Antíoco IV de Comaxene

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antíoco IV de Comaxene
Antioco IV Commagene - AE 22.jpg
Moeda de Antíoco IV de Comaxene
Nacementoséculo xuliano
Falecementoséculo I
 Roma
Ocupaciónmonarca
PaiAntiochus III of Commagene
NaiIotapa of Commagene
CónxuxeJulia Iotapa
FillosGaius Julius Archelaus Antiochus Epiphanes, Julia Iotapa e Callinicus
IrmánsJulia Iotapa
editar datos en Wikidata ]

Gaius Iulius Antiochos IV Epiphanes (grego: Γάιος Ἰούλιος Ἀντίοχος ὀ Ἐπιφανής) foi o último rei de Comaxene. Reinou entre 38 e 72 como rei cliente do Imperio romano Naceu antes de 17 e morreu despois de 72.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Antíoco foi fillo de Antíoco III de Comaxene e da raíña Iotapa de Comaxene. Os pais de Antíoco IV eran irmáns de sangue. El mesmo, casou igualmente coa súa propia irmá, de nome, tamén Iotapa. Era de ascendencia armenia, grega e meda[1]. Pola súa antepasada, a raíña Laodice VII Thea, que era a nai do rei Antíoco. Antíoco I, era descendente directo do reino helenístico sirio do Imperio seléucida.

Antíoco parece ser moi novo no ano 17, cando o seu pai morreu. Tiberio conveu cunha parte dos cidadáns de Comaxene en facer do seu reino unha parte da provincia romana de Siria. A gran mocidade dos fillos de Antíoco III e os disturbios políticos que atravesaba entón Comaxene parecen ser a razón principal desta medida. Antíoco parece alcanzar a cidadanía romana entre 17 e 38. Viviu e creceu en Roma, coa súa irmá. Mentres que a súa irmá e el viviron a súa mocidade en Roma, formaron parte da corte que Antonia Minor mantiña ao redor dela. Antonia era sobriña do primeiro emperador romano, Augusto e a filla menor do triunviro Marco Antonio. Antonia Minor era unha muller moi influente. Ela supervisaba o seu círculo composto de varios príncipes e princesas. O seu círculo contribuíu á preservación das fronteiras políticas do Imperio romano e á estabilidade e fidelidade dos seus estados clientes.

En 38, Antíoco recibe a coroa de Comaxene das mans do neto de Antonia Minor, o emperador romano Calígula. Por outra banda, o emperador agranda o territorio de Antíoco coa parte de Cilicia que bordea a costa. Calígula dá tamén o importe total dos ingresos que Comaxene xerara durante os vinte anos que fora provincia romana[2][3]. As razóns políticas que poderían xustificar unha tal vantaxe e tales recursos dados a un rei cliente non están claros. Quizais non era máis que unha manifestación da excentricidade ben testemuñada de Calígula.

Antíoco estaba nos termos máis íntimos con Caligula. Herodes Agripa I e el son presentados como os instrutores do emperador na arte da tiranía[4]. Esta amizade non dura con todo moito tempo, xa que é deposto por Caligula. Antíoco non recupera o seu reino até a chegada do emperador Claudio en 41[5].

En 43, o seu primeiro fillo, Caio Xulio Arquelao Antíoco Epifanes, é o noivo a Drusila, unha filla de Agripa I. Ademais, de Arquelao Antíoco Epifanes, Antíoco ten outros dous fillos coa súa muller Iotapa: Calínico e unha filla chamada tamén Iotapa[6].

En 53, Antíoco esmaga unha insurrección dalgunhas tribos bárbaras en Cilicia, chamadas Clitae[7]. En 55, recibe do emperador Nerón a orde de levar tropas para facer a guerra contra os partos, e, no ano 59, serve baixo as ordes do xeneral Gneo Domicio Corbulón contra o rei Tiridates I de Armenia, irmán do rei parto Vologases I. Consecuentemente polos seus servizos nesta guerra, obtén no ano 61 territorios pertencentes antes ao reino de Armenia[8][9].

