Conversa:Teixido, Cedeira

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Santuario[editar a fonte]

Santo André de Teixido é un santuario situado na Serra da Capelada, nin sequera é un lugar recoñecido no nomenclátor da Xunta polo que penso que non vale a regulamentación para toponimia e si a que se lles dá as igrexas por exemplo. --Arco de Rayne 12:06, 21 marzo 2008 (UTC) Si está no Nomenclátor do IGE como lugar polo que retiro o dito anteriormente.--Arco de Rayne 12:09, 21 marzo 2008 (UTC)

Bo artículo[editar a fonte]

Bouno traducir o castelán agora mesmiño e vou deixar constancia que é da Galipedia no historial, hahaha!! --Chuck Norris Cóntamo todo 10:33, 6 xuño 2008 (UTC)

Nome correcto?[editar a fonte]

O nomenclátor ten un erriño, creo.

  • Se escribes "Cedeira" no nome do concello e deixas os outros espazos en branco, non aparece Teixido como parroquia nin como lugar.
  • Se procuras "Teixido" no nome da parroquia e deixas os outros espazos en branco, aparece "Teixido (Santo André)", cos lugares de Biduído, A Candocia, Lamelas, Meizoso e Teixidelo.

Por outra parte, o IGE di que "Teixido (Santo André)" é un lugar da parroquia de Régoa, pero isto contradí o nomenclátor.

Se alguén sabe algo ao respecto, agradecería a axuda. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:18, 1 setembro 2009 (UTC)

Poño aquí unha información proporcionada por Céltigos ao que lle consultei sobre o tema:

Segundo unha vella "Xeografía descriptiva de la comarca de Ortiguiera" do profesor Julio Dávila do ano 1931, aparece Teixido (San Andrés de) como lugar de Régoa (Santa María). No remate do epígrafe engade: "A base del santuario de S. Andrés de Teixido se ha formado canónicamente una parroquia aneja a la de Régoa, pero con administración completamente independiente y con esa denominación, a la que agregaron los lugares de Candocia, Ermida, Lamelas, Meizoso, Teixidelo, Viduido y Vilar, al que llaman tambien Furado". Como a Xunta tomou de base esta Xeografía, polo menos na comarca do Ortegal. Danse algúns anacronismos, e dicir, existen no nomenclátor oficial lugares que hai moitos anos xa ficaron abandonados e no olvido, e outros pola contra de máis recente formación non aparecen ou son coñecidos por outro nome. Todo isto sen tomar en conta outros erros que coido esixirían unha revisión oficial na miña opinión. Neste caso cocreto é evidente para min, que se debería ter en conta o que dí Julio Dávila, pero quen ou quenes tiñan que oficializar esa cuestión non o fixeron. Iso si, do nomenclátor desapareceron os lugares adscritos a Teixido que di Dávila. Xas (conversa) 17:13, 15 marzo 2010 (UTC)

Non entendo a polémica. Eu accedo ao nomenclátor que ofrece a páxina do IGE, e á miña busca preséntame Teixido (Santo André) como lugar da parroquia de Régoa (Santa María), xunto con outros 27 lugares, entre os cales están algúns dos que di Dávila e outros faltan. Accedendo ao nomenclátor do INE non hai discrepancia. Polo que eu vexo, e salvo que o problema se escape aos meus ollos, a denominación que ten neste artigo é correcta. --Xoacas(Góstache o pemento?) 17:07, 15 marzo 2010 (UTC)

O problema está en que se consultas as parroquias de Cedeira na Galipedia, aparece unha parroquia que é Teixido. E se clicas alí, redireccionate a Teixido, Régoa, Cedeira. Habería que solucionar iso. Xas (conversa) 17:17, 15 marzo 2010 (UTC)