Thrymsa
Thrymsa anglosaxoa (ca. 650-675 ) | |
---|---|
Thrymna. AU. Peso 1,27 g. Diámetro: 12,5 mm.[1] |
A thrymsa (inglés antigo: þrymsa) foi unha moeda de ouro cuñada na Inglaterra anglosaxoa no século VII.[2][3]
Na súa orixe era unha copia dos tremissis dos merovinxios e das moedas romanas anteriores cun alto contido de ouro, mais a súa continua degradación entre os anos 630 e 650 reduciu o contido en ouro da súa aliaxe ata o punto de que despois de 655 a porcentaxe deste metal era inferior ao 35 %. A thrymsa deixou de cuñarse cara ao ano 675 e poi substituída pola sceat de prata.
Historia
[editar | editar a fonte]As primeiras thrymsas cuñáronse en Inglaterra na década de 630 nas cecas de Canterbury e de Londres, e quizais tamén na de Winchester. Charles Arnold-Baker suxire que o impulso para a creación desta moeda foi o aumento do comercio logo do matrimonio entre Aethelberht de Kent e Berta, unha filla do rei franco Cariberto I.[4]
Esta moeda contiña orixinariamente entre un 40 % e un 70 % de ouro, mais a progresiva degradación da aliaxe fixo que os exemplares cuñados con posterioridade a 655 non superasen o 35 % deste metal. As moedas de ouro deixaron de cuñarse por completo cara ao ano 675, tras o cal comezaron a cuñarse no canto delas as sceattas de prata..[5]
O termo "thrymsa" utilízase tamén nos textos anglosaxóns posteriores para se refereir a un valor de catro peniques de prata.[6]
Os numismáticos actuais coñecen as thrymsas a partir de achados de varios tesouros, sinaladamente o tesouro de Crondall, atopado en 1828.[7] Nun buque afundido en Sutton Hoo, que data de principios do século VII, atopáronse 37 tremissis merovinxios, mais ningunha moeda anglosaxoa.[8] Pola contra, o tesouro de Crondall, datado despois do ano 630, contiña 101 moedas de ouro, das cales 69 eran anglosaxoas e 24 merovinxias ou francas.[9]
Tipoloxía
[editar | editar a fonte]As primeiras thrymsas eran imitacións dos tremissis merovinxiosou de moedas de ouro romanas anteriores.[5] Pesaban entre 1 e 3 gramos e tiñan un diámetro aproximado de 13 milímetros.[10]
No entanto, as thrymsas posteriores presentaban xa deseños máis variados, con bustos, cruces e outros obxectos como liras e estandartes lexionarios romanos. Tamén é habitual a aparición de inscricións, que ás veces se amosan en lingua latina e outras en runas anglosaxoas.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Unique ID: WILT-DEDC91". Portable Antiquities Scheme.
- ↑ "Thrymsa". En Frey, A. R. (1916). Páxina 241.
- ↑ "Thrymsa Arquivado 20 de setembro de 2020 en Wayback Machine.". En Martinori, E. (1915). Páxina 526.
- ↑ Arnold-Baker, C. (2015). Páxina 744.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Skingley, P. ed. (2014). Páxinas 84-86.
- ↑ Grierson, P.; Blackburn, M. (2007). Páxina 157.
- ↑ Davies, G. (2010). Páxina 122.
- ↑ Campbell, J. (2004).
- ↑ Grierson, P.; Blackburn, M. (2007). Páxina 161.
- ↑ Page, R. I (1973). Páxina 122.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Arnold-Baker, C. (2015). The Companion to British History. Taylor & Francis. ISBN 978-1-317-40039-4
- Campbell, J. (2004). "Rædwald (d. 616x27)". En Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press.
- Cook, B. J.; Williams, G.; Archibald, M. (2006). Coinage And History in the North Sea World, C. AD 500-1250. Essays in Honour of Marion Archibald. Brill, Leiden. ISBN 90-04-14777-2
- Davies, G. (2010). History of Money. University of Wales Press. ISBN 978-0-7083-2379-3
- Frey, A. R. (1916). A dictionary of numismatic names; their official and popular designations. American Journal of Numismatics. Vol 50.
- Grierson, P.; Blackburn, M. (2007). Medieval European Coinage: Volume 1, The Early Middle Ages (5th-10th Centuries). Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-03177-6
- Martinori, E. (1915). La moneta. Vocabolario generale Arquivado 20 de setembro de 2020 en Wayback Machine.. Roma. Istituto italiano di numismatica.
- Metcalf, M. (1993-1994): Thrymsas and Sceattas in the Ashmolean Museum. 3 vol. Royal Numismatic Society e Ashmolean Museum. Special Publications, 27. ISBN 9781854440471
- Page, R. I (1973). An introduction to English runes. Methuen, Nova York. ISBN 9780416662306
- Skingley, P. ed. (2014). Coins of England & the United Kingdom. Standard Catalogue of British Coins 2015. ISBN 978-1-907427-43-5