Paul Gervais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Paul Gervais
Paul Gervais.jpg
Nacemento26 de setembro de 1816
 París
Falecemento10 de febreiro de 1879
 París
SoterradoCemiterio de Montparnasse
NacionalidadeFrancia
Alma máterUniversidade de París
Ocupaciónpaleontólogo, entomologista, zoólogo, catedrático de universidade, ornitólogo e ictiólogo
FillosHenri Gervais
Premiosoficial da Lexión de Honor
editar datos en Wikidata ]

François Louis Paul Gervais, nado o 26 de setembro de 1816 em París e falecido na mesma cidade o 10 de febreiro de 1879, foi un paleontólogo e entomólogo francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gervais naceu en París, cidade onde estudou e onde se doutorou en ciencias naturais e en medicina.

En 1835 empezou a súa investigación paleontolóxica como axudante no laboratorio de anatomía comparada no Museo Nacional de Historia Natural de Francia.

En 1841 obtivo a cátedra de zooloxía e anatomía comparada na Facultade de Ciencias de Montpellier, da cal foi elixido decano en 1856.

Entre en 1848 e 1852 publicou a súa importante obra Zoologie et paléontologie françaises, que suplementaban as publicacións paleontolóxicas de Georges Cuvier e Henri Marie Ducrotay de Blainville. Unha segunda edición, moi mellorada, publicouse en 1859.[1]

En 1856 aceptou a cátedra de zooloxía na Sorbona, vacante despois da morte de Louis Pierre Gratiolet. Deixou este posto en 1868 para aceptar a dirección da sección de anatomía comparada no Museo Nacional de Historia Natural de París, cuxas coleccións anatómicas foron moi enriquecidas grazas ao seu traballo.[1]

Obras[editar | editar a fonte]

Algunhas das principais obras publicadas por Gervais son:[1]

  • Histoire naturelle des insectes. 4 vols., 1836-1847 (con Charles Athanase Walckenaer)
  • Zoologie et paléontologie françaises. 1848-1852
  • Histoire naturelle des Mammifères. 1853
  • Zoologie médicale. 1859 (con Pierre-Joseph van Beneden)
  • Recherches sur l'ancienneté de l'homme et la période quaternaire. 1867
  • Zoologie et Paléontologie générales. 1867
  • Ostéographie des cétacés vivants et fossiles. 1869 (con Pierre-Joseph van Beneden)

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Gervais emprégase para indicar a Paul Gervais como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Chrisholm, Hugh, ed. (1911): "Gervais, Paul". Encyclopædia Britannica 11 (11th ed.). Cambridge University Press. p. 907.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • David M. Damkaer (2002): The copepodologist's cabinet: a biographical and bibliographical history [Premier volume. Aristotle to Alexander von Nordmann: (330 B.C. à A.D. 1832)], American Philosophical Society (Philadelphie), colección Memoirs of the American Philosophical Society held at Philadelphia for promoting useful knowledge. ISBN 0-87169-240-6.