Saltar ao contido

Tolomeo I Sóter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTolomeo I Sóter

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Πτολεμαίος Σωτήρ Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento367 a. C. ↔ 366 a. C. Editar o valor en Wikidata
Reino de Macedonia Editar o valor en Wikidata
Morte283 a. C. ↔ 282 a. C. Editar o valor en Wikidata (70/89 anos)
Alexandría Editar o valor en Wikidata
Faraón
305 a. C. – 283 a. C.
← Alexandre IV da Macedónia (pt) TraducirTolomeo II Filadelfo →
Somatophylakes (en) Traducir Alexandre o Grande
Estratego
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Macedonia
Período helenístico de Exipto Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Antigo Exipto Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmonarca , historiador , militar Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAntigo Exipto, Exipto grecorromano, Período helenístico, Dinastía Tolemaica e History of Ptolemaic Egypt (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
LinguaKoiné Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militaralmirante Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloFaraón (305 a. C.–283 a. C.) Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía Tolemaica Editar o valor en Wikidata
CónxuxeArtakama
Eurídice
Taís de Atenas
Berenice I
FillosTolomeo II Filadelfo
 () Berenice I (pt) Traducir
Ptolemaida (pt) Traducir
 () Eurídice (pt) Traducir
Philotera (en) Traducir
 () Berenice I (pt) Traducir
Argaeus of Egypt (en) Traducir
 () Eurídice (pt) Traducir
Irene (en) Traducir
 () Taís de Atenas
Lisandra (pt) Traducir
 () Eurídice (pt) Traducir
Ptolemeu Cerauno (pt) Traducir
 () Eurídice (pt) Traducir
Meleagro da Macedónia (pt) Traducir
 () Eurídice (pt) Traducir
Arsínoe II (pt) Traducir
 () Berenice I (pt) Traducir
Lagos (en) Traducir
 () Taís de Atenas Editar o valor en Wikidata
PaisLago (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata  e Arsinoé da Macedónia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
IrmánsMenelau (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1386402

Tolomeo I Sóter ("o Salvador") (en grego: Πτολεμαίος Σωτήρ), nado no reino de Macedonia en 367 a.C. e finado en Alexandría en 283 a.C., foi un xeneral grego macedonio ao servizo de Alexandre Magno e un dos tres diádocos que se disputaron o control do seu extenso imperio. Tolomeo converteuse en gobernante de Exipto entre 323 e 282 a. C. e alí iniciou unha dinastía, tamén coñecida como Láxida, que controlou o país nos seguintes tres séculos.[1] Exipto converteuse así nun reino helenístico e a cidade de Alexandría nun dos centros da cultura grega. Asimilou algúns aspectos da cultura exipcia e coroouse como faraón en 305 a.C., aínda que este título tan só o usaba ante os cidadáns exipcios, mentres que para os estranxeiros se presentaba como basileus, tal e como se pode comprobar nas moedas que se acuñaron baixo o seu goberno.

Tolomeo I era fillo de Arsínoe de Macedonia, mentres que o seu pai puido ser o marido desta, Lagos, ou o rei Filipo II de Macedonia, pai de Alexandre. Tolomeo foi un dos xenerais de maior confianza de Alexandre e estaba entre os sete somatophylakes, escoltas, que o protexían. Era algúns anos máis vello ca Alexandre e foi o seu amigo íntimo dende a infancia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Xunto a Alexandre Magno

[editar | editar a fonte]

Naceu en Macedonia. O seu pai, Lagos, era un nobre do distrito (meride) de Eordacea cuxa familia non alcanzou notoriedade ata os tempos de Tolomeo. A súa nai, de nome Arsínoe, estaba emparentada coa dinastía Arxéada. Existían rumores que o facían fillo ilexítimo de Filipo, medio irmán de Alexandre, mais este rumor puido ser difundido polo propio Tolomeo coa fin de acrecentar o seu propio prestixio.

É probable que crecese na corte macedonia como escudeiro do príncipe Alexandre, e que así se iniciase a amizade que sempre tivo con el, pois foi un dos compañeiros que marcharon xunto ao novo herdeiro no seu breve exilio de 337 a.C.

