Paso a nivel

Un paso a nivel é a intersección dunha vía de tránsito estradeiro non diferenciada en altimetría cunha vía de ferrocarril, o cal esixe que deba estar debidamente sinalizado para que non se produzan accidentes.
Protección ou supresión do paso a nivel[editar | editar a fonte]
Nos pasos a nivel que presenten un AxT elevado (produto do número de circulación de automóbiles e o número de trens que cruzan o paso a nivel). Poderase protexer cun sistema automático con ou sen barreira. Se o AxT é moi elevado, o paso a nivel tipicamente será suprimido.
Sistemas automáticos de protección[editar | editar a fonte]
- SBA: Semi Barreiras Automáticas
- SBE: Semi Barreiras Enclavadas
- SLA: Sinalización Luminosa e Acústica
Sinalización[editar | editar a fonte]
Tanto na estrada como na vía, o paso a nivel está sinalizado para advertir da súa presenza.
Na estrada[editar | editar a fonte]
Na vía[editar | editar a fonte]
![]() |
Paso a nivel protexido |
Indica ao maquinista que o paso ao nivel ao que se está aproximando está protexido e completamente funcional, e debe seguir a marcha. |
Pasos a nivel en Galicia[editar | editar a fonte]

En Galicia, como no resto de España, estanse a suprimir a maior parte dos pasos a nivel existentes por parte do Ministerio de Fomento. En xuño de 2014 había en Galicia 176 pasos a nivel, dos que 108 tiñan en fase de obra, proxecto ou estudo a súa supresión.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Paso a nivel |