Poligal
Poligal S.A.U. | |
---|---|
Polipropileno de Galicia, Narón | |
Tipo | Sociedade Anónima Unipersoal |
Fundación | 1991 |
Matriz | Grup Peralada |
Localización | Avda. do Mar. Polígono da Gándara, Parc. 114-118 15407 Narón A Coruña Galicia |
Persoas clave | Arturo Varón Portillo (Director xeral) |
Industria | Plástico |
Produtos | Plástico para envoltorios |
Número de empregados | 180 (2011) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Poligal (Polipropileno de Galicia SA) é unha empresa galega fundada no polígono da Gándara, Narón (A Coruña) adicada á fabricación de película de polipropileno. Ten delegacións comerciais en Barcelona e Sevilla. E no estranxeiro en Alemaña, Francia, México e Portugal.
Historia
[editar | editar a fonte]Poligal (Narón) e Polipropigal (Portugal) son empresas do Grup Peralada. Poligal foi fundada en Narón en 1991. Dende 2017 ten fábrica en Polonia. O grupo Peralada é unha empresa familiar catalá e ten a súa orixe en 1904 coa marca Hispano Suiza adícase a diversos sectores como o lecer, o viño, a cultura e a industria[1].
Poligal fabrica plástico empregado en envoltorios en todo tipo de produtos comerciais ou sector alimentario. Poligal ten dúas liñas de produción cunha capacidate total de fabricación de 22.000 toneladas/ano das cales 6.500 toneladas son metalizadas en Narón.
A empresa pechou o exercicio de 2011 cunhas perdas de 8 millóns de euros[2].
Produtos
[editar | editar a fonte]Película de polipropileno biorientado (BOPP)
- Metalizado
- Transparente
- Pigmentado
- Mate
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web de poligal Arquivado 20 de xuño de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)
- Páxina web do Grup Peralada