Xulio Maside

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xulio Maside
Nacemento1933
Lugar de nacementoVigo
Falecemento11 de abril de 2022
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpintor
CónxuxeMaría Esther Rodríguez Losada
editar datos en Wikidata ]

Xulio Maside Medina, nado en Vigo en 1933 e finado o 11 de abril de 2022 en Santiago de Compostela[1], foi un médico anestesista e pintor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Realizou múltiples mostras, con tendencia ás actuacións colectivas. Interesado pola problemática social dos artistas, presidiu durante os anos 70 e 80 a Asociación Galega de Artistas Plásticos.

Abordou o seu traballo coas máis diversas posibilidades técnicas, case sempre combinadas: debuxo, pintura, collage, mixtas, sempre ó servizo do seu discurso expresivo.

Era sobriño do pintor Carlos Maside. Residiu os últimos anos en Santiago de Compostela.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]