Miguel Villanueva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Miguel Villanueva
Miguel Villanueva y Gómez in 1915.jpg
Datos persoais
Nacemento31 de outubro de 1852
 Madrid
Falecemento19 de setembro de 1931
 MAdrid
OrganizaciónPartido Liberal Fusionista
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
ProfesiónAvogado e político
RelixiónCatólica
Firma de Miguel Villanueva.svg

Miguel Villanueva y Gómez, nado en Madrid o 31 de outubro de 1852 e finado na mesma cidade o 19 de setembro de 1931, foi un avogado e político español. Durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena foi ministro de Agricultura, Industria, Comercio e Obras Públicas, e durante o reinado de Alfonso XIII, foi ministro de Fomento, ministro de Mariña, ministro de Estado e ministro de Facenda. Así mesmo desempeñou o cargo de presidente do Congreso en varias lexislaturas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras conseguir o doutoramento en Dereito na Universidade Central de Madrid trasládase a Cuba onde conseguirá a cátedra de Dereito Civil pola Universidade da Habana e iniciará a súa carreira política como concelleiro da Habana sendo elixido, en 1881, deputado por Cuba en representación do Partido Liberal; escano que volvería obter nas sucesivas eleccións até a de 1898. A perda das colonias españolas fai que a partir de entón se presentase nos seguintes procesos electorais pola circunscrición de Logroño, na que conseguíu o escano entre 1901 e 1931.

Cargos no goberno[editar | editar a fonte]

Foi ministro de Agricultura, Industria, Comercio e Obras Públicas entre o 6 de marzo de 1901 e o 19 de marzo de 1902. Durante dous breves períodos (15 a 23 de xullo de 1901 e 9 a 17 de xaneiro de 1902) fíxose coa carteira de Gobernación de forma interina.[1] Pasou a ocupar a carteira de ministro de Mariña entre o 23 de xuño e o 31 de outubro de 1905[2] e, posteriormente foi nomeado ministro de Fomento, carteira que ocupou entre o 12 de marzo de 1912 e o 24 de maio de 1913.[3] Así mesmo foi ministro de Estado entre o 9 de decembro de 1915 e o 25 de febreiro de 1916. Finalmente, ostentou a carteira de Facenda en dúas ocasións: entre o 25 de febreiro e o 30 de abril de 1916 e entre o 4 de abril e o 3 de setembro de 1923.[4]

Outros cargos[editar | editar a fonte]

Foi presidente do Congreso dos Deputados en varias lexislaturas: na de 1911-1913, na de 1916-1917, na de 1917 e na de 1918-1919.[5] O 2 de xaneiro de 1923, foi nomeado alto comisario de España en Marrocos mais non chegou a tomar posesión do cargo por motivos de saúde.[6]

Ingresou como membro de número da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas o 15 de decembro de 1929, cun discurso que versou sobre «réxime representativo e parlamentario», que foi contestado por Niceto Alcalá-Zamora.[7]

Faleceu na súa casa no número 9 da madrileña rúa de Felipe IV ás once da noite do 19 de setembro de 1931,[8] e foi soterrado no cemiterio sevillano de San Fernando, no panteón familiar.[9]

Predecesor:
Joaquín Sánchez de Toca
Ministro de Agricultura, Industria, Comercio e Obras Públicas
6 de marzo de 1901 - 19 de marzo de 1902
Sucesor:
José Canalejas Méndez
Predecesor:
Eduardo Cobián y Roffignac
Ministro de Mariña
23 de xuño de 1905 - 31 de outubro de 1905
Sucesor:
Valeriano Weyler y Nicolau
Predecesor:
Rafael Gasset Chinchilla
Ministro de Fomento
12 de marzo de 1912 - 24 de maio de 1913
Sucesor:
Rafael Gasset Chinchilla
Predecesor:
Salvador Bermúdez de Castro y O'Lawlor
Ministro de Estado
9 de decembro de 1915 - 25 de febreiro de 1916
Sucesor:
Amalio Gimeno y Cabañas
Predecesor:
Ángel Urzáiz y Cuesta

José Manuel Pedregal y Sánchez Calvo

Ministro de Hacienda
25 de febreiro de 1916 - 30 de abril de 1916

4 de abril de 1923 - 3 de setembro de 1923.

Sucesor:
Santiago Alba Bonifaz

Félix Suárez Inclán

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Urquijo (2008), p. 87
  2. Urquijo (2008), p. 91
  3. Urquijo (2008), p. 98
  4. Urquijo (2008), p. 106
  5. Jerónimo Sánchez-Beato, Estefanía; Morales Payán, Miguel Ángel (2004). La presidencia de las Cortes en el constitucionalismo histórico español. Almería: Universidade de Almería. p. 181. ISBN 84-8240-743-0. 
  6. Vilanova (2005), p. 695
  7. "«Recepción de don Miguel Villanueva». La Época (Madrid) 81 (28.069). . ISSN 2254-559X" (81). Madrid. 16 de dicembro de 1929. p. 3. ISSN 2254-559X. Consultado o 13-06-2018. 
  8. "Anoche falleció en Madrid el expresidente del Congreso D. Miguel Villanueva". El Sol (4.401) (Madrid, publicado o 20 de setembro de 1931). XV. p. 1. ISSN 2171-262X. Consultado o 13-06-2018. 
  9. "Entierro de don Miguel Villanueva". La libertad (3591) (Madrid, publicado o 23 de setembro de 1931). XIII. p. 4. ISSN 9968-4942. Consultado o 13-06-2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]