O monumento de Filopapos, onde se pode ver a Antíoco IV en compañía do seu neto.

Tomou partido por Vespasiano cando foi proclamado emperador en 70, sendo presentado entón como o máis rico dos reis tributarios[10]. O mesmo ano, enviou forzas mandadas polo seu fillo Epifanes para axudar ao príncipe Tito durante o cerco de Xerusalén[11][12].

Pero en 72, foi acusado por Lucio Cesenio Peto, gobernador de Siria, de conspirar cos partos contra os romanos. Vespasiano destronou entón a Antíoco IV, derrocou á dinastía e reanexionou o territorio de Comaxene a Siria. Os fillos de Antíoco IV, Epifanes e Calínico, foxen a Partia despois de seren derrotados nun breve encontro coas tropas romanas.

Antíoco retirouse primeiramente a Esparta, e despois a Roma, onde pasou o resto da súa vida cos seus fillos que volveron do seu exilio, sendo tratado con moito respecto[13]. Entre os netos de Antíoco e de Iotapa atópase o eminente ateniense Filopapo, que viviu en Grecia entre os séculos I e II

Monumento de Filopapos[editar | editar a fonte]

Antíoco IV figura en escultura en compañía do seu neto Caio Xulio Antíoco Epifanes Filopapo sobre un monumento erixido cara a 114-116 en Atenas, que se pode aínda admirar sobre o outeiro das Musas. Na parte inferior do monumento está representado un cortexo triunfal.

Moedas[editar | editar a fonte]

Hai varias pezas de moedas que levan a marca deste rei. Estas proban que reinou sobre unha gran parte de Capadocia e de Cilicia, así como sobre Comaxene. Sobre unha destas pezas, é chamado ΒΑΣΙΛΕΥΣ ΜΕΓΑΣ ΑΝΤΙΟΧΟΣ (« gran rei Antíoco », Basiléus Mégas Antíokhos). Esta inscrición testemuña as ambicións políticas de Antíoco IV. Sobre o dorso desta medalla, está representado un escorpión, rodeado de follas de loureiro, e a inscrición ΚΟΜΜΑΓΗΝΩΝ («dos Comaxenios»). Sobre estas pezas de moeda, apréciase tamén o nome da súa muller, Iotapa[14][15].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Routlege (ed.). The Kingdom of Armenia. ISBN 0700714529. .
  2. Dión Casio, Historia romana, LIX, 8.
  3. Suetonio, Caligula, 16.
  4. Dión Casio, op. cit., LIX, 8.
  5. Dión Casio, op. cit., LX, 8.
  6. Flavio Xosefo, Antigüidades xudías, XIX, 9, § 1.
  7. Tácito, Anais, XII, 55.
  8. Tácito, op. cit., XII, 7, 37.
  9. Tácito, op. cit., XIV, 26.
  10. Tácito, Historias, II, 81.
  11. Flavio Xosefo, A guerra dos xudeus, V, 11, § 3.
  12. Tácito, 'op. cit., V, 1.
  13. Flavio Xosefo, op. cit., VII, 7.
  14. Joseph Hilarius Eckhel, iii.
  15. Henry Fynes Clinton, Fasti Hellenici, the Civil and Literary Chronology of Greece from the 55th to the 124th Olympiad, iii. (1824-1851).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Mark Chahin The Kingdom of Armenia, ed.Routlege. 2001. isbn=0700714529
  • Flavio Xosefo, A guerra dos xudeus, Libros V e VII.
  • Flavio Xosefo, Antigüidades xudías, Libro XIX.
  • Tácito, Anais, XII e XIV.
  • Tácito, Historias, II e V.
  • Dión Casio, Historia romana, libros IX, LIX e LX.
  • Cyrille_Toumanoff Les dynasties de la Caucasie chrétienne de l'Antiquité jusqu'au xixe siècle : Tables généalogiques et chronologiques. Roma, 1990, p. 398-399.