Punta de Tarifa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 36°00′15″N 5°36′37″O / 36.004166666667, -5.6102777777778

Vista de satélite da punta de Tarifa.

A punta de Tarifa, tamén chamada punta Marroquí, é un promontorio ou cabo español pertencente ao termo municipal de Tarifa, situado na costa atlántica da provincia de Cádiz, en Andalucía.

Situada no extremo suroeste da illa das Pombas ou illa de Tarifa constitúe o punto máis meridional de Europa continental (36º de latitude norte e 5º 34' de lonxitude oeste), ademais de ser a divisoria xeográfica entre o océano Atlántico e o mar Mediterráneo, situándose xusta fronte ao centro urbano de Tarifa. Sobre a punta álzase a cota máis alta da illa, e alí está construído o faro de punta de Tarifa.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]