Carme Nogueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarme Nogueira

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de decembro de 1970 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Salamanca
Facultade de Belas Artes de Pontevedra
campus de Pontevedra Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoQ9009020 Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónvideoartista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Carme Nogueira, nada en Vigo o 17 de decembro de 1970, é investigadora e artista multidisciplinar galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Salamanca e doutorada pola Universidade de Vigo. Na súa obra salienta a importancia dos procesos artísticos, os modelos de representación, a implicación do público e o urbanismo. Neste último eido, a súa obra explora a relación da arquitectura con outras disciplinas artísticas, como a videoarte.[1] Realizou residencias artísticas en diversos países e é autora de publicacións, artigos e conferencias sobre a representación e a identidade de xénero.[2]

Unha das súas primeiras obras videográficas foi 25 minutos 55 segundos diarios (2004), un relato sobre a invisibilidade do traballo doméstico, realizada no momento en que a súa obra viraba contorna ós Refuxios, construcións de cartón, espazos efémeros e baleiros que se converten, para a artista, en refuxios emocionais nos que crecer e que se poden encher con novos sentidos ‘como as apropiacións do espazo doméstico que transforman o sentido da arquitectura’.[3][4] Estes Refuxios son convertidos en pantallas en varias instalacións como a realizada en Próspera, unha intervención site-specific realizada no Instituto Cervantes de Pequín, que tivo a súa continuidade no Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO).

Os procesos de traballo marcan a traxectoria da súa obra, que vira ó redor do que a artista define como ‘obxectos de interpretación espacial’ que serven de ligazón ou diálogo co público ou ‘dispositivos de sala’ cando a narración transcorre nun espazo pechado.[5][6]

Aínda que dende o comezo da súa traxectoria artística o vídeo forma parte da súa obra, é a partir do 2010 cando empeza a utilizar o vídeo-performance, onde a artista se enfronta soa á cámara, gravando o que logo se converterá en instalación. Nestas obras é importante a interpretación de lecturas, relacionadas coa intervención, que a artista realiza a modo de visitas guiadas, utilizando, nalgúns casos, auto-guías que funcionan de forma paralela ó vídeo.

A obra de Carme Nogueira forma parte de varios Museos españois, como o Museo Raíña Sofía, o Musac[7] ou o CGAC[8][9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Teresa Cuíñas. "La artista Carme Nogueira investiga en Berlín el nuevo ‘centro’ de la ciudad". 
  2. "archivo". 
  3. Cinema e muller. "Carme Nogueira". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2017. Consultado o 26 de marzo de 2018. 
  4. Carme Nogueira. "Refúxios". 
  5. Carme Nogueira. "Obxectos de interpretación espacial". 
  6. Carme Nogueira. "Dispositivos de sala". 
  7. Laboratorio 987. "Castillete". 
  8. José luis Estévez. "El CGAC compra piezas en Arco para su colección por cerca de 100.000 euros". 
  9. Museo Reina Sofia. "Rotterdamweg".