Trala morte do rei Filipo II e a consecuente coroación do seu fillo Alexandre, Tolomeo participou como hetairos nas campañas europeas de 336-335 do novo monarca. En 330, foi elixido como un dos seus escoltas persoais (somatophylax) e mentres desempeñaba este cargo capturou, o ano seguinte, a Bessos, o asasino de Darío III de Persia. Na conquista de Asia distinguiuse durante o avance desde Bactria ata o Indo (327-325), e por iso foi ascendido a comandante (trierarchos) da frota macedonia no río Hydaspes (hoxe Jhelum). Foi condecorado en multitude de ocasións por Alexandre, quen ademais o casou cunha nobre persa chamada Artacama (filla do sátrapa Artabazo II), do mesmo xeito que fixo co resto dos seus altos oficiais, festexándose conxuntamente todos os matrimonios en Susa en 324 a.C.

Gobernador de Exipto

[editar | editar a fonte]

En 323 a.C., trala morte de Alexandre, Pérdicas, un dos seus xenerais e home de confianza, actuando como rexente provisional, nomeou a Tolomeo gobernador de Exipto e Libia. Tivo como adxunto a Cleómenes de Naucratis, un funcionario grego xa designado por Alexandre, e gobernante de facto ata ese momento, debido á súa potestade para impor e recadar tributos en todos os nomos.

Cando Pérdicas contraeu matrimonio con Cleopatra, irmá de Alexandre, os diádocos Antípatro, Crátero, Antígono e Tolomeo, temendo que a súa intención fose proclamarse herdeiro do Imperio, rebeláronse contra el na chamada primeira guerra dos diádocos[2] (322-320 a.C.), á que seguiron tres máis (319-315, 314-311 e 308-301).

Tolomeo comprendeu enseguida, ao contrario que os seus rivais, que facerse con todo o imperio era imposible, e concentrouse en consolidar e asegurar os territorios que xa tiña baixo o seu mando como sátrapa. Dende o primeiro momento levou a cabo unha política moi persoal, estendendo a súa influencia sobre a Cirenaica, os oasis libios e Chipre. Tendo en conta o costume dos reis macedonios de afirmarse no poder enterrando os seus antecesores, Tolomeo privou dese golpe psicolóxico a Pérdicas ao inhumar o corpo de Alexandre (en teoría temporalmente) en Menfis.

Acusándoo de espiar en favor de Pérdicas, asasinou a Cleómenes, eliminando así o único freo á súa autoridade en Exipto e apoderándose dunha cuantiosa recadación. Pérdicas invadiu Exipto pero despois foi derrotado estrepitosamente (321 a. C.) por Tolomeo e asasinado por tres dos seus propios xerais.[3] O novo rexente, Antípatro, confirmou máis tarde a Tolomeo en Exipto na segunda repartición do Imperio (320 a.C.). No mesmo ano aumentou as súas posesións tomando Xerusalén.

Antípatro quixo aliarse con Antígono e Tolomeo. Casou a súa filla Eurídice con este último, pero morreu pouco tempo despois (319 a.C.). Sucedeuno como rexente o seu fillo Casandro, pero o exército opúxose a el elixindo a Poliperconte. No transcurso da guerra entre ambos morreron asasinados Filipo Arrideo e Olimpia de Epiro, nai de Alexandre Magno (317 a.C.).

Tras a terceira guerra dos diádocos (314 - 311 a.C.) Tolomeo perdeu Siria e Cirene.

En 310 a.C. Casandro asasinou a Roxana e o seu fillo Alexandre IV, polo que o imperio xa non tiña ningún soberano titular. Ningún diádoco se proclamou rei de inmediato, pero Tolomeo e Antígono tentaron atraerse as cidades gregas. En 306 a.C. ambos os rivais enfrontáronse nas illas gregas, sendo derrotada a frota de Tolomeo. O mesmo ano Antígono proclamouse rei xunto ao seu fillo Demetrio Poliorcetes, e a partir de entón os demais diádocos foron sucesivamente facendo o mesmo.

Territorio de Exipto na época de Tolomeo I

En 305 a.C. Tolomeo declarouse gobernante independente, nomeándose a si mesmo rei de Exipto, establecendo así a denominada dinastía tolemaica, do período helenístico.

