Troianas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Troianas
Autor/aEurípides
LinguaGrego antigo
Xénero(s)traxedia grega
editar datos en Wikidata ]

As Troianas (en grego antigo, Τρωάδες) é unha traxedia escrita por Eurípides, presentada no ano 415 a.C. Narra o tráxico destino que agarda ás mulleres troianas tras o remate e a consecuente vitoria do bando aqueo. O tema que subxace é o sufrimento humano dos vencidos, non só na Guerra de Troia, senón extrapolable a todas as guerras en xeral do mundo grego.

Contexto histórico[editar | editar a fonte]

As Troianas forma parte da tetraloxía formada polas outras dúas traxedias Alexandre e Palamedes e o drama satírico Sísifo. Foi presentada nas Grandes Dionisias na 91 Olimpíada, no ano 415 a.C. Eurípides quedou no segundo posto, despois de Xénocles.[1] Neste momento, Atenas estaba realizando unha expedición en Sicilia mentres que se desenvolvía a segunda guerra do Peloponeso (431-404 a.C.). Atenas estaba en guerra con Esparta, un conflito baseado nos seus distintos puntos de vista políticos e militares, o que situaba a Atenas baixo unha gran presión no ano da representación, que se ve reflectido nesta obra.[2]

A obra constitúe unha representación da realidade contemporánea e, a pesar da súa ambientación en Troia, pódese ver un reflexo do trato dos atenienses sobre os vencidos na guerra.

Mito e Argumento[editar | editar a fonte]

Esta obra está inspirada na gran guerra da tradición grega: a Guerra de Troia. Este conflito bélico entre aqueos e troianos foi causado, segundo a tradición mítica, polo rapto de Helena por parte do príncipe troiano Paris. As tropas aqueas, comandadas por Menelao (o marido de Helena) e o seu irmán Agamenón, loitaron durante dez anos contra os troianos, obtendo finalmente a vitoria. Tras introducir os gregos un cabalo de madeira no que agardaban escondidos os guerreiros aqueos, os troianos son asaltados dende o interior da súa propia cidade. Os gregos saquean e queiman Ilión, matando aos inimigos.

A traxedia comeza en este punto, Posidón e Atenea falan de destruír o exército aqueo como resultado dos seus crimes: por unha parte Príamo é asasinado no altar de Zeus Herceo a mans de Neoptólemo, o fillo de Aquiles. Por outra parte, Casandra foi ultraxada e arrastrada fóra do templo de Atenea por Aiax o Menor.Ao voltaren ao campamento, proceden a facer un sorteo coas mulleres troianas que capturaron con vida, para que sirvan como escravas ou concubinas. Este fragmento do final da guerra poderíase dicir que é o argumento principal da traxedia de Eurípides, que expón os terribles destinos das mulleres troianas, despoxadas dos seus títulos e dereitos. Eurípides usa a Hécuba como principal portavoz das desgrazas que acaecen á estirpe de Príamo.

A pesar de ter unha temática épica como é a guerra de Troia, esta traxedia alónxase das obras de Homero; en lugar de ter figuras masculinas e heroicas, As Troianas ten como personaxes principais a mulleres. Os homes son despoxados dos valores homéricos, como gloria ou renome, e son tratados como os antiheroes, executanto accións caretentes de moral como o asasinato de Astianacte ou a escravitude das troianas.[3]

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Atenea e Posidón: ambos deuses dialogan ao comezo da obra para situar ao espectador; narran os acontecementos do remate da guerra previos á repartición das troianas.
  • Hécuba: muller de Príamo, nai de Héctor, Políxena, Casandra e Paris; Mentres que agarda o seu destino, contempla a repartición do resto das mulleres. Presencia como separan a Astianacte, o seu neto, das mans da súa nai Andrómaca para guindalo polas murallas de Troia. Ao final, encárgaselle a preparación dos seus restos para o funeral.
  • Taltibio: mensaxeiro troiano que se encarga de levar as nefastas noticias a Hécuba.
  • Casandra: filla de Hécuba e Príamo. Na tradición mítica grega foille dado o don da adiviñación por Apolo. É entregada a Agamenón como concubina e vaticínalle o seu tráxico destino cando volva ao seu fogar.
  • Menelao: irmán de Agamenón, esposo de Helena. Leva ás tropas gregas a Troia e recuperar á súa cónxuxe raptada.
  • Helena: esposa de Menelao, foi raptada por Paris, o que resultou na guerra de Troia.
  • Coro: formado polas troianas capturadas

Partes da Traxedia[editar | editar a fonte]

Prólogo (vv. 1-152)[4][editar | editar a fonte]

Ao comezo os deuses Atenea e Posidón falan sobre os sucesos de Troia e o futuro que lles espera aos gregos agora que rematou a guerra. Despois do diálogo entre os deuses toma a palabra Hécuba, que se lamenta do tráxico destino dos troianos.

