El Alcance (Santiago de Compostela)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Alcance

Editar o valor em Wikidata
LocalidadeSantiago de Compostela
Na rede
Galiciana: 2701
editar datos en Wikidata ]

El Alcance foi un xornal editado en Santiago de Compostela de 1892 a 1898.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Diario católico, independiente, telegráfico. Defensor de los intereses morales y económicos de Galicia, apareceu a principios de decembro de 1892.[1] Fundado e dirixido por Antonio Fernández Tafall, editábase con censura eclesiástica. Os xoves publicaba o suplemento cultural Los Jueves de El Alcance. Editou un monográfico sobre Alfredo Brañas (1 de xuño de 1893), no que apareceron artigos de Manuel Murguía e Salvador Cabeza de León, e o discurso de Brañas pronunciado nos Xogos florais de Barcelona.

Segunda etapa[editar | editar a fonte]

Apareceu o 3 de febreiro de 1897, coa mesma tendencia católica e rexionalista conservadora. Foron os seus redactores Alfredo Brañas, Francisco Romero Blanco e Salvador Cabeza de León.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Lucense, 5-12-1892, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]