David Purley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDavid Purley

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) David Charles Purley Editar o valor em Wikidata
26 de xaneiro de 1945 Editar o valor em Wikidata
Bognor Regis, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte2 de xullo de 1985 Editar o valor em Wikidata (40 anos)
Bognor Regis, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte accidental Editar o valor em Wikidata (Accidente ou incidente de aviación Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaSt Nicholas' Church, West Itchenor (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónSeaford College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un , aerobatics pilot (en) Traducir , piloto de automobilismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Británico Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Vehículo empregado
-Token F1
-LEC Refrigeration Racing Editar o valor em Wikidata
Premios

Find a Grave: 13641521 Editar o valor em Wikidata

David Charles Purley, GM, nado en Bognor Regis (West Sussex) o 26 de xaneiro de 1945 e finado na mesma vila o 2 de xullo de 1985, foi un piloto de automobilismo inglés. Participou en 11 Grandes Premios do Campionato do Mundo de fórmula 1, debutando no Gran Premio de Mónaco de 1973.

Purley é máis coñecido polas súas accións no Gran Premio dos Países Baixos de 1973,[1] onde abandonou a súa propia carreira e intentou salvar a vida do seu compañeiro piloto Roger Williamson, cuxo coche estaba envorcado ao revés e encendido tras un grave accidente. Purley recibiu a George Medal pola súa valentía no intento de salvar a Williamson, que se asfixiaba no incendio.

Durante a cualificación previa para o Gran Premio do Reino Unido de 1977, Purley sufriu múltiples fracturas óseas despois de que o acelerador do seu automóbil se bloqueara e batera contra un muro. A súa desaceleración de 173 km/h a 0 nunha distancia de 66 cm é unha das maiores forza Gs sobrevividas nun bloqueo. Non logrou puntos de campionato durante a súa andaina na Fórmula Un. Morreu nun accidente de avión, logo de retirarse do automobilismo e dedicarse á acrobacias aérea, en 1985.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O pai de Purley foi Charles Purley, fundador de LEC Refrigeration. Os certificados de nacemento e de morte demostran que o nome do seu pai era orixinalmente Puxley pero el preferiu o nome de Purley.[2] A súa nai era galesa, nacendo no pequeno pobo de Cwmfelinfach. David foi ao colexio Seaford College e despois a Dartington Hall School en Devon.

Carreira[editar | editar a fonte]

Logo de pasar un tempo como oficial no Exército británico (serviu co Rexemento paracaidista en Aden, Iemen), e logo carrendo en varias series cun AC Cobra e un Chevron, Purley correu na Fórmula Tres con éxito, incluíndo tres vitorias en Chimay entre 1970 e 1972.

En 1972, Purley foi un dos dous únicos pilotos que intentaron pilotar o coche de Gran Premio Connew na súa configuración orixinal de Fórmula Un. Inscribiuse ao final da tempada na World Championship Victory Race en Brands Hatch pero non comezou. Purley pedira un interruptor eléctrico "de desconexión" para instalalo no volante, pero fallou na volta de quecemento, o motor parouse e o coche foi retirado.[3]

En 1973, Purley contratou un March e, con apoio da compañía de refrixeración da súa familia, realizou un intento fracasado na Fórmula Un.

Escena do accidente mortal de Williamson con Gijs van Lennep pasando.

No Gran Premio dos Países Baixos de 1973, ao presenciar un accidente que deixou ao seu compañeiro o piloto británico Roger Williamson atrapado no seu coche envorcado e ardendo, Purley abandonou a carreira e intentou salvar a Williamson, que estaba participando na súa segunda carreira de Fórmula Un. Purley recordou que ao chegar á escena, oíu a Williamson pedindo axuda cando o lume comezou a expandirse. Os esforzos de Purley para enderezar o coche e extinguir as chamas foron inútiles, xa que non recibiu axuda dos comisarios de pista nin dos traballadores de emerxencia, a pesar das chamadas de axuda a eles e a outros pilotos, para que o axudasen. Williamson morreu de asfixia. Os comisarios non vestían ropa resistente ao lume e os pilotos que pasaban supoñían que Purley estaba intentando apagar o seu propio coche, logo de escapar do lume do accidente ileso.

Unha secuencia de fotos tomadas polo fotógrafo Cor Mooij do accidente gañou a categoría de secuencias de fotos da World Press Photo.[4] Máis tarde, Purley recibiu a Medalla George polo seu intento de rescate. A historia e as imaxes do intento de rescate aparecen nun documental de 2010 da BBC titulado "Grand Prix: The Killer Years".

Ademais dunha participación única co Token no Gran Premio do Reino Unido de 1974, Purley quedou fóra da Fórmula Un durante algúns anos, preferindo competir na Fórmula 2 pilotando Chevrons e Marchs para o millonario Bob Harper baseado en Hong Kong e na Fórmula 5000 onde gañou o Campionato Británico en 1976 nun Chevron impulsado polo Motor V6 Cosworth GA de 3.4 litros.

