Víctor Moro
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de abril de 1926 ![]() Ribadeo, España ![]() |
Morte | 15 de decembro de 2021 ![]() Baíña, España ![]() |
![]() | |
8 de xullo de 1977 – 2 de xaneiro de 1979 Lexislatura: Lexislatura Constituínte de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electo en: Eleccións Xerais 1977 en España ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | economista, político, empresario ![]() |
Partido político | Unión de Centro Democrático Coalición Galega ![]() |
Premios | |
![]() ![]() |
Víctor Moro Rodríguez, nado o 25 de abril de 1926 en Ribadeo e finado o 15 de decembro de 2021 en Baíña (Baiona),[1] foi un empresario e político galego centrista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como economista
[editar | editar a fonte]Marchou de Ribadeo a Ferrol, logo de aprobar unhas oposicións ao Banco Pastor[2]. Fixo o servizo militar destinado no Ministerio da Mariña, en Madrid, onde aproveitou para estudar Economía. Logo de licenciarse empezou a súa carreira política vencellado ao Banco de España, onde entrou como técnico en 1948.[3] Ascendeu a interventor aos dous anos (1950), na delegación de Murcia, e despois dunha década aló aprobou unha segunda oposición, para interventor de sucursais, que aprobou co número 1 en toda España (1960-62)[2]. Marchou á empresa privada para ser director financeiro e administrativo[2] de Pescanova en 1962, cargo que mantivo ata 1975[3] e no que conseguiu "situar a Galicia e a España á cabeza da industria pesqueira mundial".[4]
Logo do paso pola política, regresou ao Banco de España como director da sede de Vigo (1980)[5], Cataluña (con sede en Barcelona, desde 1982) e posteriormente, desde 1992, subdirector xeral nas oficinas centrais de Madrid.
Tamén formou parte do consello de administración da construtora San José (1995-1999) e Unión Fenosa (1997-2002). Nas últimas décadas de vida foi presidente da consultora Solventis[5], da que son socios os seus dous fillos, Alberto Moro e Pablo Moro, e da distribuidora Vima Foods,[6] da que era accionista o seu outro fillo, Víctor Moro Suárez, dedicada á distribución de alimentación en Cuba, e en 2021 con sede en Panamá. Tamén foi conselleiro da empresa de plásticos Poligal (1996-2021[Cómpre referencia]). Ademais foi vicepresidente de Inesga, unha sociedade de consultoría e investimento participada pola Xunta de Galicia (2002-13)[5].
Como político
[editar | editar a fonte]A súa carreira como político comezou ao remate do franquismo, cando foi nomeado director xeral de Pesca Marítima dentro do Ministerio de Comercio que dirixía Leopoldo Calvo-Sotelo.[6] Membro da Xunta Democrática,[7] nas eleccións xerais de 1977, as primeiras tras o retorno da democracia, saíu elixido como deputado pola provincia de Pontevedra nas filas da UCD e foi vogal da Comisión de Economía e facenda do Congreso dos Deputados. Foi tamén o principal impulsor do Acordo de pesca con Marrocos.[8]
Ocupou o escano durante dous anos, ata o remate de 1978 e, nese tempo, foi un decidido defensor dos intereses de Galicia e, mesmo, se opuxo a que a UCD,o seu propio partido aprobase un estatuto de autonomía para Galiciainferior ós de Cataluña e Euskadi, asemellándoo ó de Andalucía.[9][10]
Durante ese tempo desempeñou o cargo de subsecretario xeral de Pesca e da Mariña Mercante no Ministerio de Transportes e Comunicacións, baixo a dirección, primeiro de José Lladó e logo de Salvador Sánchez-Terán. Atribúeselle a reforma legal que permitiu a creación de empresas pesqueiras mixtas (hispanomarroquís) e o primeiro acordo pesqueiro con Marrocos.[8]
En 1979 encabezou a candidatura da UCD ao concello de Vigo e venceu nas eleccións municipais conseguindo o 30,19 por cento dos votos.[11] Porén, o pacto das esquerdas levou a Manoel Soto á alcaldía e sentou a Moro como líder da oposición municipal. Deixou a política activa uns meses despois, en 1980, por uns anos, e regresou como membro de Coalición Galega. Durante uns meses foi o líder da formación, posto do que dimitiu en 1984.[12]
Candidato á Xunta de Galicia
[editar | editar a fonte]En diversos momentos, especulouse sobre a posibilidade de se converter en candidato á presidencia da Xunta de Galicia. En 1978, tiña o apoio dunha parte da UCD e da esquerda.[13] Algo semellante, sucedeu en 1985, pero se frustrou igualmente fronte aos problemas de Coalición Galega.[14]
Premios e distincións
[editar | editar a fonte]
- Cruz do Mérito Naval[3]
- 1998, Creu de Sant Jordi[3]
- 1998, XXX Premio Fernández Latorre de periodismo, polo artigo El expolio energético de Galicia.[6]
- 2012, Fillo predilecto de Ribadeo (recibido o 2 de setembro)[3][15]
- 2008, Medalla de ouro e brillantes de CaixaGalicia[9]
- Gran Placa ao Mérito Cooperativo do Mar, outorgada pola Unión Nacional de Cooperativas do Mar de España[5].[11]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Genoveva Suárez, e tivo catro fillos.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pérez, Julio (2021-12-15). "Muere el economista y político Víctor Moro a los 95 años". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2021-12-15.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Víctor Moro". www.crtvg.es. 03/05/2014. Consultado o 2021-12-15.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Redacción (16 de decembro de 2021). "Ribadeo despide a su hijo predilecto, Víctor Moro, fallecido a los 95 años". cope.es (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ Europa Press (15 de decembro de 2021). "Fallece el economista Víctor Moro, excargo del Banco de España y de Pescanova". europapress.es (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 "Víctor Moro Rodríguez". www.solventis.es. Consultado o 2021-12-15.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Cabrero, S. (16 de decembro de 2021). "Fallece Víctor Moro, economista y exdirector del Banco de España en Cataluña". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ "La nominación de Rosón..." El País, 9/3/1978 (en castelán).
- ↑ 8,0 8,1 "Acuerdo de cooperación en materia de pesca marítima entre el Gobierno del Reino de España y el Gobierno del Reino de Marruecos". congreso.es (en castelán). 15 de febreiro de 1978. Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ 9,0 9,1 Vázquez Sola, Manuel (2008-01-13). "El político que nunca mandó". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-12-15.
- ↑ Ramos, Fernando (15 de decembro de 2021). "Fallece el economista y político Víctor Moro a los 95 años". laregion.es (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ 11,0 11,1 Ramos, Fernando (15 de decembro de 2021). "Fallece el economista Víctor Moro a los 95 años". atlantico.net (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ Jáuregui, Fernando (19 de maio de 1985). "Coalición Galega acepta la renuncia de Víctor Moro". elpais.com (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ González Martín, Gerardo (15 de xaneiro de 1978). "Víctor Moro, posible rival de Pío Cabanillas, a la presidencia de la Xunta". elpais.com (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ Redacción/EFE (11 de maio de 1985). "Víctor Moro formalizará". elpais.com (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ Alonso Quelle, J. "El pleno de Ribadeo aprobará el jueves los nombramientos de hijo predilecto y adoptivos". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 28 de agosto de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.