Tesouro de Crondall

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tesouro de Crondall
The arts in early England (1903) (14597991610).jpg
· Data do depósito: ca. século VII d. de C.

· Período ou cultura: Inglaterra anglosaxoa.

· Lugar de aparición: Crondall, Hampshire, Inglaterra.

· Data do achado: 1928

· Descubridor: Charles Lefroy.

· Composición: 97 moedas e algunhas xoias.

· Materiais: ouro.

· Conservación: Museo Ashmolean.[1]

O Tesouro de Crondall é un tesouro de moedas de ouro, algunhas xoias e outros obxectos presumiblemente datados no século VII, achado na localidade de Crondall, no condado inglés de Hampshire, en 1828. Trátase do tesouro de moedas anglosaxoas de ouro máis completo atopado antes do século XXI.[2]

As moedas forman parte da colección numismática do Museo Ashmolean, de Oxford.[1][3]

Historia[editar | editar a fonte]

O tesouro descubriuno accidentalmente Charles Lefroy nos terreos da súa familia, en 1828. Estaba composto por 97 moedas de ouro e tres discos deste metal aínda sen cuñar, así como un obxecto bañado en ouro que podería relacionarse cun intento de falsificación de moeda. Tamén había dous adornos de xoiaría e unhas pequenas cadeas, que Lefroy considerou como os restos dunha bolsa que albergara as moedas e as xoias. Das 97 moedas, 73 eran thrymsas anglosaxoas e 24 eran tremissis merovinxios e francos. O consenso entre os historiadores é que o tesouro data do sécvulo VII, entre 635 e 650 d. de C.[3][4][5]

Non é posible coñecer se as mopedas de agocharon voluntariamente ou se perderon por accidente. O numismático e historiador Philip Grierson suxeriu que o tesouro podería tratarse dun wergeld, unha compensación pagada á familia dunha persoa asasinada polo asasino. Grierson indicou que, consonte as leis do Reino de Kent, o wergeld polo asasinato dun anglosaxón libre era de 100 xilins de ouro, cantidade que coincide coa do tesouro. No entanto, non hai certeza de que as pezas recuperadas por Lefroy constituísen a totalidade do tesouro, e ademais o lugar onde este apareceu correspondía ao Reino de Wessex, onde as tarifas do wergeld eran diferentes.[3][4]

Logo da súa descuberta, o tesouro permaneceu en mans da familia Lefroy ata 1895, cando lle foi vendido a John Norton. Descoñécese o destino dos tres discos de ouro sen cuñar, das xoias e da posible falsificación, mais as moedas foron adquiridas en 1943 pola compañía numismática A H Baldwin & Sons, quen, pola súa banda, llas cedeu a prezo de custo ao Museo Ashmolean, onde ficaron expostas desde entón. O tesouro ten unha importancia histórica considerable, xa que é o único gran tesouro anglosaxón de thrymsas que se atopou e gran parte dos coñecementos actuais sobre as moedas de ouro anglosaxoas son o resultado do estudo deste tesouro.[1][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Crondall Hoard". Ashmolean Museum.
  2. "Largest Anglo-Saxon gold coin hoard found in Norfolk". BBC News. 3 de novembro de 2021.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Shutterly, M. (2020).
  4. 4,0 4,1 Grierson, P.; Blackburn, M. (2007). Páxina 161.
  5. Skingley, P. ed. (2014). Páxina 84.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]