Iñaki Martínez Antelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Iñaki Martínez Antelo
Nacemento1969
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónartista
editar datos en Wikidata ]

Iñaki Martínez Antelo, nado en Santiago de Compostela en 1969, é o director do Museo de Arte Contemporánea de Vigo dende o 18 de novembro de 2005.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciado en Historia da Arte Contemporánea pola Universidade de Santiago, e máster en Estética e Teoría da Arte polo Instituto de Estética adscrito á Universidade Autónoma de Madrid.

Tras o seu paso polo Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela (1996-1998), foi coordinador de exposicións no Auditorio de Galicia (1998-2002) e coordinador de actividades culturais en Casa Asia, Barcelona (2002-2003). Dende o ano 2003, pouco despois da súa inauguración, desempeñou o cargo de Responsable de Exposicións do MARCO, ao que logo dirixiu.

É irmán do contrabaixista de jazz Xacobe Martínez Antelo.