Sotalia fluviatilis
Sotalia fluviatilis | |||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||||||
Datos insuficientes [1] | |||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||||
Sotalia fluviatilis (Gervais & Deville, 1853) [2] | |||||||||||||||||||||||||||||
Distribución de Orcaella brevirostris
| |||||||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||||||
|
Sotalia fluviatilis é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos que vive tanto nas costas do norte e o leste de Suramérica como nos ríos da bacía do Amazonas. Aínda que comparte o seu hábitat cos chamados golfiños de auga doce non está relacionada con eles filoxeneticamente, xa que está clasificada dentro do grupo dos delfínidos ou golfiños oceánicos.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita por Gervais e Deville en 1853 como Delphinus fluviatilis'[2] e máis tarde reclasificada dentro do xénero Sotalia, creado por John Edward Gray en 1866, primeiro polo propio Gray e 1853 como Sotalia fluviatilis fluviatilis, despois por Gervais en 1855 como S. pallida e máis tarde, en 1856, por Gray como S. tucuxi. Como hoxe non están admitidas subespecies neste xénero, o nome científico válido actualmente é Sotalia fluviatilis Gervais e Deville, 1853.
Durante moitos anos considerouse s Sotalia como un xénero monotípico, até que en 2007, como resulado de análises morfométricos e de ADN mitocondrial.[3] separouse del Sotalia guianensis [3][4] como especie distinta.[5]
Por certo, o nome específico tucuxi que lle aplicou Gray en 1853 ten a mesma orixe que o do xénero Tucuxa, creado polo citado Gray en 1966 e hoxe considerado como sínónimo de Sotalia. Ambos os termos derivan do tupí tukuxí-ana, que é o nome que lle dan a este golfiño os indíxenas do Amazonas. E por iso tucuxi (con pronuncia aguda) foi adoptado pola comunidade científica internacioinal cono nome vulgar da especie.
Descrición
[editar | editar a fonte]As características principais deste golfiño son:[6]
- Corpo de pequeno tamaño, robusto, de forma que recorda, a algúns observadores, á da beluga, ou á do arroaz a outros, pero de menor tamaño, de até 2,1 de lonxutude nos espécimes exclusivamente mariños e de tan só 1,5 m nos exclusivaemte fluiviais.
- A coloración é relativamente clara, especialmente na rexión ventral. O dorso é de cor gris azulada no dorso e nos flancos, con variacións que poden ir desde unha tonalidade gris azulada algo escura até a azul clara, pasando por unha gris intermedia. A rexión ventral é moito máis clara, a miiúdo rosada no ecotipo fluvial e gris pálida no medio mariño.
- A cabeza é arredondada, roma, con melón de gran tamaño e con bico á penas marcado.
- A aleta dorsal é curta, tiangular e co ápice romo. En cambio as aletas pectorais son longas, anchas, espatuladas ou apuntadas, cos bordos anteriores moi curvos. O pedúnculo caudal é estreito, rematando nunha aleta caudal ancha, cunha profunda fendewdura media separando os dous lóbulos, que teñen os bordos posteriores lixeiramente cóncavos.
Comportamento
[editar | editar a fonte]É un nadador lento. Emerxe cun movemento de xiro suave e lanto, como un balanceo. As inmersióins duran de 30 a 60 seg, e adoitan de ir seguidos de 3 respiracións en rápida sucesión. É capoaz de permanecer mergullado até 12 min. Amosa pouco de si mesmo na superficie, pero ás veces saca a cabeza da auga para vixiar, dá golpes coa cola na auga ou salta. Para facer inmersións profundas levanta a cola da auga arqueando o pedúnculo caudal.[6]
Distribución e poboación
[editar | editar a fonte]Os espécimes mariños encóntranse cerca dos estuarios, enseadas protexidas e outras zonas de augas pouco profundas en todo o norte e o leste da costa de Suramérica, imcluíndo as do sur do mar Caribe. Tense visto tan lonxe ao norte como en Nicaragua, e polo sur até Florianópolis (Brasil). Os fluviais habitan ao longo do río Amazonas e en moitos dos seus afluentes. Encóntranse no Perú, ao sueste de Colombia e no Ecuador oriental. Varios exemplares foron vistos no río Orinoco e no lago de Maracaibo (Venezuela).[6] O status das súas poboacíóns descoñécense, e por iso a UICN cualificou a especie como "CC" (datos insuficientes).[1]
Alimentación
[editar | editar a fonte]Aliméntase, en augas abertas e nos fondos, de camaróns e outros crustáceos, peixes e cefalópodos.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Secchi, E. (2012): Sotalia fluviatilis na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. 2013.1.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Sotalia fluviatilis (Gervais and Deville, 1853) en ITIS.
- ↑ 3,0 3,1 Sotalia guianensis (Van Bénéden 1864) Arquivado 20 de maio de 2013 en Wayback Machine. en Convention on Migratory Species. 2010.
- ↑ Cunha, H. A., V. M. F. da Silva, J. Lailson-Brito Jr., M. C. O. Santos, P. A. C. Flores, A. R. Martin, A. F. Azevedo, A. B. L. Fragoso, R. C. Zanelatto e A. M. Solé-Cava (2005): "Riverine and marine ecotypes of Sotalia dolphins are different species". Marine Biology 148: 449–457. Resumo.
- ↑ Wilson & Reeder (eds.) (2005).
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Carwardine, M. (1995), pp. 222-223.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sotalia fluviatilis |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Sotalia fluviatilis |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carwardine, M. (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Guía visual de todos los cetáceos del mundo. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-1037-3.
- Perrin, William F., Bernd Würsig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. 3ª ed. ISBN 0-8018-8221-4.