Chernivtsi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaChernivtsi
Чернівці (uk) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 48°17′27″N 25°56′04″L / 48.2908, 25.9344Coordenadas: 48°17′27″N 25°56′04″L / 48.2908, 25.9344
EstadoUcraína
ÓblastsÓblast de Chernivtsi
Raião da Ucrânia (pt) TraducirChernivtsi Raion (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación265.471 (2021) Editar o valor em Wikidata (1.735,1 hab./km²)
Lingua oficiallingua ucraína Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie153 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude248 m Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoRoman Klichuk (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal58000–58033 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico0372(2) Editar o valor em Wikidata
Identificador KOATUU7310100000 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Cesano Maderno (pt) Traducir
San Miguel de Tucumán
Salt Lake City, Utah (1989–)
Saskatoon (1991–)
Klagenfurt (1992–)
Konin (Grande Polônia) (pt) Traducir (1994–)
Nazaré Illit (pt) Traducir (1997–)
Suceava (pt) Traducir (2003–)
Timișoara (2010–)
Iași (2012–)
Bălţi (pt) Traducir (2013–)
Mannheim (2022–)
Düsseldorf (2022–)
Metz (2022–)
Esmirna (2023–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webcity.cv.ua Editar o valor em Wikidata
Facebook: cvcouncil Editar o valor em Wikidata

Chernivtsi (en ucraíno: Чернівці́ e en romanés: Cernăuți) é unha cidade do suroeste de Ucraína do curso superior do río Prut. Antigamente a capital da rexión histórica de Bucovina, que agora está dividida entre Romanía e Ucraína, Chernivtsi serve como centro administrativo para o raión de Chernivtsi, a hromada urbana de Chernivtsi e o propio óblast de Chernivtsi.[1] En 2022, a poboación de Chernivtsi, segundo as estimacións, era de 264 298 habitantes, e o último censo de 2001 era de 240 600.[2]

Chernivtsi está considerada como un dos principais centros culturais de Ucraína occidental. A cidade tamén é un dos sitios educativos e arquitectónicos máis importantes de Ucraína. Historicamente, Chernivtsi foi unha comunidade cosmopolita por veces alcumada a "pequena Viena"[3][4] ou o "Xerusalén sobre o Prut". A cidade é un importante centro rexional de transporte ferroviario e por estrada, que tamén acolle un aeroporto internacional.

Historia[editar | editar a fonte]

O primeiro documento que se refire a esta cidade remóntase a 1408,[5] cando Chernivtsi era unha cidade da rexión de Moldova, primeiro como unha fortificación defensiva, e logo converténdose no centro de Bucovina en 1488. En 1538, Chernivtsi estaba baixo o control do principado de Moldova baixo a soberanía do Imperio Otomán, e o control moldovo durou dous séculos ata 1774, cando Austria tomou o control de Bucovina despois da guerra Ruso-Turca (1768-74).[6] Chernivtsi (coñecido naquela época como Czernowitz) converteuse no centro do distrito Bucovina do reino de Galicia ata 1848, converténdose máis tarde no ducado de Bucovina ata 1918. Despois da primeira guerra mundial, Romanía uniuse con Bucovina en 1918, o que levou a que a cidade recuperase o seu nome romanés de Cernăuți. Isto durou ata que os soviéticos ocuparon Besarabia e Bucovina do Norte. Chernivtsi estivo baixo o control da Unión Soviética dende 1940 ata 1941, ano no que Romanía recuperou a cidade ata 1944. Trala disolución da Unión Soviética pasou a formar parte da Ucraína independente.

Demografía[editar | editar a fonte]

Gráfica de evolución demográfica de Chernivtsi entre 1775 e 2022
[2][7] Os datos de 2013 e 2022 son estimacións.

Segundo o último censo de 2001, a poboación de Chernivtsi era de aproximadamente 240 600 persoas e acollía 65 nacionalidades.[2] Delas, 189 000 (79,8%) eran ucraínos; 26 700 (11,3%) rusos; 10 500 (4,4%) romaneses; 3 800 (1,6%) moldovos; 1 400 (0,6%) polacos; 1 300 (0,6%) xudeus e 2 900 (1,2%) doutras nacionalidades.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Черновицкая громада" (en ruso). Портал об'єднаних громад України. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "About number and composition population of Chernivtsi Region by data All-Ukrainian Population Census '2001". State Statistics Committee of Ukraine. Arquivado dende o orixinal o 26 de dezembro de 2005. Consultado o 5 de decembro de 2012. 
  3. Zhytariuk, Natalia (2 de novembro de 2004). "Bukovyna Week in Austria". Den. Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2005. Consultado o 26 de setembro de 2007. 
  4. "Bukovina. The Beech Tree Land". Ukraine Cognita. 23 de febreiro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2011. Consultado o 26 de setembro de 2007. 
  5. "Chernivtsi". Encyclopædia Britannica Online. Consultado o 18 de outubro de 2022. 
  6. Zhukovskyi, Arkadii (2010). "Chernivtsi". Encyclopedia of Ukraine. Consultado o 18 de outubro de 2022. 
  7. "City of Chernivtsi, Chernivetska Oblast". Verkhovna Rada. 5 de decembro de 2001. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2011. Consultado o 5 de agosto de 2007. 
  8. "History". Chernivtsi City Official Site. Consultado o 25 de setembro de 2007. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]