Párodos (vv. 153-229)[5][editar | editar a fonte]

Comeza cun diálogo entre Hécuba e o coro; as troianas laméntanse pola súa inminente partida ao continente grego e pola súa escravitude, ao non saberen aínda a que guerreiro grego lles corresponderá cada unha.

Primeiro episodio (vv. 230-510)[6][editar | editar a fonte]

Entra Taltibio na escena, un dos mensaxeiros dos gregos, que vai informar a Hécuba dos donos aos que serán destinadas ela e máis as súas fillas; por unha parte Casandra é prometida a Agamenón, por outra parte Andrómaca tócalle ao fillo de Aquiles, Neoptólemo, e por último Hécuba é destinada a Odiseo. Taltibio non quere darlle a noticia de que Políxena foi asasinada na tumba de Aquiles, polo que disfraza a verdade e Hécuba non é consciente de que faleceu. Entra Casandra en escena para ser conducida ás naves gregas. Casandra ten o don de adiviñar o futuro, recibido do propio Apolo, pero co castigo de que ninguén a cre. Polo tanto, portando nas mans un facho para o rito nupcial, parece feliz polo seu casamento, porque vaticina a morte de Agamenón a mans da súa esposa ao volver á casa.

Primeiro estásimo (vv. 511-567)[7][editar | editar a fonte]

Narra o engano feito polos gregos para poder atacar á cidade de Troia. Os guerreiros aqueos agóchanse dentro dun cabalo de madeira, que deixan na praia. Os troianos, pensando que os gregos marchara, suben o cabalo e gárdano dentro da cidade. Ao caer a noite, os gregos saen do seu agocho e arrasan coa cidade, aproveitando que os troianos durmindo.

Segundo episodio (vv. 568-798)[8][editar | editar a fonte]

Diálogo entre Hécuba e Andrómaca; Andrómaca fala da súa penosa circunstancia, pois o seu marido está morto e a súa cidade destruída, ademais do seu destino como concubina de Neoptólemo (fillo de Aquiles). Hécuba ten como esperanza que Troia renazca cos fillos do seu neto, Astianacte, pero estes desexos son en van poies os gregos deciden guindar a Astianacte pola muralla de Troia para que non poida vingarse nun futuro. Por outra banda, Andrómaca cóntalle a Hécuba que a súa filla Políxena tocoulle a Aquiles, e ao estar xa morto en combate, dególana na súa tumba.

Segundo estásimo (vv. 799-859)[9][editar | editar a fonte]

Fala dun ataque previo a Troia, realizado por Telamón, o rei de Salamina. Este tamén queimou Troiae derrubou as murallas.

Terceiro episodio (vv. 860-1059)[10][editar | editar a fonte]

Ocorre como un xuízo, no que Menelao é o xuíz, Helena é a acusada e a súa propia defensora e Hécuba é a demandante. Helena foi entregada a Menelao para que a matase ou a levase de volta a Grecia, pero este prefire agardar ao regreso para ofrecer a súa morte como ofrenda aos caídos en Troia. Por outra parte, Hécuba culpa a Helena das desgrazas acaecidas en Troia, e quere que reciba un castigo polos seus actos. Helena deféndese botándolle a culpa a Hécuba, pois a fin de contas ela é a nai de Paris, o cal xa fora vaticinado como destructor da súa cidade. O seu rapto tamén foi culpa de Paris, pois cando lle preguntan quen é a diosa máis fermosa responde que Afrodita, a cal lle prometera como regalo á muller máis fermosa de toda a Hélade, é dicir, Helena. Ao final, Menelao decide levala a Grecia de volta para alí matala.

Terceiro estásimo (vv. 1060- 1117)[11][editar | editar a fonte]

As troianas laméntanse do seu destino, arrastradas aos barcos aqueos, afastadas da súa casa e cos seus seres queridos mortos.

