Segismundo Casado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Segismundo Casado
Los líderes del Consejo Nacional de Defensa a su llegada al Reino Unido (Segismundo Casado).jpg
Nacemento 10 de outubro de 1893
Lugar Provincia de Segovia
Falecemento 18 de decembro de 1968
Lugar Madrid
Nacionalidade España
Ocupación militar
editar datos en Wikidata ]

Segismundo Casado López, nado en Nava de la Asunción (Segovia) o 6 de outubro de 1893 e finado en Madrid o 18 de decembro de 1968, foi un militar español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de militar, ingresou con quince anos na Academia de Cabalaría de Valladolid. Ao estalar a guerra civil era membro da masonería, diplomado de Estado Maior e comandante da escolta do presidente da República.

Loitou no bando republicano. En 1936 é ascendido a tenente coronel. Entre outubro e novembro de 1936 encargouse de treinar e organizar as Brigadas Mixtas do Exército Popular español. Participou na defensa de Madrid e na batalla do Jarama. Logo tomaría parte na batalla de Brunete. Posteriormente foi xefe do XVIII e do XXI Corpos do exército e, posteriormente, do Exército de Andalucía. O 17 de maio de 1938, na fronte de Aragón, foi ascendido a coronel, substituíndo o xeneral José Miaja, foille encomendada a Xefatura do Exército do Centro.

Rotundamente contrario aos comunistas -cría que a guerra continuaba en beneficio da Unión Soviética- e convencido da inutilidade de proseguir a loita ata o final, rebélase contra o goberno de Juan Negrín. Na noite do 5 ao 6 de marzo de 1939 crea en Madrid o Consello Nacional de Defensa que, mercé o apoio da 14ª División mandada polo líder anarquista Cipriano Mera, achegada desde Guadalaxara, e logo de seis días de loita, derrota as tropas fieies ao goberno na capital. Os combates remataron o 12 de marzo.

O triunfo, saudado desde o xornal El Socialista como unha vitoria que impedía que a España republicana se convertese nunha colonia soviética, permitiu ao Consello Nacional de Defensa -liderado por Julián Besteiro- negociar con Franco, coa pretensión de obter unha paz negociada. Porén, non se obtivo resultado ningún, xa que o goberno de Burgos só aceptaba unha rendición incondicional. Ante a inminente entrada das tropas de Franco en Madrid, Segismundo Casado partíu cara a Valencia, e desde aí exiliouse en Marsella, (Francia). Posteriormente, estivo exiliado en Gran Bretaña, Venezuela e Colombia.

Regresou a España en 1961, sendo xulgado e posteriormente absolto por un consello de guerra. Intentaría, en van, que se lle recoñecese o seu grao militar e que se lle permitise o reingreso no exército.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Organización del Ejército francés (1931);
  • The Last Days of Madrid (Londres, 1939);
  • Así cayó Madrid (1968; memorias).