Saltar ao contido

Bosco Hill

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBosco Hill

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de maio de 1980 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico Editar o valor en Wikidata
Membro de


Bosco Gil de Gárate, nado en Madrid o 23 de maio de 1980, é un músico español de folk rock, máis coñecido co nome de Bosco Hill. Desenvolve a súa carreira artística como compositor e multinstrumentista na banda de cosmic folk rock galega Family Folks.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Bosco Hill iníciase na escena musical galega da man da formación de blues rock The Last But One (2009), xunto cos músicos Marcos Frost, Javier Reboreda ("Rebo") e Marcelo Gutiérrez ("Tate").

A banda The Last But One queda inactiva en 2014, momento no que Bosco Hill inicia un proxecto de directo xunto con "Rebo", que se deu a coñecer como "Hill & The Rebolution!". A finais de 2014 funda Family Folks[1] xunto con Ruben Xuarez (álter ego do músico vigués Rubén Suárez Sousa). Bosco Hill e Ruben Xuarez constitúen o núcleo compositivo de Family Folks.

Bosco Hill mantén unha colaboración co músico vigués Antonio Tato[2] e, ademais, imparte cursos de música, poesía e ideoloxía na Universidade de Vigo.[3][4][5][6]

En abril de 2020, publicou como parte dos proxectos de Family Folks unha colaboración co cantautor e bluesman británico Tim Holehouse, o tema "Good Morning Mr. Vampire" gravado en The Dub Yard por Javi Vicalo.

Discografía con Family Folks

[editar | editar a fonte]
  • All the Lost Causes[8] LP (2016), Gaztelupeko Hostak.
  • All the Lost Causes CD (2016), Gaztelupeko Hostak.
  • The Anvil Sea (CD) (2018), Gaztelupeko Hostak.
  • The Anvil Sea (2LP) (2019), Gaztelupeko Hostak.
  • Naufrage LP+CD (2022), Gaztelupeko Hostak.

Videoclips con Family Folks

[editar | editar a fonte]

Colaboración en videoclips

[editar | editar a fonte]
  • I´m a Man, tema de Antonio Tato (Dirixido por Miguel Álvarez Aguiar, 2017).
  1. "Biografía de Family Folks - La Fonoteca". lafonoteca.net (en castelán). Consultado o 2020-05-27. 
  2. "Antonio Tato & Bosco Hill, Conciertos en Vigo – Ocio en Faro de Vigo". ocio.farodevigo.es. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2019. Consultado o 2020-05-27. 
  3. "Un obradoiro afondou na ideoloxía da música no S.XX". Atlántico Diario (en castelán). 2019-11-28. Consultado o 2020-05-27. 
  4. "Actuacións en directo, exposicións teóricas e creatividade sen fin no primeiro obradoiro que afonda na ideoloxía da música no S.XX". Universidade de Vigo (en castelán). Consultado o 2020-05-27. 
  5. Atlántico (2020-11-29). "Un curso sobre poética del rock y lírica de las canciones". Atlántico (en castelán). Consultado o 2020-11-30. 
  6. "Un obradoiro práctico para descubrir a natureza poética do rock | Universidade de Vigo". www.uvigo.gal (en castelán). Consultado o 2020-11-30. 
  7. "Catálogo Servizo de Publicacións Secretaría Online Universidade de Vigo". secretaria.uvigo.gal. Consultado o 2023-05-05. 
  8. "Los mejores discos de americana nacional de 2016". MondoSonoro (en castelán). 2016-12-30. Consultado o 2020-06-01.