Virgílio Teixeira
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (pt) Virgilio Delgado Teixeira 26 de outubro de 1917 Funchal |
| Morte | 5 de decembro de 2010 Funchal |
| Actividade | |
| Ocupación | actor, actor de cinema, actor de teatro |
| Período de actividade | 1943 |
| Premios | |
Virgílio Gomes Delgado Teixeira, máis coñecido como Virgílio Teixeira, nado o 26 de outubro de 1917 en Funchal (Madeira) e finado o 5 de decembro do 2010 na mesma localidade, foi un actor de cine e televisión portugués.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Virgílio Teixeira actuou no cine entre as décadas de 1940 e 1960. Nos anos 40 participou en Portugal en diversos filmes, trasladándose a Hollywood na década seguinte. Ó longo da súa carreira participou en 92 producións cinematográficas, 150 programas de televisión e dúas pezas de teatro en España, Portugal e os Estados Unidos.
Ademais do seu traballo como actor, Virxilio Teixeira foi delegado da Sociedade Portuguesa de Autores en Funchal. Tamén ocupou a concellería de Cultura polo Partido Socialdemócrata de Portugal na Cámara Municipal de Funchal entre 1980 e 1983.
Casou catro veces e tivo catro fillos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Filmografía de Virgilio Teixeira en Internet Movie Database (en inglés)