Siderita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Siderita
SideriteBresil2.jpg
Siderita coa súa típica cor parda
Fórmula química: FeCO3
Clase: Carbonatos
Subclase:
Sistema cristalino: Romboédrico
Cor: Parda e amarela
Brillo: Vítreo
Dureza: 4-4,5
Fractura: Regular
Exfoliación: Perfecta, en romboedros
Raia: Branca
Densidade: 3,7-3,9 g/cm3

A siderita (do grego sideros que significa ferro) é un mineral da clase dos carbonatos cuxa fórmula química é FeCO3 (contén o 62% de FeO).

Aspecto[editar | editar a fonte]

A siderita preséntase en forma de cristais de forma romboédrica dunha coloración parda e a miúdo tamén en agregados amorfos e masivos.

Lugares onde se atopa[editar | editar a fonte]

A siderita atópase nas rochas volcánicas, en zonas sedimentarias e como ganga en xacementos de filóns hidrotermais. Acostuma a estar asociada á barita, á calcita e a minerales metalíferos.

É un mineral moi abundante en España. Podémolo atopar en Ribadeo (Lugo).

Usos da siderita[editar | editar a fonte]

Debido a súa composición a siderita utilízase para a extracción de ferro.

Propiedades[editar | editar a fonte]

Disólvese con facilidade en ácido clorhídrico.

Outros carbonatos[editar | editar a fonte]

Outros carbonatos de importancia son:

A calcita, a aragonita e a malaquita.