José Antonio Reyes
José Antonio Reyes | |||
---|---|---|---|
![]() José Antonio Reyes | |||
Información persoal | |||
Nome | José Antonio Reyes Calderón | ||
Nacemento | 1 de setembro de 1983 (39 anos) | ||
Lugar de nacemento | Utrera | ||
Falecemento | 1 de xuño de 2019 | ||
Lugar de falecemento | Alcalá de Guadaíra | ||
Altura | 1,75 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
1994–1999 | Sevilla | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1999–2001 | Sevilla B | 32 | (1) |
2000–2004 | Sevilla | 86 | (22) |
2004–2007 | Arsenal | 69 | (16) |
2006–2007 | → Real Madrid (cedido) | 30 | (6) |
2007–2011 | Atlético de Madrid | 104 | (8) |
2008–2009 | → Benfica (cedido) | 24 | (4) |
2012–2016 | Sevilla | 109 | (9) |
2016–2017 | Espanyol | 21 | (3) |
2018 | Córdoba | 17 | (1) |
2018 | Xinjiang Tianshan Leopard | 14 | (4) |
2019 | Extremadura | 9 | (0) |
Selección nacional | |||
1999–2000 | España sub-16 | 7 | (5) |
2001–2002 | España sub-19 | 7 | (3) |
2002–2003 | España sub-21 | 7 | (3) |
2003–2006 | España | 21 | (4) |
2013 | Andalucía | 1 | (0) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
José Antonio Reyes Calderón, nado en Utrera (Sevilla) o 1 de setembro de 1983 e finado en Alcalá de Guadaíra o 1 de xuño de 2019, foi un futbolista español de orixe xitana, internacional en 21 ocasións coa selección española de fútbol. Faleceu nun accidente de tráfico preto da súa localidade natal aos 35 anos de idade.
Foi o xogador máis novo en debutar en Primeira División co Sevilla FC cando tiña dezaseis anos. No mercado de inverno da tempada 2003-04 foi traspasado ao Arsenal FC por aproximadamente trinta millóns. Alí conseguiu unha Premier League (sendo o primeiro español en conseguila), unha Community Shield en 2004 e unha FA Cup en 2005.
A partir de entón, os seus problemas de adaptación fixeron que o seu rendemento futbolístico baixase e estivo cedido unha tempada no Real Madrid, conseguindo a liga en 2007, e ese mesmo ano foi traspasado ao Atlético de Madrid. Alí foi cedido de novo ao Benfica portugués. Despois volveu ao Atlético e xogou tamén no Sevilla (2012-2016), o Espanyol (2016-2017), o Córdoba (2018), o Xinjiang Tianshan Leopard Football Club chinés (2018-2019) e, finalmente, en xaneiro de 2019 incorporouse ao Extremadura UD. Foi o xogador que máis campionatos de UEFA Europa League gañou, un total de cinco, dous co Atlético de Madrid e tres co Sevilla.
Falecemento[editar | editar a fonte]
José Antonio Reyes faleceu o 1 de xuño de 2019 aos 35 anos de idade, nun accidente de tráfico na estrada que une Sevilla con Utrera, á altura do quilómetro 18, no termo municipal de Alcalá de Guadaíra. Preto das 11:30 da mañá na autovía A-376, o seu vehículo, no que viaxaban tres persoas, saíuse da calzada circulando a 237 km/h segundo o atestado da Garda Civil.[1][2][3] Isto provocou a morte no acto do futbolista así como do seu curmán acompañante, e o incendio posterior do vehículo no que viaxaban. Un terceiro ocupante terminou gravemente ferido.[4]
Palmarés[editar | editar a fonte]
Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]
Campionatos internacionais[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "El coche de Reyes iba a 237 kms/hora". Mundo Deportivo. 2 de xuño de 2019. Consultado o 3 de xuño de 2019.
- ↑ "El coche de Reyes sufrió un reventón cuando circulaba a 237 kms/hora". 20 minutos. 3 de xuño de 2019.
- ↑ "Cañizares: “Reyes no merece un homenaje como si fuera un héroe”". La Vanguardia. 2 de xuño de 2019. Consultado o 3 de xuño de 2019.
- ↑ "Muere el futbolista José Antonio Reyes a los 35 años en un accidente de tráfico". El Mundo. 2 de xuño de 2019. Consultado o 1 de xuño de 2019.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Antonio Reyes |
- Nados en 1983
- Nados en Utrera
- Finados en 2019
- Futbolistas de Andalucía
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Sevilla FC
- Xogadores do Arsenal FC
- Xogadores do Real Madrid CF
- Xogadores do Atlético de Madrid
- Xogadores do SL Benfica
- Xogadores do RCD Espanyol
- Xogadores do Córdoba CF
- Xogadores do Extremadura UD
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Españois de ascendencia xitana