Lago de Maracaibo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lago de Maracaibo
Lago de Maracaibo
Imaxe dende satélite da NASA en 2004.
País Venezuela
RexiónZulia e Andina
Coordenadas09°48′57″N 71°33′24″O / 9.81583, -71.55667Coordenadas: 09°48′57″N 71°33′24″O / 9.81583, -71.55667
Superficie13.820 Km2
Capacidade2800 hm³
Lonxitude159 Km
Ancho108 Km
Conca fluvialGolfo de Venezuela
Cota0 msnm
Profundidade60 m
Prof. media46 m

O Lago de Maracaibo, Lago Maracaibo, Lago de Zulia ou Lago Coquivacoa é un lago de auga salobre situado no occidente de Venezuela.

Nomes[editar | editar a fonte]

Recibe o seu nome da cidade de Maracaibo no estado de Zulia, que á súa vez recibe, posibelmente, o seu nome dun xefe indíxena[1]. Outro nome que aínda é usado, con menos frecuencia é o de lago Coquivacoa, pola rexión de Coquivacoa.

Situación[editar | editar a fonte]

O lago está situado na parte máis occidental de Venezuela, entre os estados de Zulia, Trujillo e Mérida.

Xeoloxía[editar | editar a fonte]

Polas súas características xeolóxicas é discutido se é axustado o nome de lago. Considerado como tal, ten unha superficie de entre duns a 13 800 km², é o maior de América Latina e o 19º entre os lagos máis grandes do mundo. O rexistro xeolóxico demostrou que no pasado foi un lago indiscutíbel, e como tal, o segundo máis antigo da Terra (após o lago Baikal[2]) cunha antigüidade de entre 20 e 36 millóns de anos, aínda que conecta co mar de forma similar a unha lagoa, a enorme antigüidade, a súa historia xeolóxica e a importante profundidade de Maracaibo diferénciano das verdadeiras lagoas, aquelas cunha historia xeolóxica moderna (con antigüidades duns poucos miles de anos) e unha escasa profundidade (en xeral, inferior a 5 metros) que as relaciona co lagoas.

No extremo norte conecta co Golfo de Venezuela por un estreito de 55 km. É alimentado por numerosos ríos, sendo o máis grande o río Catatumbo.

Meteoroloxía[editar | editar a fonte]

(Véxase o artigo princiapal, Relampo do Catatumbo)

Nesta zona prodúcese o denominado raio Catatumbo, fenómeno que, a través de 1.176.000 raios por cada ano, xera até preto do 10% do ozono atmosférico do planeta. Serviu historicamente como Faro de navegantes.

Historia[editar | editar a fonte]

O 24 de xullo de 1823 a frota colombiana de Simón Bolívar liderada por José Prudencio Padilla venceu ao esquadrón realista de Ángel Laborde y Navarro na Batalla do lago Maracaibo, conseguindo a independencia de Venezuela.[3]

Economía[editar | editar a fonte]

Petróleo[editar | editar a fonte]

O lago posúe unha gran riqueza petrolífera, sendo onde se extrae a maior parte da produción de cru do país latinoamericano. A conca de Maracaibo é unha das zonas con maior riqueza petrolífera do mundo, con máis de 15.000 pozos perforados desde 1914.

Pesca[editar | editar a fonte]

O lago era de importancia vital para as comunidades indíxenas e posteriormente para os colonizadores europeos. A actividade industrial afectou ás capturas, porén a actividade pesqueira continúa. Téñense feito chamados para manter a biodiversidade, minguada pola contaminación e a pesca non selectiva.[4]

Ecosistema[editar | editar a fonte]

O lago ten augas bastante osixenadas o que o fai rico en algas e en peixes. A pesar da contaminación, ten unha grande biodiversidade. Especies como garzas, caimáns, camaróns, carangrexos, iguanas, meros, pelicanos, manatíes, golfiños ou quenllas[5] teñen aquí o seu hábitat. Nas beiras do lago atópanse mangleiros e plantas de coco, entre moitas outras especies. Existen numerosas especies de peixes endémicos da conca do lago de Maracaibo, entre elas o Lamontichthys maracaibero.----

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Maracaibo". Venezuelatuya.com. 
  2. "El lago Baikal, un lugar para contemplar y estudiar". Fundación Aquae (en castelán). Consultado o 2022-04-30. 
  3. "Battle of Lake Maracaibo". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2022-04-30. 
  4. "Yurasi Briceño: “En el lago de Maracaibo estarían muriendo cerca de 150 delfines al año”". Noticias ambientales (en castelán). 2020-03-05. Consultado o 2022-04-30. 
  5. "Barba Roja pesca tiburón toro en el Lago de Maracaibo". Consultado o 2022-04-30. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]