Sísifo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Perséfona supervisando a Sísifo no inframundo. Ánfora ática do 530 a.C.

Sísifo, na mitoloxía grega, foi rei de Éfira, así como home de Mérope. Fillo de Eolo e Enarete, foi o pai de Odiseo, con Anticlea; e tamén de Glauco coa súa dona.

Estaba considerado o máis astuto entre os homes, e así cando a Morte (Tánatos) chegou na súa procura, decidiu apresala con grillóns, xa que logo ninguén morreu no Mundo ata que a liberou Ares, enviando a Sísifo ao Hades. Antes de marchar díxolle á súa muller que non fixera ofrendas aos deuses pola súa morte, e así ao chegar e verificar que a súa muller cumpría o encargo, convenceu a Hades para poder volver ao mundo dos vivos para convencela. Pero unha vez de regreso xa non quixo regresar ata que o veu buscar Hermes para devolvelo ao inframundo.

A súa condena, unha das máis famosas da mitoloxía, consistía en empurrar unha pedra por un monte ata o cume e ao chegar, volvía caer, e tiña que repetir o traballo por toda a eternidade.

Sísifo no Averno, obra de Franz von Stuck (1920)