A primeira edición da regata data de 1984, resultando vencedora a traiñeira de Pasai Donibane (Guipúscoa). As seguintes edicións serían gañadas principalmente por clubs galegos con 13 vitorias en total, seguidos dos vascos e cántabros con 4 cada un e con tan só dúas vitorias locais para Castropol en 1994 e 1999. O club que máis veces gañou esta regata foi o galego Sociedade Deportiva Samertolameu de Meira, Moaña (O Morrazo).