de Piero di Cosimo, empregouse para ilustrar a portada doutra edición.

Tres dos relatos, "Cando cheguen as chuvias", "Monólogo" e "Agarda longa ó sol", foran xa publicados no número 7 da revista Grial correspondente a xaneiro-febreiro-marzo de 1965.[5] O libro apareceu, sucesivamente, nas coleccións Illa Nova, Galaxia·narrativa e Biblioteca Carlos Casares.

Foi publicado en inglés, co título Wounded Wind, pola editorial Planet (tradución de Rosa Rutherford, 2004)[6]; en castelán, co título Viento herido, polas editoriais Alborada (colección «La Locomotora», 1988), Punto de Partida (tradución de Mónica Álvarez, 2010) e Impedimenta (tradución de Cristina Sánchez-Andrade 2022, ilustracións de Xulio Maside) e en esperanto, co título de Vundita vento, pola editorial Espero (tradución de Suso Moinhos, 2019).[7] Hai tamén traducións dalgúns relatos ao italiano e ao inglés.

Inspirada no libro, en 2015 fíxose unha curtametraxe dirixida por Miguel Grandío.

  1. "O Día das Letras Galegas de 2017 estará dedicado a Carlos Casares", RAG, 9/7/2016.
  2. Imaxe da portada dunha edición de Vento ferido de Galaxia.
  3. Vento ferido, monólogo en ogalego.gal.
  4. Calvo, T. (2003). Carlos Casares. O conto da vida. p. 122.
  5. Casares, Carlos (xaneiro-febreiro-marzo de 1965). "Narraciós". Grial (7): 48–55.
  6. Vento ferido Arquivado 21 de decembro de 2016 en Wayback Machine. na BITRAGA.
  7. "Vundita vento". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-16.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]