Nolito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nolito
Nolito.JPG
Nolito en 2013
Información persoal
Nome completo Manuel Agudo Durán
Nacemento 15 de novembro de 1986 (32 anos)
Lugar Sanlúcar de Barrameda, España
Altura 1,68 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Sevilla
Número 8
Carreira xuvenil
1990–2000 Algaida
2000–2003 Sanluqueño
2003–2004 Valencia
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2003 Sanluqueño
2004–2006 Sanluqueño 32 (24[1])
2006–2008 Écija 71 (15)
2008–2011 Barcelona B 106 (29)
2010–2011 Barcelona 2 (0)
2011–2013 Benfica 35 (12)
2013Granada (cedido) 17 (3)
2013–2016 Celta 100 (39)
2016–2017 Manchester City 3 (2)
2017– Sevilla 33 (4)
Selección nacional
2014– España 16 (6)

* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 23 de decembro de 2018.
† Aparicións (Goles)

‡ Actualizado a 15 de novembro de 2016.

Manuel Agudo Durán, coñecido futbolisticamente como Nolito, nado en Sanlúcar de Barrameda (Cádiz) o 15 de novembro de 1986, é un futbolista español. Xoga na demarcación de dianteiro e o seu equipo actual é o Sevilla FC da Liga Santander.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol no UD Algaida de Sanlúcar na categoría de alevín. No ano 2000 ficha polo Atlético Sanluqueño CF, onde coincide con José Manuel Jurado. En 2006 ficha polo filial do Valencia CF, porén sae cedido dous anos ao Écija Balompié quedando a un paso do ascenso a Segunda División no segundo.

En xullo de 2008 é fichado polo FC Barcelona para o seu filial[2], por aquel entón en Segunda División B e co que acadaría o ascenso a Segunda no segundo ano en Barcelona. Na tempada 2010/11 debuta co primeiro equipo pero non se fai cun oco e deixa o equipo ao remate do ano e ficha polo SL Benfica[3].

No Benfica ten un gran comezo, anotando cinco goles nos primeiros cinco encontros do equipo, igualando así o récord que ostentaba o dianteiro alcumado a Panteira Nera, Eusébio. Porén foi perdendo peso no equipo e finalmente foi cedido ao Granada CF no mercado de inverno da tempada 2012/13[4]. No equipo andaluz disputou 16 encontros sendo unha peza importante para evitar o descenso de categoría.

No verán de 2013 fichou polo Celta de Vigo,[5] e tras tres temporadas no club fichou o 1 de xullo de 2016 co equipo Manchester City da Premier League nun contrato de catro anos por unha cantidade de 13,8 millóns de libras.[6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fíjate en... Nolito" [Have a look at... Nolito] (en Spanish). Geografía Fútbol. 1 November 2010. Consultado o 25 September 2015. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2009. Consultado o 07 de xullo de 2013. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2011. Consultado o 07 de xullo de 2013. 
  4. http://futbol.as.com/futbol/2013/01/29/primera/1359468926_530303.html
  5. http://www.marca.com/2013/07/02/futbol/equipos/celta/1372749375.html
  6. "Nolito signs for Manchester City" (en inglés). Manchester City F.C. 1 de xullo de 2016. Consultado o 1 de xullo de 2016. 
  7. "Nolito: Manchester City sign Spain forward on four-year deal" (en inglés). BBC Sport. 1 de xullo de 2016. Consultado o 1 de xullo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]