Saltar ao contido

Rubén Suárez Sousa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRubén Suárez Sousa

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de xuño de 1973 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico, deseñador gráfico Editar o valor en Wikidata


Rubén Suárez Sousa, nado en Vigo o 22 de xuño de 1973, é un músico e deseñador gráfico galego, tamén coñecido como Ruben Xuarez. Desenvolve a súa carreira musical como compositor e multinstrumentista na banda de cosmic rock Family Folks.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa traxectoria musical en 1991 na banda Foggy Mental Breakdown,[1] da que tamén formaban parte inicialmente Óscar Liboreiro, Diego de Luis, Eladio Santos (Eladio y los seres queridos), Óscar Avendaño (baixista de Siniestro Total) e Xabier Vieitez (Transilvanians, The Soul Jacket). Foi tamén integrante da banda Los tres sudamaricones (1996), formada por Tony Lomba (Germán Fandiño), Eladio Santos, Rubén da Sousa Jr. (alias nese momento de Rubén Suárez Sousa) e Javier Lado. O seguinte proxecto musical no que participou foi Los High Sierras (2001), xunto con Andrés Cunha e os irmáns Bruno e Jacobo Jiménez. A xénese de Los High Sierras tivo lugar a partir de Doctor 5 & the Rhythm Section, unha banda de versións de garaxe e rhtyhm&blues, tras unirse a ela o batería Andrés Cunha.[2] Posteriormente participou no grupo de versións Mec Mecs, xunto con Javier Molina (tamén coñecido como Harvey Springfield) [3] e Óscar Rodríguez. En 2014 fundou o grupo de folk rock Family Folks co músico Bosco Hill, e xuntos conforman o núcleo compositivo desta formación. En 2015 uníronse á banda os irmáns Jorge Lorre (Jorge López González) e Rufus "El Guarro" (Martín López González), ambos integrantes doutras bandas galegas como Dead Wood, Los Wavy Gravies ou The Bo Derek's (xunto con Óscar Avendaño), amais do teclista Xabier Vieitez (Transilvanians, The Soul Jacket). Suárez compaxina a súa carreira musical co seu traballo como deseñador gráfico.[4]

Galardóns

[editar | editar a fonte]

En 2007 gañou o Premio á Investigación da Deputación de Pontevedra (categoría Provincia de Pontevedra)[5] polo estudo realizado xunto con Susana Rodríguez Barcia Después de la movida. La música pop y rock en Pontevedra entre 1990 y 2007.

Discografía

[editar | editar a fonte]

Con Foggy Mental Breakdown

[editar | editar a fonte]
  • Pleased to meet you EP (1995), Man Records.
  • Bizarre Bizarre [6]LP/CD (1997), Animal Records.

Con Los High Sierras

[editar | editar a fonte]
  • Los High Sierras LP/CD (2003), City Lights.
  • “Viva Rock&Roll” en VVAA: A Tribute to Mr. Rock (LP, Bronco, 2005)
  • Fortune & Venture LP/CD (2006), City Lights.

Con Family Folks

[editar | editar a fonte]
  • All the Lost Causes[7] LP (2016), Gaztelupeko Hostak.
  • All the Lost Causes CD (2016), Gaztelupeko Hostak.
  • The Anvil Sea (CD) (2018), Gaztelupeko Hostak.
  • The Anvil Sea[8] (2LP) (2019), Gaztelupeko Hostak.
  • Naufrage LP+CD (2022), Gaztelupeko Hostak.

Videoclips con Family Folks

[editar | editar a fonte]
  • Sea of Whiskey, (Dirixido por Miguel Álvarez Aguiar, 2017).
  • The River, (Dirixido por Buhardilla Lab, 2019).
  • The Beast, (Realizado por Denis Carballás, 2022)
  1. Fernández Rego, Fernando (2018). Unha historia da música en Galicia. 1952-2018. Galaxia. p. 329. ISBN 978-84-9151-337-7. 
  2. "Biografía de Los High Sierras - La Fonoteca". lafonoteca.net (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2021. Consultado o 2020-06-01. 
  3. "Harvey Springfield – Folk/Punk/Rock" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2021. Consultado o 2020-06-01. 
  4. "«De niño tenía obsesión por dibujar barcos, tanques y todo tipo de armas»". La Voz de Galicia (en castelán). 2008-05-25. Consultado o 2020-06-01. 
  5. "depontevedra.es - Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra". arquivos.depo.es. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 2020-06-01. 
  6. "LaFonoteca, Disco: Bizarre Bizarre". lafonoteca.net (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 2020-06-01. 
  7. "Los mejores discos de americana nacional de 2016". MondoSonoro (en castelán). 2016-12-30. Consultado o 2020-06-01. 
  8. "Family Folks disco The Anvil Sea, comentario disco, 12 Marzo, 2019". La Ganzua (en castelán). 2019-03-12. Consultado o 2020-06-01. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Sea of Whiskey, (Dirixido por Miguel Álvarez Aguiar, 2017).
  • The River, (Dirixido por Buhardilla Lab, 2019).
  • Te Beast, (Realizado por Denis Carballás, 2022)