Urbanitas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°14′10″N 08°43′15″O / 42.23611, -8.72083

Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)

Urbanitas foi unha mostra colectiva comisariada por Carlota Álvarez Basso e Iñaki Martínez Antelo na sala exposicións da planta baixa do museo MARCO de Vigo en 2006. A exposición inaugurouse o 3 de febreiro e foi clausurada o 18 de xuño.

A exposición[editar | editar a fonte]

Urbanitas presentou o traballo de trinta novos artistas galegos nados a partir de 1970 creando unha panorámica da arte galega de principio do século XXI. A maior parte das obras entre as que se incluían esculturas, instalacións, pinturas murais, graffiti, instalacións sonoras, vídeos, fotografías ou debuxos foron producidas especificamente para esta mostra. Paralelamente, como parte do proxecto pero tamén como proposta expositiva en si mesma, o Espazo Anexo acolle a mostra Videourbanitas, na que se mostraban en continuidade os traballos en vídeo de varios dos artistas presentes na exposición[1].

[editar | editar a fonte]

Con motivo desta mostra, o MARCO editou un catálogo con biografías dos artistas participantes; textos de Xosé Manuel Lens, Silvia García e David Barro, entre outros; catálogo e imaxes de obras en exposición, así como textos e fotografías explicativos do proceso de produción. Co fin de incluír nesta publicación as intervencións creadas especificamente para a exposición, o catálogo publicouse ao finalizar a exposición[2].

Xeración Urbanita[editar | editar a fonte]

Pese a diversidade de intereses, propostas e a distinta procedencia e historial dos artistas participantes a escolla mostraba importantes puntos en común de tipo xeracional; só doce anos separaban ao artista máis novo do máis veterano. Outro punto de conexión visible foi a utilización dun amplo abano de comportamentos artísticos que reflicten un afastamento dos presupostos precedentes do Grupo Atlántica. Gran parte destes creadores formaba parte das primeiras promocións da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, motor dun contexto animado, desde os anos noventa, polo nacemento de novos espazos e iniciativas vinculadas á arte contemporánea en Galicia[3].

Artistas participantes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Una treintena de artistas muestran su obra en la muestra "Urbanitas" del MARCO". Faro de Vigo (en castelán). 03/02/06. Consultado o 24/10/2020. 
  2. "Urbanitas". Páxina web do MARCO. Consultado o 23/10/2020. 
  3. "El Marco respalda con «Urbanitas» a una nueva generación de artistas". La Voz de Galicia (en castelán). 03/02/2006. Consultado o 24/10/2020. 
  4. VV.AA (2006). URBANITAS. MARCO. ISBN 84-934364-5-3.