Reino de Epiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Reino de Epiro
século VI a.C.–146 a.C.
Posesións do Reino de Epiro baixo Pirro I.
Capital Ambracia
Lingua Grego epirota (dórico noroccidental)
Relixión Relixión da Antiga Grecia
Goberno Monarquía
Período histórico Idade do Ferro
 • Establecido século VI a.C.

O Reino de Epiro (en grego: Ηπειρος) foi un Estado helénico da Antigüedad. Situado no actual norte e oeste de Grecia, nunha rexión montañosa do mesmo nome. Situado entre Iliria, ao norte, coa cordilleira do Pindo ao leste e o mar Xónico ao oeste, estaba habitado por tres tribos: molosos, dólopes e máracos. Entre os distintos Estados e tribos, predominou no século VI a C. o formado pola tribo dos molosos, que lograron formar unha confederación. A lingua indíxena era o dialecto grego chamado occidental.

Historia[editar | editar a fonte]

Entre o 430 e o 390 a C., hai constancia dun rei chamado Taripo, quen na súa mocidade residiu e recibiu educación en Atenas. Ao seu regreso organizou o reino baixo unhas novas leis e introduciu un senado e uns maxistrados anuais para rexelo. Destacou por achegar Epiro cara á civilización helénica. Segundo Aristóteles, os reis de Molosia dispuñan de certas limitacións legais para o uso do poder, non eran reis absolutos como os macedonios. As primeiras crónicas de intervención exterior de Epiro datan do reinado de Alcetas, quen apoiou a Dionisio I durante a súa campaña no Mar Adriático, no ano 379 a C.[1].

Epiro mantívose neutral e inmóbil, alleo á política grega durante gran parte da súa existencia, mesmo nas Guerras Médicas. A chegada de Alexandre de Epiro produciu un cambio na súa historia. Alexandre o Moloso ascendeu ao trono grazas ao seu cuñado Filipo II de Macedonia. Aquel, paralelamente ás campañas do seu sobriño Alexandre Magno, interveu en axuda dos tarentinos contra os pobos de Brucio e a Lucania. Iniciou a súa campaña en Italia no ano 338 a C., conseguindo importantes vitorias, polas cales os romanos asinaron con el un tratado de paz e amizade. Posteriormente tentou implantar a súa soberanía sobre as cidades ás que daba protección, o que causou que os tarentinos e outros pobos da Magna Grecia se confederaran contra el e lle plantasen batalla, na que foi derrotado e morto. Morto Alexandre o Moloso, Epiro adoptou unha monarquía dobre, análoga á diarquía espartana.[2]

Guerras pírricas[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Guerras pírricas.

No século III a. C., un novo rei chamado Pirro auxiliou de novo as cidades gregas da Magna Grecia contra os «bárbaros». Entre o 280 a. C. e o 275 a. C., Pirro levou a cabo dúas grandes campañas nun esforzo por protexer e estender a influencia grega no oeste do Mediterráneo: unha, contra o poder emerxente da República romana que ameazaba as colonias gregas do sur de Italia, e outra contra Cartago, nun renovado intento por manter a influencia grega en Sicilia.

A concentración baixo un mesmo mando das cidades gregas de Italia e de Sicilia tivo como consecuencia inmediata a coalición de Cartago e Roma.[3] Pirro conseguiu desembarcar sen obstáculos en Sicilia, levantando inmediatamente o sitio de Siracusa, reuniu en pouco tempo todas as cidades gregas da illa, liderando a confederación siciliana, e arrebatoulle aos cartagineses case todas as súas posesións. Cartago apenas puido manter a fortaleza de Lilibea grazas á súa escuadra.[4] Tras conquistar Sicilia iniciou a construción dunha poderosa frota nos estaleiros de Siracusa, co fin de manter unidas todas as súas posesións e garantir a súa seguridade. Con todo, a súa política interior minou o seu poder, ao gobernar como un rei absoluto e non respectar as asembleas cidadás e establecer as leis sen máis regra que a súa propia vontade. Por iso algunhas cidades sicilianas aliñáronse novamente con Cartago.[5]

Crendo asegurado o seu poder en Sicilia, Pirro renovou as hostilidades en Italia, pero sufriu unha derrota naval que precipitou a caída do Reino sículo-epirota. As cidades sicilianas abandonaron a Pirro e negáronse a fornecerlle homes e cartos. Finalmente foi derrotado en Benevento e regresou a Epiro, deixando unha pequena guarnición en Tarento. Posteriormente continuou a súa loita contra Macedonia, axudando ás cidades gregas do Peloponeso a librarse do xugo macedonio. Resultou morto nunha emboscada en Argos. Tras a súa morte Tarento entregouse a Roma no ano 272 a. C.[6].

Final do Reino[editar | editar a fonte]

No ano 232 a. C., constituíuse unha República sometida ao Reino de Macedonia, convertendo o país nun Estado monicreque, que perdurou até que Epiro foi conquistado polos romanos no 167 a. C., entrando a formar parte da República romana.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Satrapa1.com La región de Epiro
  2. Marco Xuniano Xustino. Epítome das Historias Filípicas de Pompeio Trogo, viii.6, ix.6, xii.2
  3. Mommsen, Theodor Historia de Roma, vol. I, "Alianza de Roma y de Cartago tercera campaña de Pirro, su llegada a Sicilia".
  4. Mommsen, Theodor, Historia de Roma, vol. I, "Decae la Guerra en Italia. Pirro, Dueño de Sicilia".
  5. Mommsen, Theodor, Historia de Roma, vol. I, "Gobierno de Pirro en Sicilia. Vuelta del Rey a Italia".
  6. Mommsen, Theodor Historia de Roma, vol.I, "Caída del reino sículo-epirota renovación de las hostilidades en Italia".