Política exterior

Inmediatamente houbo de facer fronte, con éxito, a un ataque de Antígono e Demetrio. Ademais acudiu a socorrer os defensores da aliada illa de Rodas, que estaba a ser asediada por Demetrio, e obrigou a este a retirarse. En sinal de agradecemento, os insulares déronlle o título de Sóter ("salvador"). Con todo, Antígono e o seu fillo triunfaron en Macedonia e Grecia expulsando a Casandro. Isto propiciou que todos os diádocos se unisen contra eles e os derrotasen (morrendo Antígono) finalmente na batalla de Ipso (301 a.C.). Na posterior (terceiro e último) repartición do Imperio, Tolomeo incorporou o sur de Siria ao seu reino exipcio.

Tolomeo decidiu a continuación consolidar e expandir os seus dominios mediante alianzas matrimoniais que garantisen a paz con inimigos potenciais. Así, casou a súa filla Arsínoe II con Lisímaco de Tracia (299/298); a súa fillastra Theoxena con Agatocles de Siracusa (299/298); a súa filla Antígona con Pirro de Epiro (297); e a súa filla Ptolemais con Demetrio Poliorcetes (296). Isto completábase coa extinción da rebelión en Chipre en 298 e o control das cidades de Tiro e Sidón (na costa fenicia) ao redor de 294.

Na última guerra na que participou (288-286 a.C.), Tolomeo aliouse con Seleuco, Lisímaco e Pirro para liberar as polis gregas da ocupación macedonia de Demetrio Poliorcetes. A frota exipcia foi decisiva na toma de Atenas. Ao acabar o conflito o faraón lograra un protectorado sobre numerosas illas gregas do Exeo, o cal foi de suma importancia para a hexemonía naval que exerceu Exipto no Mediterráneo oriental durante as seguintes décadas.

Política interior

Sábese que durante o reinado dos primeiros Láxidas se produciu unha profunda reorganización político-administrativa do país co obxectivo de maximizar os beneficios da súa explotación económica. Con todo, e a diferenza do que ocorre co seu sucesor, non se dispón de suficientes fontes de primeira man dos anos de Tolomeo I no poder que permitan coñecer con precisión o alcance das reformas económicas deste rei en concreto.

O certo é que o faraón se preocupou por asegurar a estabilidade interna de Exipto, combinando medidas para fixar un réxime autocrático con outras para contentar os seus súbditos gregos, xudeus e exipcios, e no caso destes últimos sen romper radicalmente cos seus costumes milenarios. Todo iso tendo presente que os ámbitos político, social, económico e relixioso estaban estreitamente relacionados. Cómpre citar, por exemplo, como medidas conciliadoras cos nativos, o inicio en Menfis do culto sincrético a Serapis, a restauración de templos destruídos polos persas, a realización de ofrendas aos deuses exipcios e o mecenado do clero.

Con Tolomeo I comezou no país a división social que se manterá, no fundamental, ata o final da dinastía: greco-macedonios, exipcios e xudeus (estes en menor número). Os primeiros formaban a columna vertebral do sistema, pois ocupaban postos de alta responsabilidade na administración e o exército. Aos soldados retirados éranlles concedidas parcelas de terra para a súa explotación. O resto de greco-macedonios concentrábase fundamentalmente en Alexandría. Entre os exipcios hai que distinguir dous grupos: por unha banda, os privilexiados, é dicir, sacerdotes, terratenentes e funcionarios; por outra, unha gran masa traballadora (sobre todo agrícola), que a pesar de ter condición de homes libres (os escravos só podían ser estranxeiros) sufrían a miúdo as consecuencias das esixencias económicas do Estado. En canto aos xudeus, ademais dos radicados en Xudea, hai que contar cos que dende alá emigraron e se estableceron en Alexandría, atraídos polo clima de tolerancia relixiosa e social propiciado desde os tempos do primeiro Tolomeo.

A cidade de Alexandría, que fora fundada por Alexandre Magno no ano 332 a. C., foi a capital do novo reino exipcio. Con todo, o seu status político, característico de cidade grega, era autónomo e Alexandría considerouse sempre xuridicamente, dende Tolomeo I, parte xustaposta, non integrante, do reino de Exipto. Esta urbe comezou a ser co novo faraón unha das cidades máis importantes do Mediterráneo, condición que mantivo durante toda a dinastía. Economicamente, como porto de primeira orde nas rutas marítimas mercantís. Ademais, e baixo o padroado (iniciado por Tolomeo I) dos Láxidas, converteuse nun dos maiores núcleos científicos e culturais do Mundo Antigo. É precisamente aquí onde o iniciador da dinastía fundou a famosa Biblioteca, que foi moi ampliada polo seu fillo Tolomeo II Filadelfo, e que formaba parte como edificio anexo ao Museo, onde traballaron os principais sabios da época.