Éxodo (vv. 1118- 1332)[12][editar | editar a fonte]

Taltibio lévalle a Hécuba o corpo sen vida de Astianacte para que o prepare para o seu enterramento. Hécuba ten que marchar como escrava de Odiseo, laiándose ao ver arder a súa cidade.

Influencia homérica[editar | editar a fonte]

A figura central principal das Troianas é, sen dúbida, Helena, unha personaxe moi importante na épica homérica, especificamente na Ilíada e na Odisea.[13]

Na Ilíada, Helena menciónase con bastante frecuencia pero aparece pouco como personaxe. Nesta versión, vemos a Helena como unha muller doliente que se culpa do ocurrido na guerra.

Na Odisea, Helena ten un papel aínda máis anecdótico. Só é mencionada no discurso de Menelao onde, aínda que se describe coma unha grande anfitrioa, deixa en evidencia o seu carácter enganoso e ambiguo.

Námbolos dous poemas, Helena é unha figura polémica e que, para a importancia que ten a personaxe, aparece con bastante pouca frecuencia. Homero plantea entón a cuestión de se é ela a causante do conflito entre os troianos e os aqueos.

Eurípides recupera esta pregunta tan polémica e fai que Helena, antes relegada a un papel secundario, tome o foco para poder defenderse no agón con Hécuba. Tamén doulle a este enfrontamento un xiro no estilo asemellándolo máis ao estilo retórico propio de Atenas no século V a.C. en lugar ao estilo clásico da épica.[14]

Recepción[editar | editar a fonte]

Eurípides ofreceu con esta obra unha percepción radicalmente distinta o que viuse anteriormente noutros autores gregos.

Eurípides toma o concepto da guerra dunha forma crúa e devastadora facendo ás máis afectadas pola traxedia, as mulleres troianas, como protagonista. Aínda sendo unha obra sobre un relato mítico, as consecuencias e os dolores retratados na obra nunca foron máis reales. Expresa que na guerra ámbolos dous lados sufren e perden a moralidade.[15]

Esta obra estreouse xusto antes da expedición militar grega a Sicilia durante a Guerra do Peloponeso. Isto, xunto co tema un tanto controversial e a visión bastante particular de Eurípides, fixo que o público xeral tivera unha opinión desfavorable da obra e que Eurípides non ganara o certame.

A adaptación máis importante das Troianas foi, sen dúbida, a do filósofo romano Séneca, un dos principais representantes do estoicismo. Séneca deulle un xiro á obra cunha clara intención propagandística. A diferenza da obra orixinaria de Eurípides, esta adaptación non é unha crítica á guerra e ás súas consecuencias, senón case como unha obra didáctica sobre como comportarse en situacións extremas. Esta versión bebe moito da filosofía estoica, filosofía moi adecuada para guerreiros e líderes. [16] Esta nova perspectiva á obra de Eurípides fixo que os romanos apreciaran moito máis a obra que os gregos.

O tempo foi máis amable coas Troianas ca os seus contemporáneos. Durante todo o século XX, diferentes autores inspiráronse na obra de Eurípides para a súa propia produción literaria. Algúns deles incluso adaptando a propia traxedia aos seus propios tempos e cada un co seu propio estilo particular.

A primeira adaptación das Troianas no século XX, foi da man de Gilbert Murray en Trojan Women. Nela, víase unha clara crítica á Guerra dos Boéres que estaba ocurrendo en Reino Unido. Foi un dos primeiros que puido conseguir que as traxedias gregas se sentiran relevantes respecto á política da época dende os romanos.[17]

Seguindo a súa estela, o filósofo francés Jean-Paul Sartre, adaptou a obra para recuperar ese sentimento anti-bélico debido á guerra de Alxeria.[18] Esta pode ser a adaptación máis famosa do século, seguramente debido non tanto á calidade da adaptación como á fama do propio pensador.

