Goberno de José de Posada Herrera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José de Posada Herrera

O goberno de José de Posada Herrera, foi un goberno de curta duración pois comezou o 10 de outubro de 1883 e rematou o 18 de xaneiro de 1884.

Á crise no gabinete de Sagasta aberta coa dimisión de Martínez Campos como ministro de Guerra, uniuse a mala xestión do incidente de París durante a viaxe do rei Afonso XII, o que trouxo como consecuencia a caída do goberno.

O rei encargou entón, sen conceder a disolución das Cortes, a tarefa de formar goberno a Posada Herrera da Izquierda Dinástica. Posada conformou un gabinete, con elementos das distintas ramas da ideoloxía liberal: Segismundo Moret e Ángel Carvajal proviñan da vertente "democrática-monárquica"[1], López Domínguez de Izquierda Dinástica, Aureliano Linares Rivas, ministro de Gracia y Justicia, dos constitucionalistas; Servando Ruíz Gómez, Ministro de Estado, proviña do Partido Radical e, finalmente, os ministros de Ultramar e Facenda eran amigos do presidente desde os seus tempos na Unión Liberal.

Desde o principio o goberno emprendeu o camiño das reformas que en moitos casos, dada a falta de apoios e medios do goberno, quedaron en meros proxectos inacabados tales como:

  • a reforma administrativa de Moret cuxo obxectivo era, respectando as provincias de 1833, crear quince entes administrativos superiores que englobasen as provincias; a creación da Comisión de Reformas Sociais ou a reforma da policía, dos penais e da beneficencia.
  • Pola súa banda, o Ministerio de Fomento concretou unha futura reforma da Lei de Instrución Pública mediante dous decretos sobre a validez dos estudos realizados con carácter privado e outro sobre a implantación de exercicios prácticos en bacharelato.
  • O Ministro López Domínguez anunciou a reforma do exército
  • O Ministerio de Ultramar aboliu o uso de cepo e grilletes en Cuba, expuxo a creación de rexistros civís en Cuba e Porto Rico e a revisión dos dereitos de importación de mercadorías estadounidenses.

Con todo a oposición ao goberno de Posada Herrera limitou o efecto das reformas, a impresión de incerteza derivou nunha cuantiosa baixa nas cotizacións da Bolsa que xerou desconcerto entre os investidores e homes de negocios.[2] Así mesmo a axitación republicana, que tanto afectara ao goberno de Sagasta, expresouse nas rúas de Madrid con motivo do aniversario da morte de Figueras.

En política exterior o goberno mantivo a liña de achegamento ás potencias da Tripla Alianza iniciada por Cánovas del Castillo e mantida con Sagasta, destacando a viaxe realizada por rei Afonso XII a Berlín e Viena en agosto de 1883. A visita realizada polo monarca español foi correspondida polo príncipe imperial de Alemaña, Frederico, entre novembro e decembro de 1883.

A situación do goberno a finais de ano era delicada e a iso contribuíu a mensaxe da Coroa con respecto á implantación do sufraxio universal e o debate que xerou posteriormente no Congreso:[3]

Desde el momento en el cual vuestra sabiduría y vuestros votos decidieron las corporaciones populares tuviesen por origen extenso y lato sufragio que determinó la ley de 29 de agosto de 1882, se ha hecho indeclinable el cumplimiento de la promesa en ella contenida, porque una vez reconocida la justicia de hacer desaparecer el censo como base del derecho de elegir corporaciones provinciales, fuera imposible mantenerlo para el mandato de los legisladores.
El rey Alfonso XIII
Desde o momento no que a vosa sabedoría e os vosos votos decidiron as coren el cual vuestra sabiduría y vuestros votos decidieron que as corporacións populares tivesen por orixe extenso e amplo sufraxio que determinou a lei de 29 de agosto de 1882, fíxose indeclinable o cumprimento da promesa contida nela, porque unha vez recoñecida a xustiza de facer desaparece-lo censo como base do dereito de elixir corporacións provinciais, fose imposible mantelo para o mandato dos lexisladores. El-Rei Afonso XII

A pesar de que Posada Herrera non fora partidario nunca do sufraxio universal, tal e como afirmaba anos atrás «que dereitos dades aos pobres cun artigo constitucional?»,[4] viuse arrastrado a defender esta posición xunto coa máis progresista do seu goberno encabezada por Moret. A oposición ao devandito proxecto proviña, non só dos conservadores, senón tamén dos fusionistas de Sagasta, que defendera a súa implantación en 1869.

O goberno tivo que ver como eran derrotados os candidatos ministeriais á comisión que debía responder a mensaxe da Coroa. No debate parlamentario do 3 de xaneiro de 1884, os posicionamentos entre Posada e Sagasta endurecéronse con violentos reproches. Carlos Navarro Rodrigo (fusionista) lembraba ao Presidente as súas contradicións persoais respecto ao sufraxio, e pola súa banda Segismundo Moret, acusou a Sagasta de coñecer e aprobar con anterioridade a mensaxe de Afonso XII.

Os votos particulares dos fusionistas Trinitario Capdepón e Francisco Cañamaque alargaron a discusión parlamentaria sendo concluída, ao día seguinte, coa intervención de Cánovas que declarou que o sufraxio universal era contrario á soberanía nacional. Na votación final, o goberno a pesar de contar co apoio da esquerda dinástica, a minoría liberal-conservadora e os republicanos (126 votos) foi derrotado fronte aos 221 dos fusionistas e conservadores.

Perdida a votación, Posada Herrera presentou a cuestión de confianza ao rei quen negándose a disolver as Cortes, como era desexo de Posada, chamou a Cánovas para formar goberno.

Composición do Goberno
Cargo Titular Inicio Fin
Presidente do Consello de Ministros José de Posada Herrera 10 de outubro de 1883 18 de xaneiro de 1884
Ministro de Estado Servando Ruiz Gómez 10 de outubro de 1883 18 de xaneiro de 1884
Ministro de Graza e Xustiza Aureliano Linares Rivas 10 de outubro de 1883 18 de xaneiro de 1884
Ministro da Guerra José López Domínguez 10 de outubro de 1883 18 de xaneiro de 1884
Ministro de Facenda José Gallostra e Frau 10 de outubro de 1883 18 de xaneiro de 1884
Ministro da Gobernación da Península Segismundo Moret 10 de outubro de 1883 18 de xaneiro de 1884
Ministro de Mariña, Comercio e Gobernación de Ultramar Carlos Valcárcel Usell de Gimbarda 10 de outubro de 1883 18 de xaneiro de 1884
Ministro de Ultramar Estanislao Suárez Inclán 10 de outubro de 1883 18 de xaneiro de 1884
Ministro de Fomento Ángel Carvajal e Fernández de Córdoba 10 de outubro de 1883 18 de xaneiro de 1884

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Partido creado por Moret el 10 de noviembre de 1881
  2. Fernández Almagro, Melchor (1972). Historia política de la España contemporánea (3ª ed.). Madrid: Alianza Editorial. p. 404. ISBN 9788420611075. 
  3. Fernández Almagro, Melchor (1972). Historia política de la España contemporánea. Madrid: Alianza Editorial. p. 405. ISBN 9788420611075. 
  4. VV.AA. (2004). Reformistas y reformas en la Administración Española. III Seminario de Historia de la Administración. Madrid: Ministerio de Administraciones Públicas. ISBN 9788473512381.