Día festivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O día festivo, ou día feiral, é aquel que non é día laborable, no ámbito laboral, que non é día hábil, no ámbito procesual, podendo ser o domingo (na maioría dos países do mundo), o sábado (nos países influídos pola cultura xudía) ou o venres (nos países influídos pola cultura islámica), ademais doutros días declarados festivos.

Ademais, un día festivo é unha data do calendario que é resaltada de forma especial e habitualmente adoita ser feiral.

Todas as culturas e nacións celebran diferentes eventos durante o ano, en datas específicas de tipo cultural, político ou relixioso. Estas datas son sinaladas polas lexislacións dos países respectivos.

Polo xeral, os días feirais non se consideran para o cómputo dos termos procesuais.

España[editar | editar a fonte]

En España, no ámbito procesual considéranse inhábiles os sábados, os domingos e os festivos; mentres no ámbito administrativo son inhábiles os domingos e os festivos.

Distínguese entre días hábiles/inhábiles (nos ámbitos procesual e administrativo), e días laborables/festivos (no ámbito laboral).

Existe un calendario laboral e outro de días inhábiles que os regula (artigo 48.7 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común - Lei 30/1992, de 26 de novembro-, redacción dada segundo Lei 4/1999, de 13 de xaneiro):[1]

«Art. 48. Cómputo.
(...)
7. A Administración Xeral do Estado e as Administracións das Comunidades Autónomas, con sujeción ao calendario laboral oficial, fixarán, no seu respectivo ámbito, o calendario de días inhábiles a efectos de cómputos de prazos. O calendario aprobado polas Comunidades Autónomas comprenderá os días inhábiles das Entidades que integran a Administración Local correspondente ao seu ámbito territorial, ás que será de aplicación.
Devandito calendario deberá publicarse antes do comezo de cada ano no diario oficial que corresponda e noutros medios de difusión que garantan o seu coñecemento polos cidadáns.»
 ::«Art. 48. Cómputo.
(...)
7. La Administración General del Estado y las Administraciones de las Comunidades Autónomas, con sujeción al calendario laboral oficial, fijarán, en su respectivo ámbito, el calendario de días inhábiles a efectos de cómputos de plazos. El calendario aprobado por las Comunidades Autónomas comprenderá los días inhábiles de las Entidades que integran la Administración Local correspondiente a su ámbito territorial, a las que será de aplicación.
Dicho calendario deberá publicarse antes del comienzo de cada año en el diario oficial que corresponda y en otros medios de difusión que garanticen su conocimiento por los ciudadanos.»

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]