Microcoche

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
BMW Isetta, un dos microcoches máis famosos.

Un microcoche é un automóbil especialmente pequeno. Úsanse varias definicións, incluíndo "menos de 3 m de lonxitude" e "menos de 2.400 l de volume interior". Tipicamente, os microcoches teñen asentos para o condutor e un pasaxeiro e moitos teñen soamente tres rodas.

O aforro que xera un destes coches a miúdo viuse incrementado polo feito de que os microcoches de tres rodas tiñan un tratamento de motocicleta a nivel fiscal e de seguro. En anos recentes sufriron un rexurdimento para o seu uso en cidades con moitísimo tráfico.

Orixe[editar | editar a fonte]

Este tipo de coches adoita deseñarse e fabricarse por razóns económicas, cando as materias primas ou os carburantes son escasos e caros. Moitos microcoches foron deseñados en Europa trala Segunda Guerra Mundial, particularmente en Alemaña, onde as antigas fábricas de avións como Messerschmitt e Heinkel convertéronse en importantes fabricantes de microcoches. Os Messerschmitt KR175 e KR200 ata tiñan teitos que eran semiesferas de cristal ao estilo dos avións, o que deu orixe ao nome de coches burbulla para referirse a todos estes microcoches da posguerra. Francia tamén produciu un gran número de microcoches chamados voiturettes, pero ao contrario que os alemáns, non se venderon noutros países. Os deseños europeos caracterízanse polos seus deseños estraños e as súas solucións innovadoras.

En España produciuse así mesmo unha explosión de modelos na posguerra, sendo o máis famoso o Biscuter.

Coches moi pequenos foron igualmente populares en Xapón, onde de novo víronse beneficiados a nivel fiscal en comparación con outros tipos de coches. Estes vehículos, coñecidos como keicars, difiren dos deseños europeos en que parecen versións reducidas de automóbiles de turismo, sendo máis similares aos do segmento A.

O Smart Fortwo, lanzado en 1998, podería considerarse unha reinvención do principio do microcoche que terá éxito. Como os keicars xaponeses, é de deseño convencional. O Renault Twizy, cuxa produción comezou en 2011, é un microcoche urbano de gran difusión, que ten a característica de ser eléctrico.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]