Iolanda Galanes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Iolanda Galanes Santos, nacida en Vigo o 15 de agosto de 1969, é unha filóloga, terminóloga e profesora universitaria galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutora en filoloxías galega e portuguesa, é unha experta en terminoloxía e tradución, colaborando en institucións como o Consello da Cultura Galega, a Escola Galega de Administración Pública, o Centro de Estudios Políticos y Constitucionales ou a Université de Laval (Québec, Canadá).

Domina os idiomas francés, galego, portugués, castelán, e inglés, sendo especialista en tradución especializada: tradución xurídica, administrativa, económica e científica.

As súas investigacións céntranse na terminoloxía, as linguas de especialidade, a planificación lingüística e a tradución literaria en Galicia.

É profesora da Facultade de Filoloxía e Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo, e Presidenta da Sociedade Galega de Terminoloxía.[1] Ademais foi colaboradora do diario Xornal de Galicia [2]

Forma parte de equipo de traballo da Biblioteca de tradución galega.

Distincións[editar | editar a fonte]

Foi galardoada co Premio de Tradución Plácido Castro, na súa quinta edición (2005), pola súa versión ao galego de A herdanza dos caracteres adquiridos, de Michel Delson.

Obras[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]