Esta visión de utilizar o teatro clásico grego coma un medio de crítica á política actual estivo moi presente en case todas as adaptacións desta obra no século XX. Outro autor destacable neste tipo de adaptacións das Troianas é Tony Harrison con Common Chorus II. Adaptación dos anos 80 onde se ve claramente unha clara intención política sobre a Guerra de Israel.[19]

A finais de século, xurdiron tamén un sen número de mulleres que decidiron adaptar tamén esta obra cunha intención de concienciación social e política. Unha delas foi Ellen McLaughin con Trojan Women: a love story, quen adaptou a obra arredor de 1995, en pleno da Guerra de Iugoslavia.[20]

Aínda que a maior parte das adaptacións de Troianas nesta época fixéronse pensando nos conflitos do momento e tiñan unha gran carga sociopolítica, non todas foron así. En concreto, caben destacar a dous autores que utilizaron a obra coma unha canle para revolucionar o teatro non coma medio, senón coma arte: Andrei Serban con Fragments of a Greek Trilogy e Tadashi Suzuki con Trojan Women.[21]

Tamén tivo unha adaptación cinematográfica en 1971 dirixida por Michael Cacoyannis e protagonizada por Katharine Hepburn como Hécuba. Foi moi aclamada tanto polo público como pola crítica. Unha ironía moi doce comparada coa recepción da obra nos tempos de Eurípides.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Eurípides (1978). Tragedias II, Suplicantes, Heracles, Ion, Las Troyanas, Electra, Ifigenia entre los tauros. Gredos Editorial S.A., páxinas do prólogo das Troianas, p. 215-223
  2. Goff, Barbara (2009), Euripides, Trojan women, Duckworth, Londres, p. 17-22
  3. Goff, Barbara (2009), Euripides, Trojan women, Duckworth, Londres, p. 21-27
  4. Eurípides (2018), pp. 121-152
  5. Eurípides (2018), pp. 153-162
  6. Eurípides (2018), pp. 163-206
  7. Eurípides (2018), pp. 207-216
  8. Eurípides (2018), pp. 216-250
  9. Eurípides (2018), pp. 250-261
  10. Eurípides (2018), pp.251-291
  11. Eurípides (2018), pp. 291-301
  12. Eurípides (2018), pp. 301-335
  13. Diana L. Frenkel (2017). Tales son sus encantos. Helena en Homero y Troyanas de Eurípides. Universidad CatólicaArgentina. Facultad de Filosofía y Letras. Instituto de estudios grecolatinos "Prof. F. Nóvoa", p. 88-94
  14. Ethel Beatriz Junco de Calabrese (2016). La expiación femenina de la guerra en las Troyanas de Eurípides. Universidad Panamericana. https://www.scielo.org.mx/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S2007-25382016000200125
  15. Carlos García Gual. Los persas de Esquilo y Las troyanas de Eurípides. DiálogosKMK, p. 1-3
  16. F.H. Sandbach (1898). The Stoics. Bristoll Press, Londres., p. 127
  17. Goff, Barbara (2009), Euripides, Trojan women, Duckworth, Londres, p. 78
  18. Ricardo Domenéch (1965). ¿Por qué «Las Troyanas»?. Cuaderno Hispanoamericano n. 185, p. 402-406
  19. Goff, Barbara (2009), Euripides, Trojan women, Duckworth, Londres, p. 91-104
  20. Goff, Barbara (2009), Euripides, Trojan women, Duckworth, Londres, p. 109-115
  21. Goff, Barbara (2009), Euripides, Trojan women, Duckworth, Londres, p. 86-87

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • EURÍPIDES. (1978). Tragedias II, Suplicantes, Heracles, Ion, Las Troyanas, Electra, Ifigenia entre los tauros. Gredos Editorial S.A.
  • Euripides (2018). Kovacs, David, ed. Troades (en inglés). Oxford University Press. ISBN 9780199296156. 
  • GOFF, Barbara (2009). Euripides, Trojan women. Duckworth, Londres
  • GARCÍA GUAL, Carlos. Los persas de Esquilo y Las troyanas de Eurípides. DialogosKMK.
  • FRENKEL, Diana L. (2017). Tales son sus encantos. Helena en Homero y Troyanas de Eurípides. Universidad CatólicaArgentina. Facultad de Filosofía y Letras. Instituto de estudios grecolatinos "Prof. F. Nóvoa"
  • JUNCO DE CALABRESSE, Ethel Beatriz (2016). La expiación femenina de la guerra en las Troyanas de Eurípides. Universidad Panamericana. https://www.scielo.org.mx/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S2007-25382016000200125
  • SANDBACH, F.H. (1898). The Stoics. Bristoll Press, Londres.
  • DOMENÉCH, Ricardo (1965). ¿Por qué «Las Troyanas»?. Cuaderno Hispanoamericano n. 185