Últimos anos

[editar | editar a fonte]

No ano 285 a. C., cando tiña 82 anos, Tolomeo abdicou a favor do seu fillo, o máis novo Tolomeo Filadelfo ou Tolomeo II, Tolomeo quería que o seu sucesor fose prudente e capaz de manter a distancia a Seleuco e os seus sucesores.

Morreu dous anos despois, sendo o único dos diádocos que faleceu de morte natural: os demais foron asasinados.

Tolomeo e Berenice. Octodracma.
  • Artacama, filla do sátrapa Artabazo II, un neto do rei Artaxerxes II.
  • Eurídice, coa que tivo ao seu primoxénito chamado Tolomeo Cerauno "o raio".
  • Berenice, coa que tivo ao seu segundo fillo, chamado tamén Tolomeo, que reinou co nome de Tolomeo II Filadelfo. Esta segunda esposa influíu no seu marido en gran medida para que exiliase o seu primeiro fillo Tolomeo Cerauno, e conseguiuno; Cerauno tivo que emigrar á corte de Seleuco, en Asia Menor.
  • É posible que tamén contraese matrimonio con Tais, unha cortesá (hetaira) ateniense coa que tivo tres fillos.

Testemuños da súa época

[editar | editar a fonte]

Tolomeo escribiu un libro narrando as campañas de Alexandre Magno. Aínda que perdido, coñécense moitos datos da obra debido ás constantes referencias que dela fixo o historiador Flavio Arriano.

Edificacións

[editar | editar a fonte]
  • Porta en Tanis (Arnold 1999:155)
  • Templo para Hathor-Thermutis en Terenutis (Tarraneh) (Arnold 1999:155)
  • Templo de estilo exipcio en Naucratis (Arnold 1999:155)
  • Templo para Sobeknebtunis en Tebtynis (Arnold 1999:155)
  • Templo en Sharuna (Arnold 1999:156)
  • Dúas capelas, agora en Hildesheim (Derchain 1961)

Titulatura

[editar | editar a fonte]

Na ficción

[editar | editar a fonte]

Tolomeo foi interpretado por Virgílio Teixeira no filme Alexander the Great (1956) e por Robert Earley, Elliot Cowan e Anthony Hopkins no filme de Oliver Stone Alexander (2004).

  1. "The decree of Ptolemy Lagides". Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2018. Consultado o 09 de setembro de 2018. 
  2. Peter Green, Alexander to Actium, 1990, pp 13-14
  3. Anson, Edward M (Summer 1986). "Diodorus and the Date of Triparadeisus". The American Journal of Philogy (The Johns Hopkins University Press) 107 (2): 208–217. doi:10.2307/294603. JSTOR 294603.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Arnold, Dieter (1999) Temples of the Last Pharaos, New York/Oxford.
  • Asimov, Isaac (1993) [1967]. "Historia de los egipcios". Historia de los egipcios. Madrid: Alianza Editorial. ISBN 84-7838-387-5. 
  • Bingen, Jean (2007) Hellenistic Egypt: Monarchy, Society, Economy, Culture, Edimburgo, ISBN 0-7486-1578-4
  • Christian A. Caroli (2007) Ptolemaios I. Soter - Herrscher zweier Kulturen, Konstanz.
  • Fox, Robin Lane (2007). El mundo clásico: la epopeya de Grecia y Roma. Barcelona: Crítica. ISBN 978-84-8432-898-8. 
  • Levi, Peter (1988). Grecia: cuna de occidente. Barcelona: Círculo de Lectores. ISBN 84-226-2616-0. 
  • Padró, Josep (2007). "Capítulo 23: La dominación macedónica y el periodo ptolemaico". Historia del Egipto faraónico (1.ª ed.). Madrid: Alianza Editorial. ISBN 84-206-8190-3. 
  • Seignobos, Charles (1930). Historia Universal de Oriente y Grecia. Madrid: Daniel Jorro. 
  • Philip W., Goetz; Margaret, Sutton, eds. (1983). The new Encyclopædia Britannica (15.ª ed.). Chicago: Encyclopædia Britannica. ISBN 0-85229-400-X. 
  • VV. AA. (2000). La Historia y sus protagonistas. Ediciones Dolmen. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]