En 1974, Purley gañou os Brighton Speed ​​Trials pilotando un Trojan-Chevrolet T101, gañando novamente o ano seguinte nun Chevron-GA B30. Volveu á Fórmula Un en 1977 co seu propio chasis LEC deseñado por Mike Pilbeam e pilotado por Mike Earle.[5] Foi este coche no que sufriu feridas graves nun accidente durante a práctica do Gran Premio do Reino Unido de 1977. Sobreviviu a 179´8 g cando desacelerou de 173 km/h a 0[5] nunha distancia de 66 cm.[Cómpre referencia] despois de que o seu acelerador quedase bloqueado e baer conta un muro. Esta foi a maior medida de forza g soportada con vida por un ser humano (ata que en 2003 o sistema de rexistro de violencia de Kenny Bräck marcou 214 g).[5][6] Purley sufriu múltiples fracturas nas súas pernas, pelvis e costelas.[5] Purley recuperouse para competir de novo nas carreiras aínda que confinou as súas actividades á serie menor de carreiras de Fórmula 1 Aurora AFX en Gran Bretaña. Despois da súa decisión de abandonar o automobilismo, Purley dedicouse a acrobacia aérea.

Morte[editar | editar a fonte]

Morreu o 2 de xullo de 1985 cando o seu biplano aerobático Pitts Special estrelouse na Canle de Inglaterra fronte a Bognor Regis.[7] Está enterrado no cemiterio da Igrexa de San Nicolás, West Itchenor, preto de Chichester.[8]

Legado[editar | editar a fonte]

Os restos estrelados do LEC CRP1 de Purley e o seu substituto exhibíronse na Donington Grand Prix Exhibition ata o ano 2011. Desde entón foron restaurados e agora compiten nas carreiras históricas de Fórmula Un.[9]

Monumento ao piloto de carreiras David Purley GM 1945-1985

Un memorial de David Purley, en forma dunha escultura do artista británico Gordon Young, erixiuse en 2017 preto do sitio da antiga fábrica LEC de Bognor Regis. Conten as palabras que aparecen na lápida da súa tumba en Itchenor: "Desapareceu o teu ansioso sorriso, cabeza alta e paso de soldado, gravado no ceo polo teu elegante estilo e gravado na terra polo teu orgullo"

Rexistro de carreiras[editar | editar a fonte]

Resultados completos no campionato de Europa de Fórmula 2[editar | editar a fonte]

(clave) (Carreiras en grosa indican pole position; carreiras en italica indican volta rápida)

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 Pos. Pts
1972 LEC Refrigeration Racing March 722 Ford MAL
8
THR
Ret
HOC
NTS
PAU
3
PAL
Ret
HOC
Ret
ROU
NC
ÖST
12
IMO
Ret
MAN
NSC
PER SAL ALB
NSC
HOC 19th 4
1974 Team Harper March 742 BMW BAR HOC
15
PAU
7[10]
13
Chevron B27 Ford SAL
2
MUG
Ret
BMW HOC
14
KAR
Ret
PER
2
HOC
11
VAL
10
1975 Masami Kuwashima Racing March 752 BMW EST THR HOC NÜR PAU HOC
Ret
SAL ROU MUG PER SIL ZOL NOG VAL NC 0

Resultados completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Pos. Pts.
1973 LEC Refrigeration Racing March 731 Ford Cosworth DFV 3.0 V8 ARX BRA RSA ESP BEL MON
Ret
SWE FRA GBR
NTS
NED
Ret
ALE
15
AUT ITA
9
CAN USA NC 0
1974 Token Racing Token RJ02 Ford Cosworth DFV 3.0 V8 ARX BRA RSA ESP BEL MON SWE NED FRA GBR
NSC
ALE AUT ITA CAN USA NC 0
1977 LEC Refrigeration Racing LEC CRP1 Ford Cosworth DFV 3.0 V8 ARX BRA RSA USW ESP
NSC
MON BEL
13
SWE
14
FRA
Ret
GBR
NSCP
ALE AUT NED ITA USA CAN XPN NC 0

Resultados completos nas Shellsport International Series[editar | editar a fonte]

(clave) (nota: resultados en grosa indican pole position; resultados en italica indican volta rápida)

ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 Pos. Pts
1976 LEC Refrigeration Racing Chevron B30 Cosworth GA 3.4 V6 MAL
1
SNE
4
OUL
4
BRH
2
THR
1
BRH
1
MAL
1
SNE
6
BRH
1
THR
Ret
OUL
5
BRH
8
BRH
1
188

Resultados completos no campionato británico de Fórmula 1[editar | editar a fonte]

(clave) (nota: resultados en grosa indican pole position; resultados en italica indican volta rápida)

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 Pos. Pts
1979 Onyx Race Engineering LEC CRP1 Ford Cosworth DFV 3.0 V8 ZOL OUL BRH MAL SNE THR ZAN DON OUL NOG MAL BRH
Ret
THR
10
17º 4
Shadow DN9 SNE
4
SIL
9

Notas[editar | editar a fonte]

  1. David Tremayne, Racers Apart: Memories of Motorsport Heroes, MRP, 1991, p.293
  2. see 'Discussion' for BMD information.
  3. Lawrence, Mike (August 1986). "The story of the Connew GP car". Motor Sport magazine archive. Consultado o 22 de maio de 2015. 
  4. 1974 World Press Photo, Photo Sequences, 1st Prize
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "Drivers: David Purley". grandprix.com. Consultado o 3 de xaneiro de 2015. 
  6. "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2013. Consultado o 2013-07-23. 
  7. "Air Accidents Investigation Branch report". Gov.UK. UK Government Digital Service. Consultado o 8 de xuño de 2017. 
  8. "David Purley Grave". findagrave.com. Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  9. Brown, Allen. "Lec CRP1 car-by-car histories". oldracingcars.com. Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  10. Recibiu un punto de campionato xa que aínda que Tim Schenken terminou por diante non podía puntuar

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Tremayne, David (1991). Racers Apart: Memories of motorsport heroes (en inglés). Reino Unido: Motor Racing Publications Ltd. p. 293. ISBN 0-947981-58-6. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]