Universidade de Calcuta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Universidade de Calcuta
কলিকাতা বিশ্ববিদ্যালয়
University of Calcutta 7383.JPG
Datos xerais
FundaciónMediados do século XIX
Datos actuais
Alumnos22.520
Datos de contacto
Twitter: uniOFcalcutta Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Universidade de Calcuta (en bengalí কলিকাতা বিশ্ববিদ্যালয় , en inglés: 'University of Calcutta') é unha universidade pública situada na cidade de Bengala Occidental, capital do estado de Calcuta, India. É recoñecida na India como unha "Universidade de Cinco Estrelas" e un "Centro Potencial de Excelencia" polos organismos federais responsables da calidade da educación superior no país. [1] [2]

Historia[editar | editar a fonte]

O doutor Fredrick John, secretario de Educación do Goberno británico na India, presentou por primeira vez en Londres unha proposta para o establecemento dunha universidade en Calcuta, segundo o modelo da Universidade de Londres. En 1854, o Tribunal de Directores da Compañía das Indias Orientais enviou un informe, coñecido como Wood's Despatch, ao gobernador xeral da India para establecer universidades en Calcuta, Madrás e Bombai.[3][4]A Universidade de Calcuta foi oficialemente fundada o 24 de xaneiro de 1857.

Alumnado[editar | editar a fonte]

En 2015, contaba con 22.520 estudantes, entre eles 1.121 no máster e 1.631 no doutoramento[5]; contando alumnos online e noutras modalidades a cifra é máis do doble.[6]

Alumnos destacados[editar | editar a fonte]

Hai varios gañadores do Premio Nobel asociados á universidade de Calcuta: Ronald Ross, Rabindranath Tagore, Chandrasekhara Venkata Raman, Amartya Sen e Abhijit Banerjee.[7]

Tamén estudaron na universidade os escritores Nirad C. Chaudhuri e Bankim Chandra Chattopadhyay, o director de cine Satyajit Ray, o músico Bankim Chandra Chattopadhyay, compositor do himno nacional da India, o empresario Lakshmi Mittal, o físico teórico Satyendra Nath Bose, a química Asima Chatterjee, o filósofo Mircea Eliade, a filósofa Gayatri Chakravorty Spivak, os relixiosos Swami Vivekananda e Paramahansa Yogananda (introdutor do ioga en Occidente), varios gobernadores de Bihar e Odisha, o primeiro presidente da India, Rajendra Prasad (1950–1962), varios primeiros ministros de Bangladesh e presidentes como o fundador Sheikh Mujibur Rahman, e varios primeiros ministros de Paquistán e do Nepal.[8][9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 18 de maio de 2012, Tithi Sarkar; 24 de maio, Actualizado. "Calcutta University features at 3rd spot on India Today Universities Rankings 2012". India Today (en inglés). Consultado o 2022-07-22. 
  2. "Calcutta/ story". www.telegraphindia.com. 
  3. "Universidade de Calcuta - Banglapedia". en.banglapedia.org. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2020. 
  4. "Fundación". Universidade de Calcuta. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2020. Consultado o 29 de xuño de 2020. 
  5. "State University List". www.ugc.ac.in. 
  6. "information (WM)" (PDF). www.caluniv.ac.in ; arquivado en web.archive.org. Archived from the original on 11 de setembro de 2008. Consultado o 2022-07-22. 
  7. "Nobel Laureates". University of Calcutta. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2020. Consultado o 2020-11-11. 
  8. "Distinguished Alumni". University of Calcutta. Arquivado dende o orixinal o 1 de novembro de 2020. Consultado o 30 de xuño de 2020. 
  9. "Bengali couples earned world fame in the field of Science". Anandabazar Patrika. 17 de novembro 2020. p. 03. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro 2020. Consultado o 17 de novembro 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.