Sarvepalli Radhakrishnan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sarvepalli Radhakrishnan
Radhakrishnan.jpg
Nacemento5 de setembro de 1888 e 1888
Lugar de nacementoThiruttani
Falecemento17 de abril de 1975 e 1975
Lugar de falecementoChennai
NacionalidadeRaj Británico, India e Domínio da Índia
RelixiónHinduísmo
Alma máterUniversidade de Madras, Universidade de Calcuta, Madras Christian College, Universidade de Delhi e Voorhees College
Ocupaciónpolítico, diplomático, filósofo, tradutor, historiador e profesor universitario
CónxuxeSivakamu
FillosSarvepalli Gopal
PremiosOrde do Mérito das Ciencias e as Artes, Ordem de Mérito, Prêmio Templeton, Bharat Ratna, Prêmio da Paz do Comércio Livreiro Alemão, Placa Goethe da Cidade de Frankfurt am Main, Membro da Academia Britânica, Honorary doctor of the University of Zagreb, honorary doctor of the University of Calcutta, Grand Cross with Collar of the Order of the White Rose of Finland, Knight Bachelor e Pour le Mérite
Na rede
IMDB: nm5102784 Find a Grave: 215473582 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Sarvepalli Radhakrishnan, nado en Thiruttani o 5 de setembro de 1888 e finado en Madras o 17 de abril de 1975, foi un filósofo e político[1] indio, o primeiro vicepresidente da India (1952-1962) e o seu segundo presidente (1962-1967). Está considerado unha das máximas autoridades indias do século XX en relixión comparada e filosofía[2].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Sarvepalli naceu no seo dunha familia brahmana telegúa nunha aldea preto de Thiruttani no distrito de Chittoor da presidencia de Madrás, preto do actual límite dos estados de Andhra Pradesh e Tamil Nadu. Pasou os seus primeiros anos e estudou en Thiruttani e Tirupatim, o ensino secundario realizouno en Walajapet.[3]

Educación[editar | editar a fonte]

Sarvepalli Radhakrishnan co presidente dos Estados Unidos John F. Kennedy no Despacho Oval (1963)

Radhakrishnan recibiu bolsas de estudo ao longo da súa vida académica, estudou no Voorhees College en Vellore e logo no Madras Christian College con 17 anos, graduándose en 1906 en filosofía.[4] A súa tese foi "The Ethics of the Vedanta and its Metaphysical Presuppositions"[5], e constituía unha réplica á acusación do sistema vedanta carecer de espazo para a ética[6] .

Actividade académica[editar | editar a fonte]

hand made portrait of Mr. President.
Debuxo de Radhakrishnan realizado por Bujjai asinado polo propio Radhakrishnan en lingua telugu como "Radhakrishnayya".

En abril de 1909 entrou no departamento de filosofía do Madras Presidency College, e dende 1918 foi profesor de filosofía da Universidade de Mysore, dando clases no Maharaja's College [7]. Nesa época seus artigos comezan a aparecer en reputados xornais internacionais como  The Quest, Journal of Philosophy ou o International Journal of Ethics. Completou o seu primeiro libro, The Philosophy of Rabindranath Tagore, no que avogaba que a filosofía de Tagore era a verdadeira manifestación do espírito indio. O seu segundo libro, The Reign de Religion in Contemporary Philosophy publicouse en 1920.

Dende 1921 foi profesor de filosofía ocupando a cátedra rei Xurxo V de ciencias mentais e morais da Universidade de Calcuta, á que representou no Congreso das Universidades do Imperio Británico en xuño de 1926 e no Congreso Internacional de Filosofía na Universidade Harvard en setembro de 1926. Outro evento  académico importante deste período foi a invitación para realizar a conferencia da Hibbert Lecture de 1929, sobre os ideais de vida, que deu no Harris Manchester College, en Oxford e que posteriormente publicou en forma de libro como An Idealist View of Live.

En 1929 asumiu o cargo que deixara vacante J. Estlin Carpenter no Harris Manchester College, logrando así a  oportunidade de ensinar relixión comparada ao alumnado da Universidade de Oxford. Polos seus servizos na educación Xurxo V outorgoulle o título de cabaleiro en xuño de 1931. En abril de 1932 o gobernador xeral da India, o conde de Willingdon investiuno formalmente. Así e todo deixou de usar o título de sir despois de obter India a independencia,[8] preferindo o título académico de 'doutor'.

Foi vicechanceler da Universidade Andhra entre 1931 e 1936. En 1936 foi profesor de relixións orientais e ética na Universidade de Oxford. Ese mesmo ano, e de novo, en 1937, foi candidato ao premio Nobel de Literatura. Foi vicechanceler da universidade Banaras Hindú de 1939 ata 1948.[9]

Actividade política[editar | editar a fonte]

O presidente dos Estados Unidos John F. Kennedy e o presidente da India, Sarvepalli Radhakrishnan (esquerda), na Casa Branca tras unha reunión. 4 de xuño de 1963

Radhakrishnan comezou a súa carreira política xa na madurez da súa vida, despois do éxito da súa carreira académica [10]. En 1931 formou parte do Comité de Cooperación Intelectual da Liga das Nacións[11]. Cando a India se converteu en independente, en 1947, Radhakrishnan represententou ao seu país na UNESCO (1946-52) e máis tarde foi embaixador da India na Unión Soviética (1949-1952). Tamén foi membro da Asemblea Constituínte da India. Foi o primeiro vicepresidente da India, en 1952, e o segundo presidente da India (1962-1967).

Radhakrishnan non tivo unha militancia destacada no Partido do Congreso, nin foi activo na loita contra o poder británico, mais era un símbolo da cultura hinduísta, e a defensa do hinduísmo contra a "crítica desinformada occidental"[11].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lawhead, William F. (2009), The philosophical Journey. An Interactive Approach. Fifth Edition (PDF), McGraw-Hill, p. 382
  2. Sheldon Pollock (2011), Crisis in the Classics, Social Research Vol. 78 : No.1 : Spring 2011
  3. Sarvepalli Gopal: Radhakrishnan; a Biography (1989) p. 11
  4. Sarvepalli Gopal: Radhakrishnan; a Biography (1989) p.15
  5. Sarvepalli Gopal: Radhakrishnan; a Biography (1989) p.17
  6. Murty, K. Satchidananda; Vohra, Ashok (1990), Radhakrishnan: His Life and Ideas, SUNY Press, p. 112
  7. Kotta Satchidananda Murty; Ashok Vohra (1990). "3. Professor at Mysore". Radhakrishnan: His Life and Ideas. SUNY Press. pp. 17–26. ISBN 978-1-4384-1401-0. 
  8. Banerji, Anjan Kumar (1991). Sarvepalli Radhakrishnan, a centenary tribute. Varanasi, India: Banaras Hindu University. p. 9. OCLC 28967355. .
  9. Murty & Vohra 1990, p. 90.
  10. Brown, Donald Mackenzie (1970), The Nationalist Movement: Indian Political Thought from Ranade to Bhave, University of California Press. p. 152
  11. 11,0 11,1 Brown 1970, p. 153.