Susana Rodríguez Barcia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSusana Rodríguez Barcia

Susana Rodríguez Barcia en xuño de 2021 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de outubro de 1977 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutora , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Vigo (2010–2022) Editar o valor em Wikidata

Bitraga: 2922 Dialnet: 604840

Susana Rodríguez Barcia, nada en Vigo o 23 de outubro de 1977, é unha filóloga hispánica, tradutora e profesora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Exerce como profesora titular no departamento de Lingua Española da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.[1] Foi profesora axudante e bolseira de investigación dende 1998. Dende 1999 traballa en áreas como a análise do discurso, a historiografía lingüística ou a lexicografía, en particular na presenza de ideoloxía nos dicionarios monolingües en español. Así mesmo, tamén é especialista na construción discursiva de estereotipos.

Doutorouse en 2005 pola Universidade de Vigo cunha tese sobre a ideoloxía na historia da lexicografía española entre 1611 e 1899, dirixida por Miguel Ángel Esparza Torres.

Entre os anos 2005 e 2006 traballou no grupo de Terminoloxía Científico-Técnica de Galicia (Termigal), no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Entre outras obras, traduciu ao galego O escaravello de ouro de Edgar Allan Poe. É, ademais, directora da revista Hesperia. Anuario de Filología Hispánica, da Universidade de Vigo.

No eido da lexicografía, é coautora do Gran dicionario século 21 Galego/Castelán. Entre outras achegas, destaca a Introducción a la Lexicografía publicada en 2016 pola Editorial Síntesis.

Obra[editar | editar a fonte]

  • La Realidad Relativa. Evolución ideológica en el trabajo lexicográfico de la Real Academia Española (1726-2006) (2008). Universidade de Vigo, Servizo de Publicacións. ISBN 978-84-8158-368-7.
  • Introducción a la lexicografía (2016). Madrid: Síntesis. ISBN 978-84-9077-384-0
  • Poética del Rock. Imaginario lírico de la cultura popular (2023). Con Bosco Gil de Gárate Hernández. Universidade de Vigo, Servizo de Publicacións. 743 páxs. ISBN 9788481589603.[2]

Galardóns[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Rodríguez Barcia, Susana". Facultade de Filoloxía e Tradución (en castelán). Consultado o 2023-06-05. 
  2. "Secretaría Online Universidade de Vigo". secretariauvigo. Consultado o 2023-06-05. 
  3. "depontevedra.es - Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra". arquivos.depo.es. Consultado o 2020-06-01.