Tullimonstrum gregarium

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tullimonstrum gregarium
Rango fósil: 311 Ma-306 Ma
Pennsilvaniano (do Moscoviano ao Kasimoviano),

Espécime de Tullimonstrum gregarium mostrando estruturas pedunculadas
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa

Clado: ParaHoxozoa
Clado: Bilateria

Xénero: Tullimonstrum
Richardson, 1966
Especie tipo
Tullimonstrum gregarium
Richardson, 1966
T. gregarium (parte e contraparte).

Tullimonstrum gregarium, tamén coñecido como Monstro de Tully, foi un fósil de vertebrado mariño de aparencia única atopado no estado estadounidense de Illinois que viviu en augas dos estuarios tropicais durante o período Carbonífero, hai aproximadamente 300 millóns de anos. Medía uns 30 centímetros e ten hoxe en día as lampreas como os seus "parentes" evolutivos máis próximos.[1] [2]

Descrición[editar | editar a fonte]

A primeira vista, a especie parece superficialmente a unha lesma. A criatura ten un apéndice longo e fino que remata no que parece ser un par de garras, ou a súa boca. Despois están os seus ollos, que se proxectan para fóra do seu corpo en talos tubulares. Foron moitos os intentos de clasificalo, a maioría dos estudos levaron á aparición dalgunhas das súas características máis importantes. Estes inclúen unha característica lineal do fósil interpretada como evidencia dun intestino, e as peculiares garras de agarre da súa boca. O corpo do T. gregarium é tan atípico que ampliará a diversidade de calquera familia ao que pertenza, cambiando a forma de pensar sobre ese grupo de animais.

Restos fósiles[editar | editar a fonte]

A formación fósil deste xacemento é infrecuente. Cando as criaturas morreron, axiña foron enterradas en terra calcaria. As bacterias que comezaron a descompoñer os restos animais e vexetais na lama ou no lodo produciron o dióxido de carbono nos sedimentos arredor dos restos. O CO2 en combinación co ferro das augas subterráneas ao redor dos restos deu lugar á formación de nódulos incrustantes de siderita (mineral de ferro) que crearon un molde duro permanente do animal que pouco a pouco se foi deteriorando, deixando unha película de carbono no sedimento. O Tullimonstrum foi atopado nunha concreción en Mazon Creek (Carbonífero Superior).

A combinación dun soterramento rápido e a rápida formación de siderita deu lugar a un excelente estado de conservación dos animais e plantas que acabaron na lama. Como resultado, os fósiles de Mazon Creek son un dos depósitos máis importantes do mundo en canto a conxuntos de fósiles.

Nome[editar | editar a fonte]

O coleccionista afeccionado Francis Tully atopou o primeiro destes fósiles en 1958. Levou a criatura estraña ao Field Museum of Natural History, pero os paleontólogos aínda seguen coa dúbida de que a que phylum é que pertence. En 1989 Tullimonstrum foi designado oficialmente como fósil estatal de Illinois.

Novos descubrimentos[editar | editar a fonte]

Un estudo publicado na revista Proceedings of the Royal Society B: Biological Sciences afirma que esta criatura en realidade non ten columna vertebral, senón que se parece máis a un polbo ou a unha lura xigante, co cal o que se sabía de Tully púxose en dúbida. O traballo máis recente, dirixido polos doutores Chris Rogers e Maria McNamara da University College Cork, analizou os produtos químicos presentes nos ollos do animal e refutou esta hipótese.[3][4] Os investigadores utilizaron un acelerador de partículas para determinar as proporcións dos elementos nos ollos da criatura e puideron establecer unha comparación co antigo Tullimonstrum. Os resultados suxiren que a disposición dos melanosomas (órganos pequenos nos ollos dos animais prehistóricos) era moito máis semellante aos invertebrados modernos que aos vertebrados modernos; a investigación de 2016 argumentou que o animal debería agruparse cos vertebrados porque os seus ollos conteñen gránulos de pigmento (melanosomas), organizados por forma e tamaño do mesmo xeito que os ollos dos vertebrados. Pero outras investigacións demostran que os ollos dalgúns invertebrados, como o polbo e a lura, tamén conteñen melanosomas divididos dun xeito similar aos ollos de T. gregarium, e que tamén se poden conservar en fósiles.[4]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Reuters (21/03/2016). "Após 60 anos, estudo desvenda mistério sobre 'monstro Tully'". Ciência e Saúde - G1.globo.com (en portugués). Consultado o 22 de marzo de 2016. 
  2. Victoria E. McCoy, Erin E. Saupe, […] (16/03/2016). "The ‘Tully monster’ is a vertebrate". Nature.com (en inglés). Consultado o 22 de marzo de 2016. 
  3. "Este extravagante dinosaurio es un misterio arqueológico: los expertos no saben ni si tenía huesos". MSN (en castelán). Consultado o 2023-03-20. 
  4. 4,0 4,1 Rogers, Chris. "The mysterious 'Tully Monster' fossil just got more mysterious". The Conversation (en inglés). Consultado o 2023-03-20. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]